Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
A Federación rexeita vincular o futuro do centro de Ferrol só a programas militares e pide dotar de recursos o estaleiro de Fene
31/07/2015
A Federación de Industria da CIG na comarca de Ferrol amosa a súa preocupación pola constatación de que o futuro que tanto a SEPI como a propia dirección de Navantia  teñen decidido para o estaleiro de Fene está moi afastado da construción naval civil. Unha conclusión que tiran da análise da escasa información facilitada pola empresa, aos medios de comunicación e á representación do persoal, a respecto do contrato da empresa pública con Ondimar para a construción de 4 petroleiros.
Considera un anuncio electoralista o incremento salarial do 1% para o persoal das administracións e reclama aumentar o emprego público estábel para garantir uns servizos calidade
30/07/2015
Como era de agardar, a reunión da Mesa Xeral de Negociacións das Administracións Públicas celebrada esta tarde co Ministro Montoro para tratar o Proxecto de Lei de Orzamentos 2016, resultou un simple formalismo que o Goberno do PP aproveita para anunciar medidas con fins electoralistas e de cara a manipular a opinión pública, pero que no fondo supoñen "atrasar a  recuperación dos dereitos salariais e laborais usurpados ás traballadoras e traballadores das administracións e afondar na destrución do emprego e os servizos públicos".
O colectivo realizou unha concentración este venres diante da Delegación do Goberno
31/07/2015
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo (da que a CIG forma parte) desenvolveu unha concentración este venres en demanda da dotación de partidas económicas precisas -e a fixación de prazos- para o inicio do Plano de Rexeneración da Ría e a Recuperación dos bancos marisqueiros, así como o dragado e o saneamento integral deste espazo.
A central consegue catro dos cinco delegados de persoal
30/07/2015
Nas eleccións sindicais de Top Wash (empresa de tinturería industrial sita no Polígono de Sabón que traballa principalmente para Inditex) a CIG converteuse no sindicato maioritario ao lograr case o 80% dos votos e catro dos cinco representantes do persoal.
O colectivo, do que forma parte a CIG, nace co obxectivo de mobilizar a poboación e sensibilizala dos graves problemas que atravesa o sector leiteiro
30/07/2015
A Plataforma pola defensa do sector lácteo galego iniciará este sábado, 1 de agosto, en Santa Comba, un intenso calendario de mobilizacións a desenvolver nas principais comarcas produtoras do país, que culminarán no mes de setembro cunha gran marcha en Compostela. O colectivo, constituído recentemente e do que forma parte a CIG, nace co obxectivo de mobilizar a poboación e demandar solucións urxentes aos graves problemas que atravesa o noso sector leiteiro.
A representación do persoal do SPDCIF lembra que só dende o 16 de xullo arderon máis de 2.000 Ha en Galiza
31/07/2015
As organizacións sindicais con presenza no Servizo Público de Extinción de Incendios  Forestais da Xunta veñen de reclamar a dimisión da conselleira do Medio Rural, así como do Secretario Xeral de Montes, ao considerar que a vaga de lumes que sofre Galiza nas últimas datas evidencia ás claras “a súa inaptitude para xestionar a situación de emerxencia que estamos vivindo este verán”.
A central pasou de conseguir só unha representante hai oito anos a obter neste proceso sete das nove delegadas do Comité
30/07/2015
A CIG vén de conseguir a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas no Grupo Cortefiel (Cortefiel, Springfield, woman’secret, Fifty Factory) na provincia da Coruña, ao conseguir 7 delegadas das nove que compoñen o comité de empresa. A CIG-Servizos destaca o resultado deste proceso, xa que é froito “dun  traballo incansábel ao servizo das traballadoras e traballadores do comercio”.
Este xoves está convocada a Mesa Xeral de Negociacións das Administracións Públicas para tratar os Orzamentos Xerais do Estado para 2016
29/07/2015
Ante a convocatoria da Mesa Xeral de Negociacións das Administracións Públicas para este xoves, en Madrid, a CIG-Área Pública (Ensino, Saúde e Administración Pública) critica a falta de propostas concretas por parte do Goberno español, mentres abundan os anuncios propagandísticos “de cara a manipular a opinión pública a respecto da falsa recuperación de dereitos e condicións laborais e salariais das traballadoras e traballadores ao servizo das distintas administracións”.
Este martes ás 20:10 horas, antes do inicio do pleno municipal no que se debaterá unha moción sobre a situación do servizo
28/07/2015
O Comité de Empresa do Concello de Betanzos ten convocada para esta tarde ás 20:10 horas, unha concentración diante da Casa Consistorial en protesta polo desmantelamento do servizo de limpeza municipal e en apoio ás compañeiras deste servizo despedidas hai pouco. A mobilización convócase previamente ao inicio da sesión plenaria na que se debaterá unha moción en demanda do mantemento do servizo de xestión directa e a cobertura das ausencias.
A Federación de Servizos denuncia que a pesar dos beneficios empresariais, as/os traballadoras/es de Vegalsa levan catro anos co salario conxelado
27/07/2015
Traballadoras e traballadores de Eroski-Vegalsa volveron concentrarse o pasado venres diante dun supermercado Familia en contra dos despedimentos e na demanda dunhas condicións de traballo dignas. Dende a CIG-Servizos da Coruña lémbrase que este persoal é o peor pagado do sector e padece as condicións laborais “máis deterioradas do comercio de alimentación”. 
O servizo de Cita Previa continúa a estar desbordado pola decisión da Xerencia de pechar preto do 70% dos postos destinados a esta tarefa
29/07/2015
A CIG-Saúde de Lugo alerta novamente do colapso que se está a vivir no HULA –e que se vén repetindo nos últimos veráns-,  deixando un “panorama caótico” nas Urxencias “con doentes amoreados polos corredores” ao non existir camas libres para a hospitalización dos mesmos. Ademais, o servizo de Cita Previa continúa desbordado
Case un ano despois do TSXG emitir a resolución, a situación das persoas damnificadas segue a ser a mesma
29/07/2015
Case un ano despois de que O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condenara á Deputación de Lugo por variar as bases do concurso de selección do Plan Lugo Emprega do ano 2011, obrigando a revisar as mesmas e a indemnizar a catro aspirantes que non foron seleccionados e que deberan de ser seleccionados conforme a ditas bases, a situación dos damnificados continua a ser a mesma.
CIG-Servizos denuncia que o persoal da rede comercial ten os peores salarios do grupo
27/07/2015
As traballadoras e traballadores das tendas de todas as cadeas do Grupo Inditex (Zara, Stradivarius, Massimo Dutti, Pull and Bear, Oysho, Bershka, Zara Home e Uterqüe) concentráronse o pasado venres diante da sede central da empresa en Arteixo para demandar que se atendan as melloras laborais e salariais que levan tempo reclamando.
84º aniversario da República Galega
 
Artigos de opinión
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
A UE conduz uma guerra. Descrever essa guerra como uma guerra que opõe países ricos e países pobres não ajuda a entender a sua natureza. É uma ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
cig.prensa@galizacig.com