Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Dez claves sobre os tratados de libre comercio e investimentos
10/10/2014Sol Sánchez
No caso concreto do TTIP, o proxecto apunta a tres obxectivos principais: eliminar os últimos dereitos de alfándega, reducir as barreiras non ara...
México: Ayotzinapa, crime de Estado
10/10/2014Felipe Cuevas
Os gobernantes xogan á confusión, fanse os desentendidos, demoran as investigacións, están coludidos por diversos intereses; o pobo debe mobili...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
O Estado español e as desigualdades
08/10/2014Albert Recio Andreu
A Coruña A Coruña
17/10/2014 A alarma ante un posíbel desmantelamento da factoría de Sada saltou tras o traslado dunha liña de produción a Cervo
O Comité de Cerámicas do Castro ten previsto celebrar unha reunión o vindeiro luns para analizar a situación na planta Sada e avaliar a posibilidade de levar adiante mobilizacións, se a dirección non ofrece respostas claras sobre o futuro da actividade e o emprego, logo do traslado dunha liña de produción a Cervo sen informar á representación do persoal.
16/10/2014 A Xunta de Persoal reclama tamén cursos prácticos de adestramento e simulación para afrontar, con seguridade, posíbeis casos de ébola
Gravísimas carencias de persoal e deficiente organización no servizo de urxencias do hospital da Coruña; ao que agora se engade a falta de adestramento práctico e a existencia de protocolos contraditorios para atender os posíbeis casos de ébola. Este foi o diagnóstico que a Xunta de Persoal e a Comisión de Centro ofreceron en rolda de prensa este xoves sobre a situación do CHUAC e a área sanitaria da Coruña.
10/10/2014 A Sección Sindical da CIG denuncia que universidade asuma esta “fraude laboral” promovida dende o Ministerio de Educación
A representación da CIG do PAS  na Universidade da Coruña denunciou este venres en rolda de prensa a utilización de persoas desempregadas que “voluntariamente” deben prestarse para cubrir postos administrativos temporais de axuda á xestión das bolsas. Estes traballos realízanse sen contrato, como “colaboración social” e son de obrigada aceptación para os/as traballadores/as seleccionados/as porque doutro xeito perden os  dereitos adquiridos (prestación social e subsidio de desemprego).
9/10/2014 Os traballadores e traballadoras tituladas e expertas foron trasladas desta unidade o pasado mes de abril
Unha representación de traballadoras/es, usuarios/as e profesionais titulados/as en traballo social veñen de presentar, no rexistro da Consellaría de Traballo e Benestar da cidade de A Coruña, un escrito avalado con preto de 2000 sinaturas, para esixir a reposición de persoal experto nesta materia na Unidade Técnico Administrativa da Risga.
30/9/2014 A achega económica foi recadada maioritariamente entre a afiliación da CIG
A Sección Sindical da CIG na factoría que Ferroatlántica ten en Sabón vén de facer entrega á Unión Comarcal da Coruña de 500 euros destinados á prover o Plan de Axuda Alimentaria Solidario posto en marcha pola central nacionalista. Esta contía económica foi recadada integramente entre os traballadores e as traballadoras da empresa en Arteixo.
30/9/2014 Profesionais do CHUAC concentráronse para denunciar o deterioro continuado da calidade e capacidade asistencial da área sanitaria
“Se até agora se falaba de recortes e deterioro, agora temos que falar de abandono da sanidade pública”. Así de contundente se amosaba a Secretaria Comarcal da CIG-Saúde, María Seijo, na protesta que hoxe se desenvolveu diante do Hospital da Coruña para denunciar os déficits de persoal, estruturais e organizativos das Urxencias, a falta de profesionais en distintos servizos, o incremento das listas de espera, ou peche de máis de 200 camas.
15/9/2014 Este luns coñecíanse as puntuacións dos proxectos técnicos e as propostas económicas, dos dous proxectos presentados
Este luns procedíase a comunicar a puntuación do sobre número 2 (proxecto técnico) e a abrir o sobre número 3 (proposta económica), dentro do concurso público para a adxudicación da Fábrica de Armas da Coruña. Dende a CIG-Santa Bárbara, despois de coñecer o resultado, manifestan a satisfacción porque se reinicie a actividade nas instalacións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com