Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
A Coruña A Coruña
11/3/2011 A Agrupación Médica de CIG-Saúde esíxelle á Dirección que trate con máis seriedade o conflito por respecto ao persoal e aos/ás pacientes afectados
A segunda xornada de folga no servizo de dermatoloxía da Coruña está a rexistrar a mesma incidencia que no primeiro día. Case todos os dermatólogos do Complexo Hospitalario, sete de oito dos que teñen praza, sen contar ao xefe de servizo nin a dúas dermatólogas con contrato eventual, secundaron a folga convocada pola CIG-Saúde. Os dermatólogos estiveron onte repartindo follas explicativas do conflito aos pacientes, que mostran comprensión co conflito, e hoxe achegáronse de novo ao hospital para continuar informando dos motivos desta folga.
10/3/2011 O comité denuncia que a empresa non entregou toda a documentación requirida e acusa á Xunta pola súa falta de responsabilidade
Coincidindo coa conmemoración do Día da Clase Obreira Galega e ao berro de “Sen paro e sen traballo imos para o carallo”, o persoal de Emesa levou este xoves novamente polas rúas da Coruña o seu rexeitamento ao terceiro expediente de regulación de emprego e reiterou o chamamento á responsabilidade da Xunta de Galiza para evitar o despedimento directo de 86 traballadores/as e o desmantelamento da factoría de Coirós.
9/3/2011 Os especialistas repartiron follas entre os/as pacientes do servizo informando dos motivos do conflito
A práctica totalidade dos dermatólogos do Complexo Hospitalario da Coruña, sete de oito dos que teñen praza (sen contar ao xefe de servizo nin a dúas dermatólogas con contrato eventual) secundaron a folga convocada para este mércores pola CIG-Saúde e que terá continuidade os días 11 e 16 e marzo. Os dermatólogos en folga achegáronse ao hospital Abente y Lago para entregarlle follas explicativas do conflito aos/ás pacientes e informar dos motivos da súa protesta.
7/3/2011 O texto, que non recibiu o apoio do PP, insta ao goberno galego a rexeitar o ERE e a traballar a prol da continuidade da actividade e o emprego na factoría
Coincidindo co debate da moción de apoio no Pleno municipal da Coruña, os traballadores e traballadoras de Emesa desenvolveron unha concentración diante do Concello, na Praza de María, en demanda da continuidade dos empregos e contra o terceiro ERE que a empresa pretende levar adiante. A moción, que foi aprobada polo PSOE e BNG, non recibiu o apoio do PP que pretendía votar por separado os distintos puntos do texto.
4/3/2011 Piden á cidadanía que traslade as súas queixas aos responsábeis da política de residuos por promover o soterrado do lixo fronte ao tratamento
As traballadoras despedidas da planta de envases lixeiros de Danigal no Complexo Medio Ambiental de Sogama en Cerceda trasladáronse na mañá do xoves até o mercado de Salgueiriños, en Compostela, onde estiveron informando sobre como realizar unha reciclaxe axeitada.
3/3/2011 A central revalida o resultado dos últimos anos
A CIG-Administración Pública revalidouse este xoves, 3 de marzo, como primeira forza sindical na Delegación Provincial da Consellaría do Mar na Coruña ao conseguir os tres delegados/as de persoal laboral neste departamento.
1/3/2011 En demanda dun cambio no modelo de xestión e organización do servizo que permita unha mellora na asistencia e na formación dos/as especialistas
A CIG-Saúde vén de convocar folga no servizo de Dermatoloxía do CHUAC os días 9, 11 e 16 de marzo, en contra da falta de diálogo coa Xerencia do hospital, a discriminación na carga de traballo, as dificultades que atopan os/as especialistas para desenvolver correctamente a súa actividade e ante a imposibilidade de mellorar e crecer profesionalmente. A decisión de convocar folga chegou logo de buscar en reiteradas ocasións un diálogo coa dirección, sen que esta tivese en conta ningunha das reivindicacións deste colectivo de profesionais.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com