Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
A Coruña A Coruña
8/4/2011 O Comité censura a negativa da empresa a sentar a negociar o novo convenio e reclama a interlocución do Concello no conflito
O persoal de Albada realizou unha nova concentración esta mañá ás portas do Concello da Coruña en demanda da negociación dun novo convenio colectivo que recolla melloras salariais e avances en materia de seguridade e saúde laboral. Durante protesta, os traballadores e traballadoras da planta de reciclado de Nostián tamén demandaron a intermediación do Concello neste conflito, pois “esta é unha concesión municipal e o Concello ten moito que dicir”.
1/4/2011 Os traballadores/as rexeitan a conxelación das retribucións para os próximos dous anos que pretende impor a empresa
Os traballadores e traballadoras de Albada, empresa concesionaria do servizo municipal de tratamento de lixo na planta de Nostián, concentráronse esta mañá diante do Concello da Coruña en demanda da negociación dun novo convenio que recolla melloras salariais e sociais. O persoal está desenvolvendo un calendario de mobilizacións para instar á empresa a negociar, entre o que incluíu a convocatoria de folga indefinida a partir do 24 de abril.
31/3/2011 A Consellaría de Sanidade recortou drasticamente nos dous últimos anos os orzamentos destinados ás entidades de asistencia á drogo-dependentes
A CIG-Saúde vén de denunciar o despedimento de dúas traballadoras e un traballador na Asociación Cidadá de Loita contra as Drogas de A Coruña (ACLAD) a pasada semana. Para a central sindical estes despedimentos, feitos de xeito “sorpresivo”, omitindo os procedementos habituais de avisar con quince días aos afectados/as e aos/ás representantes sindicais e cun carácter inmediato, constitúen a última das agresións á Sanidade Pública “que vimos padecendo e denunciando nos últimos anos”.
30/3/2011 Consegue tres representantes dos/as cinco que se elixían
A CIG vén de gañar as eleccións sindicais, celebradas o martes 29 de marzo, en Sermasa, empresa encargada das instalacións deportivas municipais do Concello da Coruña, ao acadar tres dos/as cinco delegados/as que se elixían, mentres que UGT e CCOO conseguiron un representante.
30/3/2011 Ante as numerosas preguntas do persoal laboral e funcionario
O sector de Autonómica da CIG-Administración na Comarca da Coruña, ante as numerosas comunicacións e preguntas do persoal funcionario e laboral a respecto do atraso no pagamento das nóminas correspondentes ao mes de marzo, quere demandar da Xunta de Galiza axilidade no abonamento dos salarios e agarda que este sexa un feito circunstancial e puntual deste mes.
22/3/2011 A Federación esixe a adopción de medidas urxentes e que se realicen as inversións precisas para evitar o colapso continuado
CIG-Saúde denunciou a situación agónica na que se atopa o Servizo de Urxencias do Hospital Universitario da Coruña “cos pacientes amoreados na sala de observación e mesmo nas salas de consulta, a sobrecarga á que se ven sometidos os profesionais e a deterioración do servizo que recibe a cidadanía”. Por iso, esixiu unha actuación inmediata da Xerencia do Hospital e da Consellaría de Sanidade.
17/3/2011 O conxunto dos traballadores/as están convocados a asembleas para valorar o avance da última xuntanza do período de negociacións do ERE
O Comité de Elaborados Metálicos Emesa vén de remitir un comunicado no que denuncia a actitude da dirección durante esta última xornada do período de consultas do ERE. A empresa está a negar o acceso á factoría ao persoal chamado a participar nas asembleas para valorar o avance da negociación e só permite a entrada daqueles traballadores/as que forman parte dunha lista elaborada pola dirección. Ademais incrementou o número de vixilantes de seguridade nas instalacións e pediu a presenza da Garda Civil nas portas da fábrica.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com