Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
A Mariña A Mariña
21/8/2015 A CIG-Saúde da Mariña atribúe ao desmantelamento dos servizos públicos de mantemento dos centros hospitalarios
A CIG-Saúde A Mariña denuncia as deficiencias na estrutura do Hospital da Costa a causa da falta de mantemento e investimento “nun centro sanitario con 30 anos de vida”. Esta desatención, explican, provocou o desprendemento de cascallos da fachada traseira sobre as beirarrúas de acceso ao centro, obrigando a precintar e a estabelecer un perímetro de seguridade na zona.
4/8/2015 CIG-Saúde reclama un decreto de xestión integrada propio e un modelo que aposte polo crecemento do hospital da comarca
A implantación da Xerencia Integrada continúa a supor a perda de recursos económicos, materiais e humanos para a sanidade da Mariña. Así o afirma a CIG-Saúde, que pon como exemplo a recente amortización dunha praza médica no Centro de Saúde de Ourol (decisión confirmada polo propio Xerente Provincial).
23/6/2015 As representantes do persoal enviaron escrito á empresa adxudicataria, Samyl, para tratar de retomar as negociacións, até agora sen resposta
As traballadoras e traballadores do servizo de limpeza do Hospital da Costa continúan coas mobilizacións iniciadas logo de que a empresa manifestara a intención de artellar un novo calendario que, “ademais de tremendamente inxusto e de trato totalmente desigual entre as empregadas, condena a catro persoas a ver reducida a súa xornada a un terzo da mesma”.
29/5/2015 Advirten que a decisión carece de xustificación técnica e obedece só “á política neoliberal do PP de desmantelar a sanidade pública”
CIG-Saúde A Mariña vén de denunciar publicamente a intención da Xerencia e da Consellaría de Sanidade de pechar camas no Hospital da Costa durante o verán. Unha decisión que, advirten, carece de calquera xustificación técnica posíbel “e que tan só obedece a unha política sanitaria neoliberal do Partido Popular que busca o desmantelamento da sanidade pública na nosa comarca”.
20/5/2015 CIG-Saúde advirte que hai unha política de aforro para reducir o número de contratacións que forma parte dunha estratexia para desmantelar a sanidade pública
CIG-Saúde A Mariña volve denunciar a política destrutiva en materia de contratacións, levada a cabo polo equipo xestor da EOXI de Lugo-Cervo-Monforte nos Centros de Saúde da Mariña. Unha política de contratacións caracterizada pola non substitución das ausencias dos/as profesionais, que pon de manifesto o deterioro na calidade asistencial que se presta aos cidadáns e cidadás e o aumento do desemprego en todas as categorías profesionais da saúde na comarca. Porén, esta situación non afecta só á Mariña, senón que é unha práctica habitual en todas as áreas sanitarias de Galiza, tal e como  ten denunciado a CIG en reiteradas ocasións.
8/4/2015 Dende o SERGAS afirmouse que a partir do 6 de abril incorporaríase un novo especialista
A CIG-Saúde da Mariña denuncia que, a pesares das afirmacións do SERGAS de que dende o día 6 de abril tería lugar a incorporación dun novo especialista en anatomía patolóxica, o Hospital da Costa segue cun só facultativo neste servizo “xa asfixiado pola falla de persoal”.
26/3/2015 A Sección Sindical da CIG denuncia o caos que se vive no centro hospitalario da Mariña, no que mesmo hai persoas adultas ingresadas en pediatría
CIG Saúde A Mariña denuncia que o Hospital da Costa “está colapsado e sen camas dispoñíbeis, con persoas adultas ingresadas no Servizo de Pediatría”, o que provocou o traslado e ingresos de doentes mariñaos/as no HULA na madrugada do mércores para o xoves, “co  trastorno que provoca para os /as enfermos/as, mais tamén para as súas familias que se ven obrigadas a desprazarse a Lugo”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com