Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Brexit: Um giro histórico-mundial
27/09/2016Alex Callinicos
O surgimento da campanha pelo Lexit, defendendo uma oposição de esquerda e internacionalista à União Europeia, foi um dos sucessos do referendo....
Cara a unha desdolarización da economía mundial?
27/09/2016Alfredo Serrano e Francisco Navarro
A transición xeoeconómica segue o seu curso. Nestes últimos anos, a desdolarización da economía mundial comezou a dar os seus primeiros pasos. ...
Análise da conjuntura política brasileira
23/09/2016João Pedro Stédile
O golpe não conseguiu legitimar-se. No jurídico se evidenciou a contradição na manutenção dos direitos da President. E nas ruas, perdeu a legi...
Bratislava : a cimeira da mesquinhez
23/09/2016Thierry Meyssan
Três meses após a decisão dos eleitores britânicos em sair da União Europeia, os seus chefes de Estado e de governo —com a excepção do Prim...
O consenso de Bruxelas
23/09/2016Ângelo Alves
Salvar a Europa significa derrotar a União Europeia e o consenso que apesar das contradições emergentes parece prevalecer entre direita e social-...
O Decálogo “neo-neoliberal”
20/09/2016Ava Gomez e Alejandro Fierro
Compostela Compostela
27/9/2016 Teñen convocadas novas mobilizacións, a primeira mañá diante do SERGAS, ás 12:00 e o sábado ás 12:00 diante do Psiquiátrico de Conxo
Traballadores e traballadoras de Tecnocom concentrábanse este luns diante das instalacións da empresa para demandar a restitución das condicións de xornada, horario, quendas, salario e forma de pago anteriores á modificación unilateral decretada pola empresa o pasado mes de agosto. Unha decisión adoptada logo do persoal reclamar compensacións por traballar en festivos e que xa provocou a convocatoria de varias xornadas de folga.
26/9/2016 Ademais de recortes de dereitos pretende aplicar incrementos salariais do 1,50% a repartir en nin máis nin menos que 5 anos
A CIG-Servizos denunciou este domingo, coincidindo coa celebración do 25 aniversario de Gadis, no recinto feiral de Silleda, a proposta da patronal do convenio de comercio de alimentación da provincia da Coruña, que pretende manter en condicións de absoluta precariedade ás traballadoras e traballadores do sector.
23/9/2016 A Sección Sindical da CIG concentrouse no supermercado que a empresa ten na Volta do Castro en Santiago
Traballadoras e traballadores de Eroski-Familia realizaron unha concentración no supermercado que a empresa ten na rúa Volta do Castro (Santiago de Compostela), en rexeitamento á conxelación salarial que as traballadoras e traballadores padecen dende hai anos e para demandar a volta ao convenio provincial do comercio de alimentación.
21/9/2016 Teñen previstas novas mobilizacións o día 3 de outubro no Hospital Modelo, na Coruña e o 17 no Juan Cardona de Ferrol
Persoal da sanidade privada concentrouse este mércores diante do hospital da Rosaleda, en Compostela, en demanda de que a patronal sente a negociar “un convenio xusto”. As traballadoras e traballadores desprazáronse desde alí en manifestación até o Parlamento de Galiza onde deron por finalizada a xornada de mobilización.
20/9/2016 Os traballadores/as irán á folga todas as fins de semana a partir do próximo sábado 24
Traballadoras e traballadores de Tecnocom que se encargar de dar soporte informático ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) retomaron este luns as mobilizacións para demandar á empresa que restitúa as condicións laborais de forma definitiva e acepte abonar as compensacións polos festivos traballados. O persoal realizou a protesta diante do hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela, onde está situado o seu centro de traballo.
14/9/2016 O paro afectará ao servizos de soporte informático dos hospitais e centros de saúde do Sergas
Os traballadores e traballadoras de Tecnocom que se encargan de dar soporte informático ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), acordaron convocar folga a todas as fins de semana, a partir do sábado 24 de setembro. O paro terá carácter indefinido e manterase até que a empresa ofreza unha solución satisfactoria ás demandas do persoal. 
8/9/2016 A central considera electoralista presentala precisamente en campaña
O sector da Autonómica da CIG-Administración vén de manifestar o seu rexeitamento á proposta de acordo que quere asinar “ás presas e correndo” a Axencia Galega de Infraestruturas. Considera que se presenta no marco da campaña electoral para “vender fume” e denuncia que só se teñen en conta os traballadores e traballadoras “nunhas datas concretas” para logo esquecelos nos catro anos seguintes.
cig.prensa@galizacig.com