Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
Lugo Lugo
10/2/2016 A firma botou a 7 traballadores/as 2 días despois da asemblea do persoal na que acordou presentar conflito colectivo por incumprimento do convenio
A CIG de Lugo-A Mariña denuncia a conduta represiva da empresa Esco Expansión S.L., que o pasado 3 de febreiro efectuou 7 despedimentos disciplinarios, todos de traballadoras/es que levaban anos na empresa. A firma alega exactamente igual motivo para cada un dos despedimentos: “diminución continuada e voluntaria no rendemento de traballo normal ou pactado”.
3/2/2016 Nesta ocasión concentráronse diante da Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade
As traballadoras e traballadores de Linorsa en Lugo continuaron este mércores coas mobilizacións para demandar o cobro dos salarios que a empresa ten pendentes de abonar: a nómina de xaneiro e a metade de decembro. Desta volta, o persoal levou as protestas até o edificio da Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade.
29/1/2016 O persoal desenvolveu unha concentración nos xulgados de Lugo coa noticia de que a empresa solicitou a liquidación
Ex-traballadores e traballadoras das empresas Catisa e Hormigones La Estrella (do grupo Martínez Núñez) fixeron unha concentración este venres ás portas dos xulgados de Lugo en demanda de axilidade xudicial para poder cobrar as cantidades que teñen pendentes e pechar un conflito aberto dende hai anos. Porén, coa protesta xa convocada, o persoal tiña coñecemento onte mesmo da solicitude de liquidación presentada pola empresa, o que suporá adiar aínda máis o conflito.
26/1/2016 Vén de remitir un escrito á xerencia da EOXI
A Sección Sindical da CIG-Saúde vén de dirixirse ao novo xerente da EOXI para reclamar que adopte medidas eficientes para paliar a situación reiterada de amoreamento que se vive nos servizos de urxencias do Hospital Lucus Augisti. Unha situación que se dá, apuntan, cando hai dúas plantas do hospital pechas nas que non se poden facer ingresos.
4/1/2016 Reclama ao Concello que deixe sen efecto a comunicación de cese, tal e como fixeron o resto dos municipios logo de renovarse o convenio entre as administracións
A CIG de Lugo-A Mariña considera totalmente inxustificado o despedimento dos 12 traballadores/as que forman o Grupo de Emerxencia Supramunicipal da Fonsagrada, a quen o Concello non lle renovou o contrato, tal e como se fixo no resto dos municipios que contan con este servizo, unha vez actualizado o convenio de colaboración entre as distintas administracións.
29/12/2015 CIG-Servizos de Lugo lembra o “longo historial” de atrasos no pagamento dos soldos nesta empresa e acusa a Xunta de pasividade
Linosa, adxudicataria dos servizos de limpeza para a Xunta en Lugo, aínda non pagou a todos os seus traballadores/as a paga extraordinaria de decembro, que xa debería ter abonado hai unha semana. Dende a CIG-Servizos lembran que o historial de incumprimentos da empresa a respecto do pagamento e das condicións de traballo recollidas nos contratos “é longa, permanente e reincidente” sen que a Administración galega teña adoptado ningunha medida para resolver esta situación.
16/12/2015 A mobilización, en demanda dunha sanidade pública de calidade, será este xoves 17 de decembro, ás 20 horas dende a Praza Maior
A CIG-Saúde vén de trasladar o seu apoio á manifestación convocada pola Plataforma Pola Saúde de Lugo para este xoves, 17 de decembro, contra os recortes na sanidade pública, a xestión “nefasta” do HULA, así como esixir a apertura dos servizos tantas veces comprometidos para o hospital. A marcha, baixo o lema “Móvete pola túa saúde”, sairá ás 20:00 horas da Praza Maior e rematará diante do edificio multiusos da Xunta.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com