Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
Lugo Lugo
11/11/2014 A FGAMT-CIG de Lugo valora a sentenza, mais dubida que os imputados afronten o pago da condena de 2.9 millóns de euros
Este serán coñecíase a sentenza pola que se declara culpábel o concurso de Alimentos Lácteos e se recoñece a “culpa grave” dos administradores da empresa na quebra e liquidación da mesma. A resolución do Xulgado do Mercantil entende que non actuaron coa debida dilixencia, agravando a insolvencia da empresa durante os anos 2012 e 2013, causando a perda das garantías con Pascual e a actitude de cese de actividade que consolidou a depreciación do principal activo da empresa: as marcas comerciais.
11/11/2014 A CIG realizou unha concentración e solicita unha reunión co Subdelegado do Goberno para demandar unha solución inmediata
A CIG de Lugo-A Mariña desenvolveu este martes unha concentración diante do FOGASA para esixir o pago dos expedientes acumulados, que neste momento xa suman 360 procesos, que afectan a arredor de 500 traballadores e traballadoras. Así mesmo, a central sindical solicitou unha entrevista co Subdelegado do Goberno para demandar  que se dea solución inmediata a esta problemática.
7/11/2014 A CIG de Lugo-A Mariña convoca unha concentración o martes 11, para esixir unha solución inmediata
Na Unidade Provincial de Lugo do FOGASA acumúlanse nestes momentos 360 expedientes que xa están tramitados administrativamente polo persoal que traballa na unidade, pero que non poden ser resoltos definitivamente porque desde a Administración non se fai o pago das cantidades correspondentes. Estes 360 expedientes atinxen a arredor de 500 traballadores/as afectados pola situación, ou o que é o mesmo, “arredor de 500 familias que ven como non cobran as cantidades que o FOGASA por lei lles ten que abonar”.
4/11/2014 A empresa aínda abonou onte o 75% do salario de setembro que tiña pendente
O persoal de Linorsa –empresa que ten adxudicadas contratas de limpeza das distintas administracións en toda Galiza- vese obrigado a continuar coas mobilizacións ante os reiterados atrasos no cobro dos salarios. Para enfrontar esta situación, a CIG-Servizos de Lugo desenvolve ao longo desta semana protestas en varios centros da provincia.
22/10/2014 Na vista oral celebrada este xoves ratificouse a responsabilidade dos administradores no deterioro e liquidación da empresa
A vista oral do proceso xudicial sobre a responsabilidade dos administradores de Alimentos Lácteos na quebra da sociedade serviu para reafirmar a súa culpabilidade no deterioro e posterior liquidación da empresa. Por iso, dende a CIG agárdase unha pronta declaración de concurso culpábel e que, deste xeito, se poida recuperar unha parte do burato de 20 millóns en débedas que acumulou a entidade durante a súa existencia.
8/10/2014 A Xunta de Persoal de Lugo traslada a preocupación que existe entre os/as profesionais da área sanitaria
Logo de coñecer a noticia de que unha profesional da sanidade do Hospital Carlos III deu positivo nas probas do ébola, a CIG-Saúde reitera a demanda ao SERGAS para que se forme e se informe de xeito adecuado a todo o persoal, especialmente os traballadores e traballadoras do Hospital Meixoeiro de Vigo, que serán os/as encargados/as de atender estes casos.
6/10/2014 O proxecto formulado por Logística Alimentaria supón unha novidade no sector ao funcionar como centro regulador e non transformador
A FGAMT-CIG de Lugo valora con cautela a venda das instalacións de Leche Pascual en Outeiro de Rei (ocupadas até hai uns meses pola extinta Alimentos Lácteos) “tanto pola novidade que supón no sector como pola nula concreción das necesidades no tocante a persoal, o que supón unha complexidade engadida”. Porén, a central sindical agarda que o proxecto progrese axeitadamente e “poida materializar o máis axiña posíbel nestas instalacións punteiras o seu carácter maioritariamente transformador”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com