Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grecia: Existe un "bo dracma"?
02/09/2015Michel Husson
A experiencia recente mostra que a redución de salarios en Grecia non se traduciu nunha redución de prezos senón nun aumento das marxes de benefi...
O euro e o desemprego em Portugal
01/09/2015Manuel Brotas
São menos os trabalhadores portugueses que produzem riqueza e maior a proporção dos trabalhadores, igualmente explorados, que asseguram a circula...
A era das guerras imperiais (Das guerras regionais, às "mudança de regime" e à guerra global)
31/08/2015James Petras
Milhões de refugiados de guerra escapam rumo à segurança na Europa Ocidental, juntando-se aos milhões de refugiados económicos que fugiram da p...
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Nacional Nacional
7/10/2011 Responsabiliza ao BE e ao Ministerio de Economía de deixar a Galiza sen instrumentos financeiros para xestionar os recursos dos galegos/as desde unha óptica de país
Á espera dunha confirmación oficial por parte da dirección do Banco Pastor, que a CIG intentou obter hoxe sen éxito, e malia onte non recibir ningunha información ao respecto na xuntanza mantida entre as organizacións sindicais e a dirección da entidade, a Confederación Intersindical Galega valora a posíbel absorción ou compra do Banco Pastor por parte do Grupo Popular como unha noticia negativa para Galiza.
7/10/2011 A primeira sentenza emitida obriga á readmisión dun traballador despedido
A Xunta de Galiza terá que readmitir, por sentenza xudicial, a Marcos Tesouro, un dos traballadores despedidos de MeteoGalicia no mes de marzo. A sentenza confirma, segundo explicou Renato Núñez, secretario de organización da CIG de Compostela, a existencia de cesións ilegais, que se seguen mantendo na totalidade do persoal contratado como asistencia técnica. Unha situación que xa foi denunciada nos tribunais por boa parte do persoal deste servizo.  
7/10/2011 CIG-Banca concentrarase o 18 de outubro diante das sedes centrais da Caixa
A Dirección de novacaixagalicia (entendendida como a Caixa de Aforros xa sen actividade comercial) anunciou  que a participación no Banco da Caixa, reducida ao 6,84% pola negociación entre o Banco de España e os Fondos norteamericanos encabezados por José María Castellano, faría inviable a Obra Social e os 335 postos de traballo. Foi o remate dunha semana de escándalo.A CIG, ten convocado mobilizacións para esixir a paralización do proceso de privatización da entidade e unha fonda investigación ante a escandalosa actuación dos ex-directivos, directivos actuais, Banco de España e Xunta de Galicia.
6/10/2011 Os delegados/as da central sindical manifestan o seu máis absoluto rexeitamento á reforma da negociación colectiva por favorecer a precarización das condicións laborais
Máis de 200 delegados/as da CIG participaron na mañá deste xoves, día 6 de outubro, no “Encontro Nacional de Negociación Colectiva”. Unha xornada de traballo na que se analizaron as graves repercusións que, para as traballadoras/es, terán as mudanzas introducidas na lexislación laboral a través das últimas reformas aprobadas polo goberno español e na que se debateu a estratexia da central sindical de cara ao proceso de negociación colectiva do vindeiro ano. O secretario xeral, Suso Seixo, que pechou o acto, avanzou que a CIG pulará por convenios de ámbito galego, nos que se prohiba expresamente asinar outros de empresa que rebaixen as condicións laborais e salariais dos traballadores/as do mesmo sector.
5/10/2011 A Executiva Confederal da CIG acordou apoiar este proxecto de comunicación que considera imprescindíbel para defender os nosos dereitos sociais e nacionais
Compostela acolleu este martes a presentación de “Sermos Galiza”, un proxecto colectivo que ten como obxectivo a creación dun grupo de comunicación libre, crítico e galego, que teña na Galiza o seu foco de atención e se exprese na nosa lingua. A Executiva Confederal da CIG xa acordou apoialo, pero a súa viabilidade depende, en última instancia, do respaldo –non só moral, senón tamén económico- de todas as persoas que defendan o dereito dos galegos e galegas a ser e existir como pobo e como nación e a estaren informadas/os para poder debater ideas en liberdade.
5/10/2011 A federación de Banca reclama tamén unha sanción para a ex cúpula directiva polo cobro millonario de indemnizacións
A Confederación Intersindical Galega esíxelle á Fiscalía Anticorrupción que depure responsabilidades pola xestión de Caixa Galicia, Caixanova e Novacaixagalicia e investigue a valoración da entidade pactada entre o Banco de España e os fondos de investimento estadounidenses. A federación de Banca da central nacionalista reclámalle tamén ao Banco de España a apertura dun expediente sancionador aos ex directivos da caixa polo cobro de indemnizacións millonarias.
5/10/2011 Considera que teñen como único obxectivo o lucro, a conta das traballadora se traballadores
A CIG-Ensino quere denunciar a pretensión do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar de privatizar as 17 escolas “ Galiña azul” que se abrirán proximamente. O Consorcio ten adoptada esta decisión e xa se está a traballar na definición dos pregos de condicións para que a próxima apertura das novas escolas sexan de xestión privada, seguindo as directrices das políticas neoliberais das que o PP é un dos máximos expoñentes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com