Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
Ourense Ourense
21/7/2016 A CIG reclama que se lles conceda unha pensión de invalidez sen ter que ir á vía xudicial
A CIG de Ourense acusa o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) de denegar de xeito sistemático na provincia a incapacidade permanente aos traballadores/as afectados/as de silicosis de primeiro grao. Dende a central reclaman que se lles conceda unha pensión de invalidez sen ter que acudir á vía xudicial, como está a suceder na actualidade grazas ás sentenzas favorábeis.
21/7/2016 O Xulgado recoñécelles o dereito a gozar de seis días libres por asuntos propios ao ano
O Xulgado do contencioso administrativo número 1 de Ourense vén de condenar ao Concello de Ourense a conceder ou indemnizar os días de libre disposición dos bombeiros/as, que eran denegados pola Administración local alegando “necesidades do servizo”. A sentenza recoñécelles o dereito a gozar de seis días libres de permiso por asuntos propios ao ano.
19/7/2016 Acusa os Gobernos locais de Laza, Oímbra, Monterrei, Cualedro e Vilardevós de “deseñar unha carreira de obstáculos para favorecer a un grupo reducido de escollidos/as”
A Unión Local da CIG de Verín e A Limia vén de interpor sete recursos contencioso administrativos contra os Concellos de Laza, Oímbra, Monterrei, Cualedro e Vilardevós por violación do dereito á igualdade dos cidadáns/ás durante a selección de persoal temporal. Dende a central acusan os Gobernos locais de “deseñar unha carreira de obstáculos para favorecer a un grupo reducido de escollidos/as”.
13/7/2016 A CIG denuncia que as cantidades que manexan as empresas son insuficientes para asumir gastos salariais e de funcionamento
A CIG vén de alertar que as baixas ofertas presentadas ao concurso de adxudicación da axuda a domicilio e á dependencia do Concello de Ourense fan perigar o servizo. Dende a central nacionalista denuncian que as cantidades que manexan as empresas son insuficientes para asumir gastos salariais e de funcionamento e reclaman a municipalización do servizo se a concesión non garante o cumprimento da lei e do convenio colectivo.
12/7/2016 A medida beneficia a 71 brigadistas, mais a central intentará que se estenda aos 500 operarios/as
O Xulgado do Social número 3 de Ourense vén de decretar, resolvendo dúas das catro demandas interpostas pola Unión Local da CIG de Verín e A Limia en representación de 71 traballadores/as de Seaga, que os dereitos e deberes do persoal, ao carecer de convenio colectivo propio, deben de estar regulados polo convenio do persoal laboral da Xunta. A central xa anunciou que iniciará unha campaña para estender o efecto destas sentenzas, que aínda poden ser recorridas diante do TSXG, aos 500 empregados/as da compañía pública.
11/7/2016 A CIG entende que a decisión servirá para normalizar as relacións laborais na institución
A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Verín aprobou este venres, tras 10 anos de desavinzas, sentenzas xudiciais e bloqueo da negociación colectiva, dous acordos que, segundo a CIG, favorecerán a normalización das relacións laborais na institución local.
7/7/2016 A central iniciará tamén unha recollida de sinaturas para rexeitar a pretensión patronal de ampliar a xornada á fin de semana
A federación de Industria da CIG rexistrou este martes un escrito na Confederación de Empresario de Ourense solicitando a convocatoria urxente da comisión negociadora do convenio do siderometal. Ademais, a central nacionalista iniciará unha recollida de sinaturas para rexeitar a pretensión patronal de amplar a xornada á fin de semana.
cig.prensa@galizacig.com