Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Entrevista com Noam Chomsky: “Há uma resistência muito significativa contra o assalto neoliberal”
03/03/2015Miguel Mora
A Europa é hoje uma das maiores vítimas dessas políticas económicas de loucos, que somam austeridade à recessão. Até o FMI diz que já não f...
Tentativa golpista contra Venezuela
03/03/2015Ignacio Ramonet
Esta vez, o golpe íase a executar en catro fases. A primeira comezou a principios do mes de xaneiro de 2015, cando o presidente Maduro realizaba un...
Acerca de negociações: lições do caso Syriza
02/03/2015Vaz de Carvalho
A UE tem os povos presos nas grilhetas do endividamento e do euro. Esta situação só será alterada pela resistência popular. O caso grego mostro...
Venezuela: Estados Unidos acelera o golpe
27/02/2015Ángel Guerra Cabrera
O golpismo intensificouse sobre todo a partir da elección do presidente Maduro en abril de 2013. Washington e as oligarquías decidiron botar toda ...
A goleada sofrida pelo Syriza nas negociações da UE
27/02/2015Richard Seymour
As classes dominantes da UE também “ganharam tempo”, e elas dispõem dos recursos e estão ao ataque, enquanto o Syriza recuou. Não há motivo...
Grécia: os próximos quatro meses
27/02/2015Michael Roberts
Syriza, uma via para o poder do povo?
26/02/2015Éric Toussaint
Ucrânia, um ano depois do golpe
26/02/2015Luís Carapinha
Ourense Ourense
7/4/2009 Denuncian a retirada de materiais das instalacións
As traballadoras e traballadores de “Ataúdes Chao Escudero”, en Ribadavia, continuarán esta semana diante das instalacións da fábrica de cadaleitos á espera da confirmación da noticia da venda da empresa, que segundo a actual dirección se vai producir na xornada de hoxe, 7 de abril. Segundo explicou o responsábel da CIG-Construción en Ourense, Xan Losada, as informacións que chegan sobre este punto son contradictorias, polo que o persoal “vai continuar presionando á dirección polo menos para cobrar as dúas mensualidades e a paga que se adebeda”.
7/4/2009 Se a patronal non facilita información convocarán folga indefinida
Os traballadores e traballadoras que continúan a traballar na fábrica da lousa de Ipisa (131 dos 300 que traballaban na mesma hai menos de ano e medio) realizaron unha asemblea o luns 6 de abril para abordar cal é a situación de incertidume e inestabilidade que se mantén nesta empresa desde o pasado verán. Nesta asemblea, que contou cunha participación moi ampla, decidiuse que o Comité solicitará unha reunión coa patronal para coñecer cal é a situación desta louseira, asi como acordaron convocar mobilizacións para pedir o pago dos salarios que se lles debe.
6/4/2009 Haberá máis xornadas de folga e manifestación en León
O persoal da Vidreira do Atlántico iniciou a oitava xornada de folga o domingo 5 de abril desde as dez da noite, que se prolongará até as seis da mañá do martes, 32 horas continuadas. Os traballadores e traballadoras mantiveron o sábado 4 de abril unha asemblea, na que acordaron que se non se dá unha solución ao conflito neste mes, estenderanse as xornadas de folga fixadas. Ademais convocará unha nova mobilización, que desta volta será en León, cidade na que o grupo Ba Glass, donos da Vidreira, teñen unha factoría, como continuación á que se realizou no Porto, co apoio dos compañeiros da CGTP.
6/4/2009 Obrigan ao persoal a traballar nos dias festivos de convenio
SACYR, unha das principais empresas construtoras do AVE na provincia de Ourense, está a incumprir reiteradamente a normativa en materia de xornada laboral e descansos, impoñendo un horario de 10 e 11 horas diarias e obrigando a traballar en datas que son festivas de Convenio, como son estas da semana santa. Para cubrirse as costas, ponlle a cada traballador a asinar un escrito por cada un dos días festivos que traballen (neste caso polo luns, martes e mércores) no que en teoría cambian as datas por outras posteriores.
3/4/2009 O comité denuncia a actitude do empresario, negándose a negociar
Cincuenta traballadores e traballadoras de Vidriera del Atlántico, un autobús completo, desprazáronse o 2 de abril a Porto para participar nun acto público da CGTP-IN, realizado na praza da Batalla desta cidade do norte de Portugal. Neste país hai outras tres factorías do grupo de orixe portuguesa, ao que pertence a empresa de Xinzo de Limia, polo que toda a divulgación que se faga do conflito na outra banda da raia sempre é moi positiva.
3/4/2009 A central lamenta a lentitude coa que avanza a negociación colectiva, que rexistra un incremento salarial medio do 2.5%
A negociación colectiva na provincia de Ourense avanza con importante lentitude, condicionada pola situación de crise e a perda de emprego, segundo informou o secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, quen explicou que de 18 convenios de sector que hai na actualidade só están asinados 9, sendo en moitos casos revisións salariais pactadas na negociación do ano anterior.
2/4/2009 Presentaron unha denuncia diante de Medio Ambiente
Nos vindeiros dias realizarán desde a CIG-Valdeorras unha xornada técnica, dirixida as/os delegadas/os e á afiliación en xeral, e para todas as persoas que queiran asistir, xa que será unha xornada aberta a todo o mundo que desexe informarse sobre o tema. Esta formación estará dirixida polo técnico do gabinete de saúde laboral da CIG, Anxo Ramón Pérez Carballo. Ademais desde a CIG de Valdeorras xa presentaron diante de Medio Ambiente unha denuncia pola alta presenza de amianto nas antigas instalacións do matadoiro do Barco.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com