Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
Pontevedra Pontevedra
28/1/2016 A central obtivo catro dos cinco delegados/as que se escollían no comité
A Confederación Intersindical Galega (CIG) revalidou a primeira posición nas eleccións sindicais celebradas recentemente na compañía pontevedresa Vertifil Industrial, ao obter catro dos cinco representantes que se escollían no comité de empresa.
25/1/2016 Solicita que, de contado, os concellos contesten ás peticións de reunión cos traballadores/as e coa central sindical
A FGAMT-CIG demanda, xunto co colectivo de técnicos en emerxencias sanitarias do Salnés, que se dote urxentemente á comarca cunha ambulancia medicalizada. Denuncian que o pasado sábado un xogador de fútbol, menor de idade, sufriu un desgraciado accidente traumático e que tivo que esperar á chegada dun helicóptero medicalizado, con base en Santiago, entre 30 e 40 minutos para ser evacuado. Unha situación diante da que Xavier Aboi pide responsabilidades á consellaría e que os concellos contesten ás peticións de reunión coa CIG e co colectivo de traballadores/as o máis axiña posíbel.
23/12/2015 A CIG-Saúde tamén critica que a falta de contratacións supoña un aumento da carga de traballo nos empregados/as fixos/as
A CIG-Saúde vén de denunciar a desidia e a falta de vontade da dirección da EOXI de Pontevedra e Salnés para resolver os moitos problemas existentes na xestión do persoal, principalmente dos traballadores/as eventuais. A central tamén sostén que a falta de contratacións está a provocar un aumento da carga de traballo nos empregados/as fixos/as.
18/12/2015 O servizo de radioloxía do centro de saúde de Lalín sofre novas reducións de horario
A CIG-Saúde vén de denunciar o recorte nos horarios de radioloxía do centro de saúde de Lalín, que desde o 21 deste mes ao 8 de xaneiro pechará na quenda de tarde, degradando un servizo que vive “inmerso no caos” desde hai catro anos. Esixen a rectificación inmediata e a asunción de responsabilidades por parte do PP.
16/12/2015 Este venres concentraranse ás portas dun dos supermercados da marca en Vigo
O persoal pontevedrés dos supermercados Froiz iniciou mobilizacións o pasado venres para rexeitar a intención da empresa de consolidar o exceso de xornada no novo calendario laboral. As protestas continuarán este venres 16 diante dun dos establecementos da marca na Avenida da Florida de Vigo de 12.00 a 13.00 horas.
14/12/2015 Dende a Xunta de Persoal denuncian que o método escollido pola Subdelegación privilexia a un pequeno colectivo profesional e ás súas amizades
A Xunta de Persoal funcionario da provincia de Pontevedra vén de denunciar publicamente que o sistema esollido pola Subdelegación do Goberno español para elixir os representantes do Estado nas eleccións xerais privilexia a un pequeño grupo profesional e ás súas amizades. Dende a representación dos traballadores/as indican que están a recibir numerosas queixas dos empregados/as públicos/as e reclaman un método de elección obxectivo e igualitario.
27/11/2015 Vilagarcía acolleu unha concentración solidaria na que participaron empregados/as dos distintos xornais que integran o grupo de comunicación
A folga convocada nos medios de comunicación pertencentes a Editorial La Capital (Diario de Arousa, El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrol e Deporte Campeón) está a rexistrar un seguimento masivo por parte dos respectivos cadros de persoal. Esta tarde tivo lugar unha concentración na Praza de Galiza de Vilagarcía en solidariedade coas reivindicacións dos traballadores/as, que reclaman a readimisión de dous compañeiros/as despedidos/as e o abono dos salarios atrasados.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com