Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
A UE conduz uma guerra. Descrever essa guerra como uma guerra que opõe países ricos e países pobres não ajuda a entender a sua natureza. É uma ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
Pontevedra Pontevedra
26/11/2012 A terceira quenda toma este martes o relevo despois de recibir numerosas visitas e recoller preto de 500 sinaturas de apoio
A folga de fame iniciada pola CIG en protesta pola condena a tres anos de prisión a tres sindicalistas que formaban un piquete na folga do comercio de alimentación en 2009 chega este martes á súa cuarta xornada, na que tomarán o relevo os secretarios comarcal de Vigo e nacional da federación de Servizos. A caravana instalada fronte á Audiencia Provincial de Pontevedra onde pasan a noite os folguistas foi visita hoxe polo voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez.
24/11/2012 O secretario xeral da central nacionalista agradeceu a visita de Miguel Anxo Fernández Lores e as facilidades do Concello para a instalación da caravana
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visitou hoxe a caravana instalada pola CIG diante da Audiencia Provincial para amosar a súa solidariedade cos membros da central nacionalista que iniciaron a folga de fame contra a condena de prisión a tres sindicalistas. O secretario xeral, Xesús Seixo, agradeceu a colaboración do Concello e salientou o apoio público expresado polo rexedor “porque é moi importante nestes tempos que cargos institucionais cunha concepción democrática e progresista da sociedade se impliquen contra medidas que nos afectan a todos e todas”.
23/11/2012 Máis de cen mariñeiros/as mantiveron durante case cinco horas unha concentración ás portas do hotel onde os responsábeis políticos participaban dunhas xornadas
Mariñeiros/as galegos/as da flota cefalopodeira que faenaba no caladoiro de Mauritania trasladáronse este venres até A Coruña para reclamar o cobro das axudas pactadas tras o cese da actividade e demandar un novo acordo pesqueiro que garanta a continuidade da flota. Porén, a pesar de botar case cinco horas concentrados/as nin a Conselleira do Mar, nin o Ministro de Pesca nin a Comisaria Europea de Pesca tiveron a ben manter un encontro cos afectados/as para tentar buscar unha solución que garanta o futuro da flota.
23/11/2012 A protesta fronte á Audiencia Provincial de Pontevedra, á que se sumará CCOO a partir do luns, desenvolverase en quendas de 48 horas e xa foi iniciada por un dos afectados e polo secretario xeral da central nacionalista
A CIG vén de iniciar unha folga fame diante da Audiencia Provincial de Pontevedra contra a condena a prisión a tres sindicalistas que participaron nun piquete en 2009 que se desenvolverá en quendas de 48 horas até o vindeiro 15 de decembro, data na que está convocada unha manifestación polo centro da cidade. Os encargados de iniciar unha protesta coa que se pretende denunciar tamén os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes e rexeitar a reformad do Código Penal que prepara o PP foron un dos afectados e o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo.
23/11/2012 Se non se efectiviza antes do remate do ano, poderían perder o dereito a recibir unha prestación
O persoal de Traferga S-L, empresa de estruturas metálicas asentada en Meaño, padeceu durante o último ano un Expediente de Regulación de Emprego suspensivo que afectaba a todo o persoal. A piques de finalizar o período do ERE temían quedar sen traballo ante a imposibilidade de contactar co empresario. Cando por fin o conseguiron recibiron a noticia de que efectivamente esa é a súa sorte, xa que a empresa presentará un ERE extintivo para todo o persoal.
23/11/2012 Presentarán unha querela contra Juan Guerra se o próximo día 20 se subastan as fábricas de Ribadumia, Vilaxoán e a marca Miau
As traballadoras de Alfageme concentrábanse este xoves diante da consellaría de Industria en demanda de ser recibidas polo conselleiro, Juan Guerra, logo de non obter resposta algunha ao escrito remitido ao titular da consellaría. Para o persoal de Alfageme esta xuntanza é urxente, porque o próximo día 20 celebrarase a subasta das fábricas de Vilaxoán e Ribadumia, ademais da marca Miau, que se levará por diante o plan industrial e os postos de traballo. O Comité de Empresa xa anunciou a súa intención de presentar unha demanda por prevaricación despois da subasta. Malia iso, a consellaría mantén absoluto silencio.
20/11/2012 Unhas 50 ex empregadas/os concentráronse ás portas de Inversiones Subel e mantivo un breve encontro co presidente da compañia de transportes
Un grupo dunhas 50 ex traballadoras e ex traballadores do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) trasladáronse na mañá deste martes até as oficinas de Inversiones Subel na Coruña para reclamar o pago dun adianto das contías económicas que a empresa–do grupo Azkar- adebeda a este persoal por mor dos acordos adoptados na venda dos terreos que ocupaban as fábricas da antiga GEA.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com