Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Por que se deve realizar uma auditoria da dívida?
25/03/2015Éric Toussaint
A auditoria demonstrará que uma parte muito grande da dívida grega contraída tanto no período precedente à intervenção da Troika como no post...
Por trás das sanções da Casa Branca contra a Venezuela
25/03/2015Mark Weisbrot
Os governos latino-americanos compreenderam esta estratégia de impor novas sanções à Venezuela vista como uma grave ameaça à democracia na reg...
Dez claves para entender a “lex mercatoria”
25/03/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
A oposición frontal das grandes potencias e dos lobbies transnacionais á creación de normas que poidan poñer en risco as súas perspectivas de n...
A pobreza em Portugal
25/03/2015Maria do Carmo Tavares
A pobreza em Portugal sempre assumiu grande extensão e intensidade, a ela estão associadas profundas desigualdades sociais, acumulação de riquez...
O capitalismo no país das maravilhas
23/03/2015António Santos
Há actualmente 15 milhões de crianças com fome nos EUA. Destas, 1,5 milhões não tem casa. Com efeito, na lista de países que melhor protegem a...
Brasil na encruzilhada
23/03/2015Luís Carapinha
Pensar as crises
11/03/2015Antoine Casanova e Remy Herrera
Grecia: Saír do euro ou suicidio político
09/03/2015Héctor Illueca Ballester
Pontevedra Pontevedra
4/5/2012 Os secretarios comarcal e xeral salientaron o seu compromiso co proxecto sindical nacionalista dende o seu comezo
A CIG de Pontevedra homenaxeou onte os afiliados e afiliadas con 25 anos ou máis de compromiso co proxecto sindical nacionalista. Preto dun cento persoas recibiu un pequeno agasallo de mans dos secretarios comarcal e xeral da CIG durante o acto celebrado no salón de actos do Pazo da Cultura.
24/4/2012 A Sección Sindical rexeita que o Goberno municipal utilice a prensa para dar a coñecer os recortes de persoal
A Sección Sindical da CIG no Concello de Silleda manifestou a súa disconformidade coas formas utilizadas pola Alcaldía para informar da aplicación dos últimos recortes decretados polo Goberno español, xa que, a pesares de que a central nacionalista ostenta a maioría da representación entre o persoal laboral, e tendo presenza tamén no persoal funcionario, vén de coñecer un suposto plan de axuste do cadro de traballadores/as a través da prensa.
16/4/2012 O responsábel municipal acusou os funcionarios/as pola non contratación de 29 desempregados/as
A sección sindical da CIG no concello de O Grove vén de amosar o seu malestar polas declaracións feitas aos medios de comunicación hai uns días polo concelleiro de persoal nas que manifesta que os funcionarios/as desa entidade local teñen a culpa da non contratación de 29 desempregados/as.
30/3/2012 Os/as traballadores/as en servizos mínimos víronse na obriga de ter realizar máis tarefas das que terían que facer nun día ordinario
A CIG-Saúde vén de denunciar e rexeitar firmemente a política antisindical e de vulneración do dereito de folga dos traballadores e traballadoras amosada pola Consellaría de Sanidade coa programación de “peonadas” durante a xornada de Folga Xeral do 29 de Marzo, nos Quirófanos do Hospital de Montecelo. Deste xeito, o persoal que estaba en servizos mínimos veuse obrigado a realizar tarefas distintas das que terían que levar a cabo nun día ordinario de traballo, é dicir, a desenvolver unha programación a maiores non urxente e que polo tanto non entra dentro do que se entende por Servizos Mínimos.
23/2/2012 Esixen o pagamento de parte dos terreos que ocupaba GEA en Vigo e que foron adquiridos hai anos por unha inmobiliaria de Azkar
Un grupo dunhas 50 ex traballadoras e ex traballadores do Grupo de Empresas Álvarez (GEA), trasladaranse este xoves até Culleredo para realizar unha concentración diante das instalacións que Transportes Azkar ten no Polígono de Ledoño. Con esta nova protesta, o persoal quere esixir o pagamento das contías económicas que a empresa “Inmobiliaria Subel” –propiedade de Azkar- adebeda aos ex traballadores e ex traballadoras de GEA de Arcade e Vigo.
21/2/2012 Critica que se vaian a perder 150 postos de traballo cando existe unha oferta polas plantas de Ribadumia e Vilaxoán
A CIG denuncia que a falta de vontade política da Xunta de Galiza fai practicamente imposíbel o mantemento de 150 empregos nas plantas de Vilaxoán e Ribadumia da conserveira Alfageme. Dende a central nacionalista sosteñen que as traballadoras séntense enganadas polos responsábeis autonómicos despois de que apoiasen publicamente a venta da empresa a un grupo cántabro cando dous días antes o Igape comunicoulle ao xulgado que non se faría cargo do importe dos avais, requisito imprescindíbel para facer posíbel a operación.
15/2/2012 Antes da mobilización preparatoria da folga xeral, que rematou diante da Subdelegación do Goberno español, celebrouse unha asemblea para analizar as novas medidas económicas
Máis de 200 delegados e delegadas da CIG de Pontevedra percorreron este mediodía o centro da cidade en manifestación para rexeitar a nova reforma laboral do Partido Popular e chamar á veciñanza a loitar na defensa dos seus dereitos sumándose á folga xeral convocada pola central nacionalista a finais de marzo. Antes da mobilización, que rematou diante da Subdelegación do Goberno español, tivo lugar unha asemblea na que se analizaron as últimas medidas económicas impostas contra a clase traballadora e que ataca dereitos básicos da maioría social.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com