Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grecia: Existe un "bo dracma"?
02/09/2015Michel Husson
A experiencia recente mostra que a redución de salarios en Grecia non se traduciu nunha redución de prezos senón nun aumento das marxes de benefi...
O euro e o desemprego em Portugal
01/09/2015Manuel Brotas
São menos os trabalhadores portugueses que produzem riqueza e maior a proporção dos trabalhadores, igualmente explorados, que asseguram a circula...
A era das guerras imperiais (Das guerras regionais, às "mudança de regime" e à guerra global)
31/08/2015James Petras
Milhões de refugiados de guerra escapam rumo à segurança na Europa Ocidental, juntando-se aos milhões de refugiados económicos que fugiram da p...
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Vigo Vigo
1/9/2015 A plataforma SOS Sanidade Pública apoia a mobilización que terá lugar este xoves día 3
A Xunta de Persoal do Chuvi chama o conxunto da cidadanía a participar na manifestación que sairá do hospital Xeral de Vigo este xoves día 3 de setembro ás 20.00 horas para rexeitar os recortes no novo hospital da cidade en defensa da área sanitaria. A plataforma SOS Sanidade Pública, que apoia a mobilización, mantivo semanas atrás unha xuntanza cos grupos parlamentares de BNG, AGE e PSOE e con Podemos para que participen da protesta e se fagan eco das denuncias do colectivo.
31/8/2015 A central xa denunciara que consideraba precipitado o cambio antes de facer unha avaliación de riscos
Diante da paralización do traslado ao novo hospital de Vigo acordada polo Sergas o venres pasado ao parecer tras detectarse a presenza de xermes, e á espera de que se confirmen as circunstancias concretas e as medidas a tomar para garantir a continuidade asistencial dos pacientes que xa están no centro, a CIG-Saúde reclama a dimisión da conselleira de Sanidade e do xerente da EOXI. A central xa denunciara que consideraba precipitado o cambio antes de facer unha avaliación de riscos.
31/8/2015 A FGAMT-CIG reclámalle á Audiencia Nacional a súa anulación e á Inspección de Traballo que dea de baixa os traballadores/as para que poidan cobrar a prestación por desemprego
O cadro de persoal de Freiremar, firma de alimentación con sede en Vigo, considera fraudulento o novo ERE extintivo que vén de presentar a empresa ao entender que a súa única finalidade é abaratar as indmenizacións por despedimento. Diante disto, a A FGAMT-CIG reclámalle á Audiencia Nacional española a súa anulación e á Inspección de Traballo que dea de baixa os traballadores/as para que poidan cobrar a prestación por desemprego.
26/8/2015 A CIG-Saúde alerta sobre a problemática que afecta a Unidade de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos
A CIG-Saúde vén de denunciar diante da opinión pública que a Unidade de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos do novo hospital de Vigo -integrada no servizo de Hematoloxía, cuxos pacientes foron trasladados/as onte ao recén estreado centro médico- “ten o seu futuro en risco por non terse escoitado os requirimentos das e dos profesionais no deseño e construción do novo hospital”.
20/8/2015 A maioría teñen que ver con problemas de deseño estrutural mais tamén con aspectos de carácter arquitectónico
A CIG-Saúde de Vigo vén de presentar perante a Inspección de Traballo unha nova denuncia na que se poñen de manifesto cinco situacións de risco para traballadoras e traballadores e para pacientes do Novo Hospital de Vigo. Desde bolardos que non cumpren a legalidade até falta de sinalización de evacuación, falta de ventilación, distancia dos tanques de subministro de nitróxeno líquido maior da recomendada ou problemas de protección e seguridade biolóxica.
14/8/2015 Unha denuncia ante Inspección de Traballo pon de relevo os numerosos incumprimentos
A CIG-Saúde de Vigo vén de denunciar nunha rolda de prensa os “numerosos e flagrantes” incumprimentos da normativa legal en materia de prevención de riscos laborais por parte da xerencia do Novo Hospital de Vigo, “pondo en perigo a traballadores/as e usuarias/os”. Estas “graves deficiencias” motivaron xa unha denuncia ante Inspección de Traballo, ademais da exixencia por parte da federación de saúde da central nacionalista de paralizar o traslado de forma inminente. Segundo a central, os intereses económicos da contrata e maila falta de planificación prexudican, mais unha vez, os dereitos de doentes e profesionais.
7/8/2015 O Concello adxudicou o contrato a empresa Althenia, que na oferta técnica tampouco contempla a subrogación de todos os/as traballadores/as
A representación da CIG no servizo de mantemento dos parques e xardíns de Vigo (até agora xestionado por Cespa) trasladou publicamente este venres a súa preocupación pola concesión do mesmo á empresa Althenia, cuxa oferta económica supón unha rebaixa no prezo do servizo do 26%, o que significará recortar seis millóns de euros en catro anos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com