Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
Vigo Vigo
17/3/2016 A CIG e CCOO rexeitan que a empresa aplique a reforma laboral para substituír emprego a tempo completo por contratos por horas
Os delegados/as sindicais da CIG e de CCOO no comité de empresa de Media Markt en Vigo denuncian despidos inxustificados, deterioro das condicións laborais, presións e falta de persoal. Ascen trais censuran que a empresa estea a aplicar a última reforma laboral do PP para substituír emprego a tempo completo por contratos por horas.
17/3/2016 O paro indefinido suspendérase unha vez que a empresa se amosou disposta a negociar
O persoal de Faurecia Escapes, empresa do sector do automóbil con sede en Vigo, decidiu esta mañá desconvocar finalmente a folga indefinida tras o acordo que garante a carga de traballo e o emprego na fábrica para os vindeiros anos. O paro indefinido, que non chegou a facerse efectivo, fora adiado unha vez que a dirección se amosou disposta a negociar coa representación dos traballadores/as.
17/3/2016 O paro indefinido iniciado hoxe polo persoal da subcontrata Servicarne afectou a produción da compañía cárnica do Porriño
Máis do 80% do persoal autónomo dependente da empresa Frigolouro do Porriño (do grupo ourensán Coren) secundou a primeira xornada de folga convocada pola CIG para reclamar melloras nas súas condicións laborais. O paro indefinido iniciado hoxe polos falsos autónomos/as pertencentes á subcontrata Servicarne afectou a produción da compañía cárnica con sede no Porriño.
16/3/2016 O paro indefinido promovido pola CIG na compañía pontevedresa comeza este xoves
A CIG convoca folga indefinida na empresa Frigolouro do Porriño a partir deste xoves día 17 para reclamar “unhas mínimas condicións laborais” para o persoal autónomo dependente que pertence a Servicarne. A decisión foi adoptada tras constatar a falta de diálogo e compromiso da dirección da compañía de alimentación con respecto á mellora das condicións de traballo.
14/3/2016 Un forte dispositivo policial impediu que a mobilización se achegase até o acto no que participaron as titulares de Emprego e Fomento
A xunta de persoal e o comité de empresa do persoal laboral dos servizos periféricos da Administración xeral do Estado desenvolveron hoxe unha protesta para rexeitar a privatización de servizos públicos por parte do Goberno do PP durante a visita de dúas ministras a Vigo. As titulares de Emprego e Seguridade Social e Fomento achegáronse até a antiga Metalúrxica, futura sede da Tesorería da Seguridade Social, para colocar a primeira pedra das obras de rehabilitación, mais un forte dispositivo policial impediu que a mobilización tivese lugar nas inmediacións do edificio.
9/3/2016 Durante a protesta, que fai parte da campaña de conmemoración do 10 de Marzo, tamén rexeitaron a represión sindical nas compañías
Arredor dun cento de delegados/as da CIG na automoción viguesa desenvolveu hoxe unha concentración ás portas da empresa Antolín, situada no polígono industrial de Valadares, para denunciar a crecente precarización e os recortes salariais e nas condicións laborais que están a aplicar as compañías do sector. Durante a protesta, que fai parte da campaña comarcal de conmemoración do 10 de Marzo, tamén se rexeitou a represión sindical e a chantaxe por parte das direccións das empresas.
9/3/2016 O comité da firma viguesa tomou a decisión unha vez que Citroën apostou por un competidor para fabricar as pezas do novo modelo K9
O comité de empresa de Faurecia Emissions Control Technologies España, con sede no Camiño do Caramuxo 33 de Vigo, convoca folga indefinida a partir do martes 15 de marzo para denunciar que a dirección da compañía do sector do automóbil non garante a carga de traballo suficiente para manter o actual cadro de persoal nos vindeiros anos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com