Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A hipocrisia com que a classe dominante em França se quis aproveitar dos ataques terroristas da passada semana pode sair-lhe pela culatra. Com a me...
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
Confederal
23/1/2015 Este venres presentáronse as alegacións aos expedientes sancionadores abertos a membros da CIG que participaron na protesta contra as políticas impostas pola troika
A CIG, xunto co BNG, presentou este venres na Subdelegación do Goberno na Coruña as alegacións aos expedientes administrativos abertos a Paulo Carril, Xavier Aboi e Rubén Cela, aos que se pretende sancionar pola súa participación na protesta do pasado mes de agosto contra as políticas impostas pola troika, convocada con motivo da visita de Angela Merkel e Mariano Rajoy a Compostela.
22/1/2015 Descenden ocupación e actividade e medra a precariedade con 29.000 ocupados/as menos a tempo completo e 12.400 máis a tempo parcial
Segundo se tira dos datos da Enquisa de Poboación Activa do IV Trimestre, o ano 2014 rematou en Galiza cun total de 263.800 desempregados/as e unha taxa de paro do 20,9% (0,7 puntos máis), o que se traduce en valores absolutos en 5.500 desempregados/as máis que no trimestre anterior.  O paro descendeu nun punto respecto a hai un ano, porén diminuíron tamén as taxas de ocupación e de actividade e houbo unha perda de poboación nese período de 29.000 persoas, das que 24.600 eran mozos/as de entre 16 e 34 anos. 
19/1/2015 O acto de entrega será o vindeiro día 13 de febreiro, ás 11:00 h nos xulgados de Fontiñas en Compostela
A CIG, xunto con outras organizacións e colectivos sociais, vén de pór en marcha unha campaña de recollida de autoinculpacións en solidariedade coas persoas encausadas pola súa participación na mobilización convocada o 25 de agosto contra as políticas impostas pola troika, coincidindo coa visita a Compostela de Angela Merkel e Mariano Rajoy. As autoinculpacións teñen que ser entregadas nos locais do sindicato antes do venres día 13 de febreiro, data na que está prevista unha concentración diante do Xulgado nº 2 de Compostela, en Fontiñas, para a súa presentación. 
14/1/2015 A central nacionalista denuncia a utilización electoralista por parte do Goberno da Xunta de Galiza dunha problemática tan grave como o desemprego
Diante dos acordos que veñen de asinar a Xunta de Galiza, a CEG, CCOO e UGT, no que denominan mesas de diálogo social, dende a CIG queremos facer as seguintes consideracións ao respecto:
9/1/2015 Paulo Carril: “Isto dálle máis razóns as clases populares galegas para continuar denunciando non só as súas políticas senón tamén a represión que se quere impor”
As cinco persoas que até o de agora recibiron comunicación de sancións económicas e de apertura de procesos penais pola súa participación nas mobilizacións contra as políticas impostas pola troika -coincidindo coa visita da chanceler alemá Angela Merkel e o Presidente do goberno español, Mariano Rajoy, o pasado 25 de agosto-, compareceron en rolda de prensa acompañadas da Videpresidenta de Esculca, Iolanda Ferreiro, para denunciar a política represiva e o intento de criminalización da mobilización social por parte do goberno español.
5/1/2015 O número de persoas desempregadas que non cobran ningún tipo de prestación supera xa as 120.000
Sobe a paro, descende a afiliación á Seguridade Social, descende o número de persoas que cobran algún tipo de prestación e segue aumentando a temporalidade porque malia isto, aumenta o número de contratos. Diante desta situación a CIG considera non só inadmisíbel senón “falsa” a mensaxe emitida polo goberno do PP na Xunta de Galiza e polo propio Presidente da Xunta, que no seu discurso de fin de ano afirmaba que “a Galiza que destruía emprego é agora unha Galiza que está empezando a crear emprego”.
2/1/2015 Solidarízase cos compañeiros sobre os que pesan denuncias policiais por ter participado na manifestación contra a troika e prepara unha resposta acaída
A CIG manifesta o seu máis rotundo rexeitamento ante o intento do goberno de criminalizar a mobilización social protagonizada por centos de persoas que se congregaron o pasado 25 de agosto en Compostela para expresar a súa oposición ás políticas da troika, coincidindo coa visita oficial á capital de Galiza de Angela Merkel e Mariano Rajoy. Denuncia que se pretende presentar a agredidos como agresores co obxectivo de xustificar a desmesurada actuación policial que se produciu ese día contra as e os manifestantes e buscar un castigo exemplarizante para reprimir non só esta senón futuras protestas contra as súas políticas sociais e económicas. 
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com