Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
Confederal
25/5/2016 Baixo ese título celebrarase unha conferencia o venres 27 na UdC na que participa , entre os relatores, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo
A esta pregunta tratarase de dar resposta o vindeiro venres, día 27 de maio, nunha conferencia que terá lugar, ás 12:00 horas, no Salón de Graos da facultade de Dereito da Universidade da Coruña, na que entre os poñentes figura o secretario xeral da CIG, Suso Seixo. A central sindical é, ademais, unha das entidades colaboradoras no evento.
18/5/2016 Reuniuse esta mañá con representantes do grupo Mixto, PSOE e PP
Representantes da Executiva da CIG reuníronse este mércores cos grupos parlamentarios mixto, popular e socialista para denunciar o grave deterioro da negociación colectiva en Galiza e solicitar a presentación de iniciativas na cámara que permitan camiñar cara a un Marco Galego de Relacións Laborais. O grupo mixto manifestou o seu compromiso a facelo e as e os representantes de PP e PSOE comunicaron que debaterán as propostas nos seus grupos para tomar unha decisión ao respecto.
16/5/2016 Dedica a portada á enquisa sobre os riscos novos e emerxentes nas empresas europeas, ESENER-2, que pon en cuestión pola metodoloxía empregada
“Os tipos de emprego, as condicións de traballo e o propio desemprego teñen unha implicación directa sobre a saúde dos/as traballadores/as afectados/as, así como no desenvolvemento das desigualdades asociadas á clase social ou ao xénero”. Esta cuestión é analizada de forma demorada no Boletín número 19 que publica o Gabinete Técnico de Saúde Laboral.
12/5/2016 As Executivas de CIG e ELA acordan, nunha reunión en Compostela, elaborar unha declaración conxunta
Unha representación das Executivas da CIG e de ELA, encabezadas polos seus secretarios xerais, Suso Seixo e Adolfo Muñoz “Txiki”, reuníronse este martes 10 de maio en Santiago de Compostela para analizar a situación sindical, social e política en Galiza, Euskal Herria e no Estado español. Nesta xuntanza, entre outras cousas, as dúas centrais sindicais afondaron no impacto da estratexia que lideran a CEOE con CCOO e UGT para estatalizar a negociación colectiva.
9/5/2016 Reuniuse esta mañá con representantes do BNG e AGE que manifestaron o seu apoio ás demandas da central sindical
Unha representación da Executiva da CIG reuniuse este luns con representantes dos grupos parlamentares do BNG e AGE para alertar do grave deterioro que sofre a negociación colectiva en Galiza e solicitar a presentación de iniciativas en defensa dun Marco Galego de Relacións Laborais. Ambos os grupos manifestaron o seu apoio ás propostas da central sindical que está pendente de manter xuntanzas tamén, ao longo desta semana, co PSOE e co Grupo Mixto. O único que non contestou aínda foi o PP.
1/5/2016 O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, esixiu a derrogación dunhas medidas que precarizan o emprego e criminalizan a resposta social
A clase traballadora galega ateigou as rúas das principais cidades e vilas do país convocada pola CIG este domingo 1 de maio, Día Internacional da Clase Obreira, para rexeitar as reformas laborais e a lei mordaza. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, que participou na manifestación de Vigo -que foi a máis numerosa do país con arredor de 10.000 asistentes-, esixiu a derrogación dunhas medidas que precarizan o emprego e criminalizan a resposta social contra os recortes.
29/4/2016 Fixeron un chamamento conxunto á mobilización, no Primeiro de Maio, en demanda da derrogación das reformas laborais e da lei mordaza
Unha representación das executivas da CIG e do BNG, encabezadas polo secretario xeral, Suso Seixo e a portavoz nacional, Ana Pontón, reuníronse esta venres para realizar unha análise da situación sociolaboral en Galiza. Unha xuntanza tras da que Seixo demandou a inmediata derrogación das reformas laborais e da lei mordaza.
cig.prensa@galizacig.com