Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Nos 70 anos da Vitória de 1945
13/05/2015Jorge Cadima
A História mostra que o fascismo torna-se uma ameaça séria quando as classes dominantes optam pelo exercício do seu poder através da violência...
O medo de sair da zona do euro não deveria mais paralisar a Grécia
13/05/2015Stathis Kouvélakis
O que está em jogo na Grécia é a possibilidade de uma mudança radical e uma virada política na direção da emancipação não só de um povo e...
Stathis Kouvelakis
13/05/2015
...
Odessa não esquece
08/05/2015Luís Carapinha
Cumpriu-se o primeiro aniversário dos sangrentos acontecimentos de 2 de Maio em Odessa que culminaram com o incêndio e a chacina na Casa dos Sindi...
Grécia, ditadura financeira e caos
08/05/2015Immanuel Wallerstein
A Grécia foi admitida na zona do euro em 2000, supostamente por ter alcançado as exigências formais para isso. Quando, depois de 2008, a dívida ...
Hai alternativas ao TTIP e aos tratados de “libre comercio”?
05/05/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
Tragédia no Mediterrâneo
30/04/2015Albano Nunes
Confederal
30/10/2010 Contra a reforma laboral, a reforma das pensións, as propostas de reforma da negociación colectiva e contra os orzamentos presentados pola Xunta de Galiza
A CIG ten convocada, para o vindeiro mércores día 3 de novembro, unha manifestación nacional de delegados/as que sairá ás 11:00 horas de San Lázaro e marchará até a Xunta de Galiza. A manifestación convócase para demandar a retirada da reforma laboral, aprobada no mes de xuño, para frear as propostas de reforma das pensións e da negociación colectiva e contra os orzamentos presentados pola Xunta de Galiza. Uns orzamentos regresivos nos que cae o capítulo de investimentos e nos que se favorece a progresiva privatización dos servizos públicos.
29/10/2010 A central rexeita a composición da Comisión de seguimento dos efectos da normativa nas centrais galegas, constituída este venres
A CIG recibiu con cautela a decisión do Tribunal de Xustiza da UE e da Audiencia Nacional de bloquear temporalmente a aplicación do chamado Decreto do Carbón, á espera dos pasos que tome o goberno español a respecto destas medidas. Para a CIG esta noticia vén confirmar que existen indicios máis que suficientes sobre a forma irregular na que a o goberno modifica o sistema eléctrico ao primar o consumo de hulla española. Dende o sindicato nacionalista reclámase a modificación da nova normativa para evitar que só as centrais galegas sexan penalizadas, así como un cambio na composición da Comisión de seguimento dos efectos do decreto nas plantas de Meirama e As Pontes.
25/10/2010 A Plataforma urxe ao goberno español á constitución da “comisión de seguimento” para que en menos de seis meses a norma estea cambiada
Arredor de 6.000 persoas participaron este domingo na manifestación convocada en Ferrol contra o Decreto do Carbón, na defensa da produción enerxética galega e dos máis de 3.000 postos de traballo dependentes da actividade das centrais de As Pontes e Meirama. A marcha, que saíu dende a Praza de España baixo unha intensa choiva, rematou cunha concentración diante da Praza de Armas, onde a actriz Mercedes Castro deu lectura a un manifesto denunciando as consecuencias do decreto para Galiza e demandando ao goberno estatal que poña en funcionamento de xeito urxente a anunciada “comisión de seguimento”, co obxecto de que “nun prazo moi inferior aos seis meses” o decreto estea modificado e non sexan as centrais galegas as únicas prexudicadas pola cota política a favor da hulla española.
23/10/2010 Aínda que o Ministerio de Industria confirmou que recibirá a CIG, a central advirte que acudirá ás mesas de seguimento para buscar solucións
A CIG compareceu esta mañá en rolda de prensa nas Pontes para valorar os últimos movementos realizados polo goberno estatal a respecto do Decreto do Carbón, así como anunciar o remate da folga de fame que dende o pasado sábado viñan mantendo os compañeiros Fernando Branco e Alberte Amado, logo de que o Ministerio de Industria confirmase que vai convocar á central nacionalista a unha xuntanza nos vindeiros días. Non obstante, a CIG apuntou que está disposta a negociar na “comisión de seguimento” anunciada polo titular español de Industria, mais advertiu que esa mesa deberá servir para buscar solucións, razón pola cal a loita continuará até que se concrete unha normativa que non sexa lesiva para Galiza. Por iso, dende a central nacionalista reiterouse o chamamento a participar na manifestación convocada para este domingo 24 de outubro en Ferrol, con saída ás doce do mediodía, dende a Praza de España.
22/10/2010 A marcha en contra do Decreto do Carbón sairá ás 12:00 horas dende a Praza de España de Ferrol
A CIG anima a todos os galegos e galegas a participar na manifestación do vindeiro domingo 24 de outubro, en Ferrol, en contra do Decreto do Carbón e polo dereito a producir e a traballar na nosa terra. A marcha sairá ás 12:00 horas dende a Praza de España e rematará cunha concentración na Praza de Armas, onde se procederá a lectura dun manifesto. Dende a central nacionalista agárdase que este convocatoria se converta nunha gran demostración do rexeitamento social ao Real Decreto que faga mudar da súa posición ao goberno español.
21/10/2010 Fernando Branco e Alberte Amado desenvolven a sexta xornada de folga de fame á espera dun cambio de postura por parte do goberno
A CIG continúa este xoves coas protestas en contra do Decreto do Carbón e pola defensa dos postos de traballo que dependen da actividade das centrais de Meirama e As Pontes. Os compañeiros Fernando Branco e Alberte Amado proseguen adiante coa folga de fame iniciada o pasado sábado 16 de outubro, na espera dunha contestación por parte do Ministerio á solicitude de xuntanza cursada pola central sindical. Ambos compañeiros aseguraron sentirse “perfectamente” e con ánimos abondos para continuar adiante coa súa loita. Pola súa banda, o Comité de Meirama, Sabón e delegados das empresas auxiliares realizaron unha nova marcha, nesta ocasión até o Concello de Arteixo, en contra deste Real Decreto.
21/10/2010 Convoca unha manifestación de delegados/as para o día 3 de novembro e manifestacións en todas as comarcas para o día 18 dese mesmo mes
A CIG anunciou esta mañá, en rolda de prensa, a convocatoria de mobilizacións no mes de novembro, para exixir novamente a retirada da reforma laboral, para demandar que non se leve a cabo a reforma das pensións e para demandar medidas estruturais dirixidas a mudar o actual modelo económico neoliberal, por outro máis xusto e sustentábel. O día 3 de novembro, está convocada unha asemblea nacional de delegados, que rematará cunha manifestación en Compostela, e o día 18 celebraranse manifestacións en todas as cidades, entre as 19:00 e as 20:00 horas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com