Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
O neoliberalismo do século XX foi uma tragédia. Um neoliberalismo do século XXI seria uma nova tragédia e uma farsa. O neoliberalismo surgiu...
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
Confederal
1/6/2010 En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos
A CIG fai un chamamento aos empregados e empregadas públicos/a a participar nas mobilizacións convocadas en toda Galiza en defensa dos salarios, do emprego, dos servizos públicos e da súa dignidade como traballadores/as que prestan uns servizos útiles e necesarios para a sociedade. A CIG manifesta que non se pode consentir que o goberno de turno tome a estes traballadores/as como cabeza de turco para pagar as consecuencias dunha crise que non provocaron e alerta de que se non hai unha resposta contundente nas diferentes mobilizacións convocadas, as medidas que se apliquen poderían ser aínda máis fortes.
31/5/2010 Pola súa política xenocida contra a poboación palestina, polo ataque perpetrado contra a “flota da liberdade” e polo asasinato de civís que formaban parte da súa tripulación
A Confederación Intersindical Galega, diante do atroz ataque que vén de perpetrar o exército israelí contra a chamada “flota da liberdade”, exixe a urxente actuación dos organismos internacionais para que se impoñan de forma inmediata sancións contra Israel. A CIG denuncia a hipocrisía da UE e dos organismos internacionais en xeral, nomeadamente a ONU, por permitir o reiterado incumprimento, por parte de Israel, das resolucións internacionais e o xenocidio do pobo palestino, mentres que non ten problema algún por impor bloqueos, sancións de todo tipo e mesmo actuacións militares contra outros países, en función dos seus intereses económicos e xeoestratéxicos.
28/5/2010 Os esforzos centraranse nas empresas, na negociación colectiva e nas eleccións sindicais, pero tamén na rúa e nas organizacións sociais nas que teñan presenza
A conferencia sindical celebrada en Compostela este venres pechou o ciclo de xuntanzas impulsadas pola dirección da central co obxectivo de debater sobre a actual situación de crise económica, as súas consecuencias e as medidas que se están a impor, e implicar a todos e cada un dos seus cadros para que este debate se reproduza nas empresas, na rúa e en todas as organizacións sociais das que forman parte. A CIG pretende vencer así o abafante silencio mediático que se cerne, agora con máis forza que nunca, sobre quen discrepa ou cuestiona o sistema, para reactivar a mobilización social; enfrontarse a este modelo inxusto, insolidario e insostíbel; dar a coñecer as alternativas que defende e loitar por un novo modelo social, político e económico.
28/5/2010 A organización Asemaco e CCOO e UGT rexeitan redactar o texto na lingua do país alegando que é un “capricho” da central
CIG-Servizos rexeitou asinar o Convenio de Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra despois de que a asociación de empresarios do sector e as centrais CCOO e UGT se negasen a firmar o documento en galego aducindo que se trataba dun “capricho” dos representantes do sindicato nacionalista.
27/5/2010 As centrais con representación en Caixanova e Caixa Galicia tamén reclaman a convocatoria urxente da mesa de negociación do pacto
As cinco centrais sindicais con representación nas caixas galegas -CIG, CCOO, UGT, CSICA e CGT- esixen ás empresas que faciliten toda a información referente ás previsións que manexan no que respecta ao emprego e ás relacións laborais dos traballadores.
27/5/2010 Delegados e delegadas da área pública concentráronse diante da Delegación do Goberno coincidindo coa votación das medidas “anticrise” no Congreso
Ducias de delegados e delegadas da CIG da área pública concentráronse esta mañá diante da Delegación do Goberno en A Coruña para amosar o rotundo rexeitamento da central ás medias de recorte do déficit público que veñen de aprobarse no Pleno do Congreso. Durante a protesta, a CIG reclamou un cambio de modelo, unha aposta por reformas de carácter estrutural profundas e reiterou o chamamento a UGT e CCOO de cara a preparar a convocatoria inmediata dunha folga xeral, que paralice a consolidación de novos ataques á clase traballadora.
26/5/2010 O operario, que ten importantes queimaduras, traballaba sen medidas de seguridade e foi trasladado en furgoneta ao hospital para ocultar o suceso
A CIG denunciará diante da Fiscalía o caso dun traballador que resultou ferido de gravidade a causa dunha explosión producida cando pintaba o tanque da sala de máquinas dun barco no estaleiro vigués Armón. A central nacionalista intentará que se depuren as responsabilidades penais correspondentes tras constatar que os empregados de Chogal, compañía á que pertence o afectado, desenvolvían o seu traballo sen as máis mínimas medidas de seguridade a escasos metros dos soldadores. Isaac González recupérase agora de queimaduras de primeiro e segundo grao en cara e brazos tras pasar  o día posterior ao accidente na UCI a causa dunha inflamación de tráquea.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com