Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
O neoliberalismo do século XX foi uma tragédia. Um neoliberalismo do século XXI seria uma nova tragédia e uma farsa. O neoliberalismo surgiu...
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
Confederal
25/5/2010 A central agarda o pronunciamento do fiscal especializado en Sinistralidade Laboral tras constatar a presenza deste material tóxico
A Confederación Intersindical Galega cualifica de “neglixente” a actuación da Inspección de Traballo despois de que as análises encargadas pola central constatasen a presenza de amianto nas obras da sede central de Caixanova en Vigo. A central nacionalista advirte que este material supón un risco para os operarios/as que desenvolven o seu labor no edificio e lembra que un inspector deste organismo chegou a paralizar os traballos despois da visita do xefe de Hixiene Industrial do Instituto Galego de Saúde Laboral (ISSGA).
25/5/2010 Coincidindo co debate no Congreso dos Deputados do Real Decreto de medidas extraordinarias para a redución do déficit público
As federacións da area pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) veñen de convocar unha concentración para o vindeiro xoves, día 27 de maio, ás 11:30 horas, diante da Delegación do Goberno da Coruña, coincidindo co debate, no Congreso dos Deputados, do Real Decreto-Lei 8/2010, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público.
20/5/2010 A central denuncia a burla e desconsideración cos representantes dos traballadores/as, aos que se lles negou información sobre as medidas aprobadas hoxe polo Consello de Ministros
Arredor de 3.000 empregados e empregadas públicas, acompañados por delegados/as da CIG, participaron nas concentracións convocadas pola central para amosar o seu contundente rexeitamento ás medidas regresivas e antisociais aprobadas polo Consello de Ministros deste xoves, día 20 de maio, e denunciar a burla e desconsideración cos representantes dos traballadores, ao ser convocada no mesmo día, a Mesa Xeral de Negociación. O representantes da CIG, que asistiron a esta mesa denunciaron ademais que lle foi denegado o documento que, posteriormente aprobou o Consello de Ministros.
20/5/2010 Vigo acolleu unha nova Conferencia Sindical na que a central debateu o seu papel nesta transformación
A Confederación Intersindical Galega aposta por un novo modelo económico e social máis xusto, solidario, sostíbel e que garanta os servizos básicos como única saída da crise económica. A central nacionalista celebrou na mañá do mércores 19 de maio unha nova conferencia sindical, nesta ocasión en Vigo, para analizar a actual situación socioeconómica e debater o seu papel na defensa dos intereses da clase traballadora e como motor desta transformación. No acto participaron o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, o Secretario Comarcal de Vigo, Serafín Otero, e os membros da Executiva Confederal Antolín Alcántara, Francisco Miranda e Manuel Currás.
20/5/2010 Ese mesmo día estará na Unión Local o secretario xeral, Suso Seixo
No marco dos actos previstos para celebrar o 25 aniversario da central sindical en Valdeorras, os compañeiros da Unión Local en Valdeorras informan que o próximo día 27 de maio contarán coa presenza do secretario xeral, Suso Seixo. Ese mesmo día teñen prevista a celebración dunha conferencia na que os xornalistas que cubriron a información nos primeiros anos da CIG-Valdeorras contarán a súa experencia.
20/5/2010 Núñez Feijóo desoe a miles de persoas, organizacións sociais, institucións e mesmo ao Consello Consultivo
A plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 700 diversas entidades que teñen como nexo común a defensa da lingua propia de Galiza, rexeita o “decretazo contra o galego” que volveu presentar esta mañá o presidente da Xunta “con só unha pequeniña nova capa de maquillaxe”.
20/5/2010 O Consellos de Ministros desta tarde concretará as medidas a adoptar e a súa aplicación
A CIG esixiu esta mañá a retirada de todas as medidas antisociais propostas polo Goberno de Zapatero durante o decurso da Mesa Xeral da Función Pública. Nesta reunión, explica a Secretaria Nacional da CIG-Administración e representante da central, María Carme López Santamariña, a Administración non fixo entrega de ningún documento, limitándose verbalmente a dar a pouca información “á que estaban autorizados”, xa que as medidas a tomar concretaranse hoxe no Consello de Ministros que se celebrará ás 16::30 horas. Dende a CIG cualifícase a Mesa de “tomadura de pelo” e ínstase a toda a cidadanía a participar esta tarde nas concentracións convocadas nas sete cidades galegas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com