Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Cinquenta anos de guerras imperiais: resultados e perspectivas
20/04/2015James Petras
Os EUA e seus aliados ocidentais, em especial a Alemanha, expandiram com êxito o seu império na Europa de Leste, nos Balcãs e no Báltico sem dis...
América Latina despois de Panamá
16/04/2015Juan Manuel Karg
Aínda que Obama logrou a foto que quería xunto a Raúl Castro, e aproveitou os días previos para se reunir cos países do Caribe nucleados en Car...
Algumas notas sobre o TTIP (Acordo de Parceria Transatlântica de Comércio e Investimento UE-EUA)
16/04/2015João Ferreira
O TTIP comporta sérias ameaças ao emprego – levando a uma corrida ao fundo no plano dos direitos, salários e condições de trabalho. Sublinhe-...
Eric Toussaint: “A débeda ilexítima non se debe pagar”
16/04/2015
 Eric Toussaint, Coordinador da comisión do Parlamento de Grecia para a auditoría da Débeda, e Adolfo Muñoz "Txiki", secretario xeral de EL...
Israel prepara a guerra
13/04/2015Immanuel Wallerstein
O primeiro-ministro de Israel, Benyamin Netanyahu alcançou uma expressiva vitória eleitoral em Israel, em 17 de março. Conseguiu isso fazendo doi...
Caos
10/04/2015Jorge Cadima
O conceito de imperialismo
07/04/2015Prabhat Patnaik
Alvos de guerra
07/04/2015Max Altman
Confederal
28/7/2010 O 31,9% da mocidade galega está no paro; o 63% dos menores de 24 anos e o 42,6% de entre 25 e 29 anos teñen contratos temporais e os salarios non superan os 11.000€
A CIG vén de presentar a campaña que baixo o lema “Non á explotación xuvenil! Emprego digno para a mocidade!, acordou pór en marcha para chamar á mobilización dos mozos e mozas da central sindical, para que participen nos actos previos á folga xeral e se sumen a convocatoria do 29 de setembro. Margarida Corral, secretaria confederal de Muller e Mocidade advertiu da especial incidencia que terá a reforma laboral para este colectivo que atravesa unha dura situación laboral e socioeconómica, tal e como constata o informe “Mocidade e Emprego”, elaborado polo Gabinete Técnico de Economía.
27/7/2010 Reclaman sancións para o axente 'antidisturbios' que ameazou a unha xornalista con "darle unas hostias" por usar o nome oficial dunha praza en Compostela
A celebración Día da Patria en Santiago de Compostela deixou un ano máis distintos exemplos do desprezo da Policía española polo idioma galego. Varios xornalistas foron insultados e ameazados por utilizar a lingua e a toponimia propias do país. O BNG e a Mesa pola Normalización Lingüística reclaman que se investiguen estes sucesos e se sancione aos axentes implicados.
23/7/2010 Presentación de 'Galiza en Suíza' no Festigal, o domingo 25 de xullo, ás 15:30, na Galería das Letras do Festigal
Coa presenza do profesor Luís Manuel Calvo Salgado, da Universidade de Zürich, presentarase o domingo 25 de xullo, ás 15:30 na Galería das Letras do Festigal, o libro Galiza en Suíza, Galicien und die Schweiz, La Galicie en Suisse. 50 anos de presenza galega na Suíza. 50 jahre galicische Präsenz in der Schweiz. 50 ans de présence galicienne en Suisse, con textos en galego, alemán e francés, editado pola Confederación Intersindical Galega, Departamento de Migración, co apoio do Ministerio de Trabajo e Inmigración, Dirección General de la Ciudadanía Española en el Exterior do Estado español.
22/7/2010 A reivindicación da soberanía nacional, este 25 de xullo, cobra máis importancia que nunca pola necesidade de ter competencias políticas para enfrontar a crise económica
A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a todos os seus afiliados/as e simpatizantes para que participen das mobilizacións que o vindeiro 25 de xullo, Día da Patrina Galega, se desenvolven en Santiago de Compostela, así como de todos os actos que se celebren para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.
21/7/2010 As federacións de Administración, Ensino e Saúde da CIG recollerán os apoios á petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o RD 8/2010 e a lei galega 3/2010
As federación de Administración, Ensino e Saúde veñen de pór en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para adherirse á petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto-lei 8/2010 do 20 de maio, polo que se adoptan as medidas extraordinarias para a redución do déficit público e contra a Lei galega 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Xunta de Galiza.
21/7/2010 Celebraron unha xuntanza cos grupos parlamentarios do BNG, Nafarroa Bai, CIU, PNV e PSOE, á que non asistiron nin CC, nin o PP, nin UPyD
CIG e ELA celebraron este mércores, no Congreso dos Deputados, unha xuntanza cos grupos parlamentarios aos que fixeron entrega dunha declaración conxunta na que manifestan o seu rexeitamento á reforma laboral, “tanto pola forma na que se xestou como polos seus contidos totalmente regresivos”, denuncian a crise estrutural do diálogo social, o proceso sumarísimo contra os dereitos laborais e alertan do evidente risco de que, cos apoios logrados polo goberno para que a Reforma vaia adiante, aínda se empeore o seu contido.
9/7/2010 A central nacionalista aposta por unhas entidades de aforros sociais e galegas
Dende o inicio do debate sobre o proceso de reestruturación das caixas de aforros, dende a Confederación Intersindical Galega denunciouse que estabamos ante un proceso de reconversión que tiña como obxectivo definitivo a privatización. A central advertía que tal e como fixo o PSOE hai 10 anos concentrando a banca pública no grupo Arxentaria para a súa posterior privatización, o proceso de concentración das Caixas por decreto tiña o mesmo obxectivo. As declaracións realizadas polo Presidente do Goberno sobre o decretazo que aprobará hoxe o Consello de Ministros, dando entrada ao capital privado nas caixas con dereitos políticos é unha privatización pura e dura. Así mesmo permitir que as caixas se convertan nunha fundación que poda transferir a xestión financeira a un banco é seguir o modelo italiano de privatización das entidades.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com