Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
Confederal
14/7/2014 O Consello de Ministros aprobou, o pasado venres, o Proxecto de Lei, que será remitido aos grupos parlamentares do Congreso previsibelmente esta semana
O pasado venres, día 11 de xullo, o Consello de Ministros aprobaba o ‘Proxecto de Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá’. Un texto ao que a CIG non tivo acceso, máis alá do power point anexo á referencia do propio Consello, no que se manteñen -agás pequenas modificacións- as propostas xa avanzadas cando se presentou como Anteproxecto. Para a central sindical con esta reforma o PP pretende reprimir a mobilización social, limitar o exercicio de dereitos fundamentais como o de folga e eliminar as garantías xudiciais, favorecendo a discrecionalidade nas sancións.
10/7/2014 Considera que é unha burla, cando a central sindical mesmo promoveu unha ILP reclamando a súa supresión
A CIG manifesta a súa profunda indignación polas declaracións da portavoz do PP de Política Institucional, Paula Prado, quen afirmou esta mañá que se está a negociar cos sindicatos a recuperación do plus de altos cargos, ao que se poderían destinar fondos cando se recupere a economía. A coordinadora da Área Pública da CIG, María Carme López Santamariña, afirma ao respecto, con absoluta rotundidade, que “Paula Prado mente”.
4/7/2014 Participou no Encontro “Parlamentarias e sociedade civil polo dereito a un aborto legal, seguro e accesible” onde rexeitou o Seminario Internacional Antiabortista
A Confederación Intersindical Galega participou este xoves no Encontro “Parlamentarias e sociedade civil polo dereito a un aborto legal, seguro e accesible” organizado pola práctica totalidade dos grupos parlamentarios da oposición como resposta á reunión de parlamentarias e parlamentarios antiabortistas que se iniciou onte e continuará este venres.
3/7/2014 A CIG defende un modelo fiscal progresivo, ao servizo da clase traballadora que contribúa á redistribución da riqueza e proporcione recursos para a creación de emprego
O Gabinete de Economía da CIG vén de elaborar un estudo sobre as consecuencias que ten a nova reforma do IRPF promovida polo PP. Unha reforma que prexudica fortemente a progresividade do imposto; vén afondar no incremento do peso dos impostos indirectos sobre os directos; discrimina as rendas do traballo fronte as do capital; non contribúe ao crecemento económico e vai supor unha caída nos ingresos do Estado o que pode provocar novos recortes de investimento público, tanto en servizos públicos esenciais como no sistema público de protección social.
27/6/2014 A protesta, de apoio ás traballadoras e traballadores condenados, enmárcase na campaña das tres centrais sindicais contra a ofensiva represora do PP
Representantes sindicais de CCOO, UGT e CIG presentaron este venres na Fiscalía do TSXG escrito de autoinculpación, recoñecéndose como “indutores das folgas e manifestacións nas que participaron os traballadores e traballadoras condenadas”. A acción enmárcase na campaña de mobilizacións que as tres centrais sindicais están a desenvolver baixo o lema “Defender os dereitos da clase traballadora non é delito”, en rexeitamento á ofensiva opresora do PP e na demanda do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara, e que inclúe a manifestación celebrada onte en Pontevedra e a xornada de mobilizacións prevista para o luns 30 en todo o país.
27/6/2014 Posición ante a privatización definitiva de novagalicia banco e a súa conversión en Abanca
A CIG rexeitou participar este xoves nunha festa presidida por Alberto Nuñez Feijoo, na que se celebrou a privatización definitiva das antigas Caixas de Aforros. Unha venda que se pecha cun burato no erario público de 10.000 millóns de euros. Fronte a isto, a CIG apostou, ao longo do proceso pola conversión da Entidade nunha Banca Pública e Galega, por iso considera que “ non tiñamos nada que celebrar”.
17/6/2014 Nun acto que tivo lugar este martes na Asociación Alexandre Bóveda da Coruña
Representantes da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da que forma parte a CIG, compareceron en rolda de prensa este martes na Coruña, nun acto no que María Xosé Silvar, Sés, fixo entrega ao colectivo dos beneficios obtidos nun dos seus concertos. En agradecemento, dende a Plataforma agasallaron á artista cunha camiseta, unha mochila e unha vulva andina de veludo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com