Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
A UE conduz uma guerra. Descrever essa guerra como uma guerra que opõe países ricos e países pobres não ajuda a entender a sua natureza. É uma ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
Confederal
8/9/2010 Coa mobilización, enmarcada nos actos previos á folga xeral, quérese amosar tamén o rexeitamento á reforma laboral que mañá será ratificada no Congreso
A CIG, dentro do calendario de mobilizacións organizadas para preparar a folga xeral do 29 de setembro, realizou esta mañá asembleas de delegados/as e concentracións nas sete cidades galegas en contra da ratificación definitiva da reforma laboral, que terá lugar o xoves día 9 no Congreso dos Deputados. Desta volta, os delegados e delegadas da central sindical desenvolveron peches simbólicos en diferentes entidades bancarias do País co obxecto de denunciar aos verdadeiros culpábeis desta crise e visibilizar a necesidade de saír desta conxuntura encamiñados cara a un novo modelo económico, social e político.
8/9/2010 Contra a aprobación da reforma laboral, que será ratificada o xoves día 9 no Congreso
Delegados/as da Confederación Intersindical Galega están convocados a participar, hoxe mércores día 8 de setembro, nas asembleas que se celebrarán en todas as comarcas. Ao seu remate, están previstas concentracións nas sete cidades contra a ratificación definitiva da reforma laboral, que terá lugar este xoves, día 9 de setembro, no Congreso dos Deputados.
6/9/2010 Lamenta a decisión da Defensora do Pobo de non interpor recurso de inconstitucionalidade contra as medidas para reducir o déficit
As federacións de Administración, Ensino e Saúde lamentan profundamente a decisión da Defensora do Pobo, de non atender a petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra as ‘medidas para reducir o déficit público’ aprobadas polos gobernos estatal e galego. Malia iso, manteñen a convicción de que se están a vulnerar os dereitos dos/as empregados/as públicos/as e, aínda que suspenden a campaña de recollida de sinaturas posta en marcha o pasado mes de xullo, poñen á súa disposición modelos de reclamación individual, mentres agardan pola resposta da Audiencia Nacional, para saber se admite a trámite a interposición de recurso contra os recortes salariais impostos.
6/9/2010 A central considera que as agresións á clase traballadora van máis alá da reforma laboral e que está en xogo o modelo económico e social cara ao que camiñamos
A CIG presentou, o luns 6 de setembro, na consellaría de Traballo e Benestar a convocatoria de folga xeral, que afectará a todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral en Galiza. A folga comezará ás 0:00 horas do día 29 de setembro e rematará ás 24:00 horas. Con esta convocatoria a central sindical pretende dar unha resposta contundente e frear as agresións das que está sendo obxecto a maioría social, a clase traballadora, e que van máis alá da reforma laboral, e abrir un debate social sobre cara que modelo de organización económica, social e política debemos camiñar.
1/9/2010 Haberá asembleas de delegados/as e concentracións nas cidades o 8 de setembro
A Executiva Confederal da CIG acordou, na súa xuntanza do martes 31 de agosto, estabelecer un calendario de asembleas e concentracións previas á folga xeral convocada para o próximo 29 de setembro. A primeira cita está marcada para o día 7 de setembro, coa celebración dun Secretariado Confederal, e a partir de aí están previstos actos en toda Galiza.
30/8/2010 Foi presentado o pasado domingo na Feira do Libro de Carballo
A publicación do Departamento de Migración da CIG “Galiza en Suíza. Aspectos dunha emigración”, que contou coa colaboración de Luís Manuel Calvo Salgado, profesor de Historia da Universidade de Zürich, a lectora de alemán da Universidade de Santiago de Compostela Elisabeth Graf, a antropóloga social Marianne Helfer e Xurxo Martínez Crespo, de CIG-Migración A Coruña, foi presentada o pasado domingo día 29 de agosto na Feira do Libro de Carballo. O éxito desta publicación transcende fronteiras e a propia axencia estatal de noticias suíza “swissinfo” fíxose eco dos seus contidos.
26/8/2010 Representantes das Federacións de Químicas e Enerxía e do Metal da central mantiveron un encontro en Compostela co Director Xeral de Industria
Representantes da Federación de Químicas e Enerxía e da Federación do Metal da CIG mantiveron esta mañá un encontro co director Xeral de Industria da Xunta para trasladarlle o rexeitamento da central ao Real Decreto 134/2010, polo que se establece o Procedemento de resolución de restricións por garantía de subministro, así como coñecer as actuacións que o Executivo ten intención de levar adiante de cara a paralizar este “veto político” á produción enerxética galega.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com