Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
Confederal
20/2/2015 A central sindical chama a participar nas concentracións convocadas para o próximo luns en diferentes cidades
O Goberno do Partido Popular materializou o abandono do proxecto de reforma integral da Lei do Aborto poñendo en marcha de xeito apresurado, a través dunha proposición de lei orgánica, o cambio dun único artigo, o referido ao permiso paterno para as mulleres de entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o consentimento da/os proxenitoras/es. 
13/2/2015 A CIG ten en marcha unha campaña para dar a coñecer o contido dos tratados transatlánticos que negocia a UE cos EUA e Canadá
Máis explotación, máis pobreza, menos soberanía, menos dereitos e menos democracia. Ese podería ser o resumo das consecuencias que os tratados transatlánticos de libre comercio que a UE está a negociar cos EUA e Canadá -os denominados TTIP e CETA- van supor para as clases populares. Uns acordos que non se discuten en ningún parlamento e cuxas negociacións son secretas. Por iso, a CIG ten en marcha unha campaña que, nunha primeira fase, pretende divulgar o contido dos tratados, ante a escasa información que existe sobre os mesmos e a ocultación por parte dos grandes medios de comunicación de tan grave ataque aos nosos dereitos. 
13/2/2015 Coincidindo coa entrega dos escritos celebrouse unha concentración diante dos xulgados de Fontiñas
Cunha concentración diante dos xulgados de Fontiñas e coa entrega dun total de 775 autoinculpacións manifestábase a solidariedade de militantes da CIG e do BNG cos seus compañeiros: o secretario de Organización da CIG, Paulo Carril; o secretario comarcal da federación de Construción e Madeira da CIG de Lugo, Afonso Losada; o secretario comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xabier Aboi e os afiliados da CIG e membros do BNG Paulo Carballada e Rubén Cela. Encausados polo que definiron como “denuncia falsa da policía” pola súa participación na mobilización contra a visita de Merkel e Rajoy á capital de Galiza. 
12/2/2015 Miguel Malvido: “A situación é de emerxencia nacional, os sectores produtivos están esfarelados e perdemos emprego, ou cambiamos o goberno ou arruínan este país”
A CIG cifrou este xoves, en rolda de prensa, a taxa de paro real nun 35% e en case medio millón o número de persoas desempregadas. A central sindical entende que isto é así porque ao número total de persoas desempregadas que figuran na EPA hai que engadir as máis de 177.000 con ingresos inferiores a 1.872€ brutos ao ano -150€ brutos ao mes-. “Estas traballadoras/es figuran como ocupadas e como tal son consideradas nas estatísticas e nas listaxes da Seguridade Social mais, realmente podemos consideralas como tal?”.
11/2/2015 O venres, ás 11:00 horas diante dos xulgados de Fontiñas, en Compostela
O vindeiro venres día 13 de febreiro, ás 11:00 horas, está convocada unha concentración diante dos xulgados de Fontiñas contra a política represiva do Partido Popular. A mobilización coincide co acto de entrega das autoinculpacións recollidas durante estas últimas semanas en solidariedade coas persoas encausadas pola súa participación na mobilización convocada, o pasado mes de agosto, contra a visita de Angela Merkel e Mariano Rajoy a Compostela.
9/2/2015 Milleiros de persoas percorreron as rúas da capital de Galiza baixo o lema “Polas fillas dos nosos fillos”
Milleiros de persoas –máis de 25.000-  ateigaron este domingo a Praza da Quintana para reclamar o dereito a vivir en galego, denunciar os ataques do PP á nosa lingua e exixir medidas que garantan o seu futuro. A manifestación da plataforma cidadá Queremos Galego, da que forma parte a CIG, foi convocada baixo o lema “Polas fillas dos nosos fillos” e percorreu as rúas compostelás encabezada por un grupo de rapazas e rapaces que portaban unha pancarta na que se lía “Por nós”.
5/2/2015 En 2015 as pensións soben o 0,25%, o que representa un incremento de 1,82€
Pensións dignas. Iso é o que demanda o Colectivo de pensionistas e xubilados/as da CIG. E para iso concentráronse este xoves na Coruña, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo, nuns casos diante da Delegación ou Subdelegacións do Goberno e noutros diante dos edificios do INSS. Unhas mobilizacións no decurso das que fixeron entrega de escritos colectivos en denuncia da raquítica suba, do 0,25% (1,82 euros), aprobada polo Goberno para as súas pensións en 2015.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com