Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
Entrevistas
14/1/2013 O secretario xeral da CIG fai balance de catro anos de crise, das súas graves consecuencias para a clase traballadora galega e para o propio país

A finais de xuño de 2009 celebrábase o V Congreso da CIG. Desde aquela aprobáronse dúas reformas laborais; a reforma da negociación colectiva; a das pensións; a da Constitución; o copagamento sanitario; a lei de taxas xudiciais; recortes na sanidade e no ensino público; privatizacións de empresas e servizos públicos...A clase traballadora foi literalmente saqueada, provocando un retroceso impensábel, hai uns anos, nas súas condicións laborais, salariais e de vida. Os días 26 e 27 de maio deste ano que comeza terá lugar o VI Congreso. Facemos pois balance deste convulso período no que a CIG encabezou a mobilización social, cunha xeira de entrevistas que comezamos co secretario xeral, Suso Seixo.

21/10/2011 Membro da Comisión Executiva da CGTP-IN e Secretaria de Relacións Internacionais

A Secretaria de Relacións Internacionais da CGTP-Intersindical Nacional, Graciete Cruz, que participou en representación da central sindical portuguesa nun encontro coa CIG e ELA, considera que a situación económica e social da República Portuguesa empeorará aínda máis tras aprobarse un duro plan de recortes, vía orzamentos do Estado para 2012, para cumprir co plan de rescate imposto polo FMI, o BCE e a UE. Advirte que hipotecarán o desenvolvemento económico, xerarán máis pobreza e exclusión social. Fronte a isto defende a aplicación doutras políticas decididas desde e por Portugal. Para iso, a CGTP vén convocando multitudinarias mobilizacións nos últimos anos. Durante esta semana, do 20 ao 27 de outubro, unha “semana de loita”, e para o 24 de novembro, folga xeral.

17/10/2011 Adolfo Muñoz, Secretario Xeral de ELA

O secretario xeral de ELA, Adolfo Muñoz, analiza o impacto da crise económica en Euskal Herria, as consecuencias que está a ter en materia de recortes sociais e laborais e as alternativas que ELA vén defendendo para mudar o actual modelo. Xunto a isto, manifesta o seu “optimismo” ante un proceso político que abre a vía para a normalización de Euskal Herria. Un optimismo no que encadra os emprazamentos do Grupo Internacional de Contacto, promovido por Brian Currin, que se reuniu este luns no Palacio de Aiete de Donostia. A entrevista foi realizada o pasado xoves, día 13 de outubro, en Compostela, a onde se trasladou para participar nunha xuntanza organizada pola CIG.

29/3/2011 Antón Gómez Reino, “Tone”, integrante da Plataforma Boicote, Desinvestimento, Sancións contra Israel

Boicote, Desinvestimento, Sancións son os tres eixos baixo os que xira a actividade da plataforma internacional BDS, que dende hai oito meses opera tamén na Galiza. Entrevistamos a Antón Gómez Reino, “Tone”, integrante de BDS-Galiza, quen explica os principios e obxectivos deste movemento.

27/10/2010 Entrevista á antropóloga social verbo a emigración e retorno dos galegos emigrados a Suíza

Marianne Helfer (Suíza, 1977) é na actualidade unha das principais especialistas verbo o retorno dos emigrantes galegos a Galiza. En 2006 remata a carreira de Antropoloxía Social en Berna cun traballo verbo o retorno das e dos emigrantes galegos de Suíza a Galiza (bisbarra de Bergantiños, A Coruña). Colaborou coa Confederación Intersindical Galega na elaboración do primeiro libro monográfico dedicado á emigración galega a Suíza con motivo do L aniversario do inicio desa emigración (1960-2010). Convidada pola CIG en agosto de 2010, presentou o traballo en Carballo.

15/9/2010 Entrevista ao Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, con motivo da convocatoria de folga xeral
Entrevistamos ao Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, a respecto da convocatoria de folga xeral: motivos, expectativas e consecuencias da mobilización. Seixo advirte que se non hai unha resposta contundente o día 29 de setembro, a situación para a clase traballadora será moi complexa e acelerarase a perda de dereitos coa aplicación de novas medidas regresivas (reforma do sistema de pensións, das prestacións do desemprego ou a negociación colectiva) que tardaremos anos en reverter.
cig.prensa@galizacig.com