Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
Administración Administración
29/1/2015 Trasladaron de xeito individual e por escrito o seu malestar pola falta de resposta da concelleira de persoal ás súas reivindicacións
Bombeiros do parque municipal da Coruña meteron por rexistro esta mañá reclamacións individuais expresando o malestar pola falta de resposta da concelleira de persoal ás reclamacións que o colectivo vén facendo dende hai tempo, a respecto da xestión do parque, a falta de seguridade derivada dos poucos efectivos actuais ou a “nefasta planificación dos ingresos e promocións”. 
28/1/2015 A estes postos únense os 86 xa amortizados no 2013
O sector da Autonómica da CIG-Administración alerta da pretensión da consellaría de Medio rural de amortizar 130 postos de traballo por un valor de 3,2 millóns de euros, segundo consta na proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) remitida ás organizacións sindicais. Entre os postos a amortizar – de todos os niveis e condicións, tanto laboral como funcionario- hai desde peóns do servizo contra incendios até técnicos/as investigadores, limpadores/as, oficiais agrarios, persoal veterinario ou de oficinas agrarias. Unha política de persoal coa que consideran que queda demostrado que “non hai ningunha recuperación económica”.
28/1/2015 Os paros serán parciais os días 17 de febreiro, 26 de marzo, 30 de abril e de xornada completa o 21 de maio
As organizacións sindicais do concello de Santiago veñen de convocar paros parciais e concentracións na praza do Obradoiro para os días 17 de febreiro, 26 de marzo, 30 de abril e 21 de maio. Denuncian que malia o anuncio do goberno municipal do remate do plan de axuste e do comezo da recuperación de dereitos suprimidos ao persoal municipal, non se presentou ningunha proposta concreta nas dúas xuntanzas da Mesa Xeral de Negociación celebradas até o de agora para dar cumprimento a todas as cuestións pendentes de desenvolver que figuran nos acordos colectivos.
28/1/2015 A sección sindical da CIG en San Caetano entende que se manteñen as condicións para “denunciar por cesión ilegal e fraude laboral”
A sección sindical da CIG de San Caetano vén de denunciar a nova convocatoria de 4 bolsas de “formación” na Dirección Xeral de Comercio. Considera que esta Dirección Xeral, na que hai un total de 17 traballadoras e traballadores públicos, cobre deste xeito a falta de persoal propio da Xunta de Galiza.
27/1/2015 O sector de Estado da CIG-Administración denuncia que non se dotou da vixilancia requirida unha oficina de emprego e hai situacións de amoreamento nas instalacións
Despois de varios anos dende que se detectaron deficiencias nas oficinas de emprego que son compartidas polo Servizo Galego de Colocación e o Servizo Público de Emprego Estatal, sen as administracións competentes adoptaran medidas para pórlle solución, as delegadas e delegados de prevención da CIG presentaron denuncia diante da Inspección de Traballo da Coruña, coa finalidade de que constatase a existencia de incumprimentos da lei de prevención -así como outras deficiencias-, que as avaliacións de riscos elaborados polos servizos de prevención propios xa tiñan diagnosticado.
27/1/2015 Denuncian a limpeza insuficiente do po das máquinas e as consecuencias que isto ten para as traballadoras e traballadores
Traballadores/as de Correos concentráronse este martes, convocados polo Comité de Empresa e a Xunta de Persoal de Correos da provincia da Coruña, en demanda dunhas condicións de traballo dignas e do cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais. Denuncian as consecuencias para a saúde das e dos traballadores da falta de hixiene no Centro Automatizado de Correos en Lavacolla (CTA), para o que xa presentaron unha nova denuncia conxunta diante da Inspección de Traballo que se suma a outra xa presentada o ano pasado pola CIG-Correos.
14/1/2015 A Sección Sindical da CIG esixe a paralización deste proceso de externalización, que ademais encarece os custes
A Sección Sindical da CIG na Delegación provincial do INE na Coruña vén de denunciar a privatización dunha parte do traballo que realiza esta instituto, concretamente a recollida de datos, estudo das mostras e ratios da Enquisa de Poboación Activa (EPA) e da enquisa de Presupostos Familiares (PF). Unha externalización que a CIG rexeita, xa que hai un grupo de traballadores/as a quen por imperativo xudicial o INE ten que chamar para a realización destas tarefas, mais dende a dirección prefírese externalizar as mesmas, incrementando, ademais, os custes. 
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com