Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Sahara, un conflito esquecido
26/08/2016Iosu Perales
O obxectivo marroquí non é outro que provocar unha fatiga en Nacións Unidas, e mesmo na poboación saharauí, de maneira que cedan ante o que é ...
EEUU en contra do Libre Comercio?
26/08/2016Germán Gorraiz Lopez
A Asociación Transpacífico (TPP polas súas siglas en inglés) sería a peza central de Obama na súa política de reafirmación do poder económi...
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A arquitectura da União Europeia neoliberal, mais ou menos punitiva, está formatada para impor a Portugal desemprego, salários baixos, emigraçã...
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A nova doutrina estratégica Turca conduziu já Ancara a restaurar boas relações, pelo menos comerciais, com vários dos seus vizinhos. No fim de ...
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Os dias tranquilos do neoliberalismo estão acabados, o que portanto traz para a agenda histórica uma luta pela sua transcendência. Isto pode ser ...
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
50 verdades sobre Fidel Castro
17/08/2016Salim Lamrani
Banca Banca
26/8/2016 Convocaron folga para 1, 2 e 5 de setembro e contan co apoio dos comités de Bahía Softwaree, Dinahosting, Contact Nova e Balidea e a sección sindical da CIG de Coremain
Traballadoras/es de Tecnocom concentráronse este venres diante do hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela, onde está ubicado o seu centro de traballo. No decurso da protesta demandaron do Sergas a súa intervención para que non permita que a empresa, que ten a concesión do mantemento do soporte técnico informático de numerosas aplicacións do Servizo Galego de Saúde, “explote o seu persoal”. Razón pola que, precisamente, teñen convocada folga para os días 1, 2 e 5 de setembro.
23/8/2016 É a empresa concesionaria do servizo, ubicada en Conxo, onde traballan 18 persoas
A CIG vén de convocar folga en Tecnocom os días 1, 2 e 5 de setembro. A empresa, para a que traballan 18 persoas, está ubicada na parroquia santiaguesa de Conxo e ten a concesión do servizo de soporte informático do Sergas. Este servizo é o apoio técnico máis inmediato para os profesionais do sistema sanitario.
2/8/2016 A sección sindical sostén que as temperaturas no centro de traballo son insoportábeis no verán
A sección sindical da CIG en Abante B.P.O. Lugo, a compañía máis grande do sector de centros de chamadas na provincia, volveu denunciar “a absoluta desidia e desinterese da empresa” á hora de abordar e solucionar os problemas relativos ás condicións ambientais e niveis de iluminación en todo o centro de traballo.
11/7/2016 Centos de traballadores/as participaron nas concentracións en Vigo, A Coruña e Lugo
A nova xornada de folga convocada pola CIG nos centros de chamadas do país para reclamar un convenio xusto tivo un seguimento maioritario, xa que arredor do 70% do persoal secundou o paro na quenda de mañá, cifra lixeiramente superior na de tarde. Ademais, centos de traballadores/as participaron nas concentracións que tiveron lugar na Coruña, Vigo e Lugo.
5/7/2016 Esta nova xornada de paro desenvolverase o vindeiro día 11 e incluirá concentracións na Coruña, Vigo, Lugo e Ourense
A CIG-Centros de Chamadas vén de anunciar a convocatoria dunha nova xornada de folga ante a pretensión da patronal de impoñer un “convenio colectivo lixo” a nivel estatal para un sector que emprega a unhas 8000 persoas no noso país. Con este paro, que se desenvolverá o vindeiro día 11 e que incluirá concentracións na Coruña, Vigo, Lugo e Ourense, a central quere rexeitar o bloqueo das negociacións e os intentos de recortar salarios e dereitos laborais.
4/7/2016 Arredor do 70% do persoal da plataforma da empresa na Coruña está secundando o paro
Traballadores e traballadoras da plataforma de Atento na Coruña están desenvolvendo a terceira xornada de folga en demanda dunhas condicións laborais dignas, estabilidade na contratación e contra a política de presións constantes aplicada pola empresa. Para visibilizar a súa loita, este luns, as delegadas e delegados realizaron unha concentración diante das oficinas de Atento na céntrica rúa Juan Florez.
27/6/2016 A representación sindical denuncia que o banco pretende amedrentar o conxunto do persoal
Traballadores e traballadoras do BBVA realizaron este luns concentracións en todas as direccións territoriais en rexeitamento aos 14 despedimentos executados pola entidade. En Galiza, a protesta desenvolveuse nas oficinas centrais do banco na Coruña, que foi ocupada simbolicamente durante uns minutos ao berro de “despedidos/as readmisión”.
cig.prensa@galizacig.com