Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Por que se deve realizar uma auditoria da dívida?
25/03/2015Éric Toussaint
A auditoria demonstrará que uma parte muito grande da dívida grega contraída tanto no período precedente à intervenção da Troika como no post...
Por trás das sanções da Casa Branca contra a Venezuela
25/03/2015Mark Weisbrot
Os governos latino-americanos compreenderam esta estratégia de impor novas sanções à Venezuela vista como uma grave ameaça à democracia na reg...
Dez claves para entender a “lex mercatoria”
25/03/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
A oposición frontal das grandes potencias e dos lobbies transnacionais á creación de normas que poidan poñer en risco as súas perspectivas de n...
A pobreza em Portugal
25/03/2015Maria do Carmo Tavares
A pobreza em Portugal sempre assumiu grande extensão e intensidade, a ela estão associadas profundas desigualdades sociais, acumulação de riquez...
O capitalismo no país das maravilhas
23/03/2015António Santos
Há actualmente 15 milhões de crianças com fome nos EUA. Destas, 1,5 milhões não tem casa. Com efeito, na lista de países que melhor protegem a...
Brasil na encruzilhada
23/03/2015Luís Carapinha
Pensar as crises
11/03/2015Antoine Casanova e Remy Herrera
Grecia: Saír do euro ou suicidio político
09/03/2015Héctor Illueca Ballester
Banca Banca
25/5/2011 A protesta diante da sede central coincidiu coa xuntanza do consello de administración da entidade
Máis de 200 delegados e delegadas sindicais de Novacaixagalicia concentráronse hoxe diante da sede central en Vigo para rexeitar os recortes salariais que afectarán aos empregados e empregadas da entidade. A protestacoincidiu coa celebración do consello de administración no que se abordaron os plans de aforro de cara á próxima conversión nun banco.
20/5/2011 Delegados/as sindicais concentráronse en Vigo para denunciar que a compañía de telemarketing está a desviar chamadas a Chile
Delegados/as sindicais de Unísono en Vigo realizaron esta mañá unha concentración diante do centro de traballo da Gran Vía para rexeitar os plans de deslocalización que está a executar a empresa de telemarketing e que provocaron o despedimento de 300 traballadores/as no último ano. Dende a sección sindical da CIG anunciaron que seguirán coas mobilizacións e denuncian tamén a paralización do convenio colectivo dende hai 15 meses.
13/5/2011 Estiveron no acto de campaña electoral do PP en Teo portando unha pancarta na que responsabilizaban á Xunta da súa situación
O persoal do 112 estivo presente o día 11 no acto de campaña do PP de Teo, ao que asistiu Alfonso Rueda, conselleiro da Presidencia da Xunta e segundo denuncian, “máximo responsábel do conflito do Centro de Atención de Emerxencias de Galiza”. No acto, que se insire dentro da campaña de visualización social do conflito levada a cabo polos traballadores e traballadoras desde hai varios meses, e que inclúe tamén a presenza en actos da campaña das eleccións municipais, despregouse unha faixa na que se culpaba directamente á Xunta de Galiza pola súa xestión neglixente e polas promesas incumpridas.
12/5/2011 Un dos seus principias obxectivos é negociar o convenio de empresa e regular así as relacións laborais
O pasado 10 de maio celebrábanse eleccións sindicais na empresa compostelá Balidea. Un proceso no que participaron 65 traballadoras e traballadores. A CIG obtivo 42 votos, fronte os 21 de CCOO e 2 en branco. Con estes resultados a CIG obtén a maioría dos representantes do Comité de Empresa, con 3 dos cinco membros.
11/5/2011 Denuncia que a Xunta de Galiza autorizou hai seis meses unha suba salarial para os directivos
CIG-Banca vén de cuestionar as declaracións da conselleira de Economía, Marta Fernández Currás, que dixo entender as rebaixas salariais anunciadas por novacaixagalicia como parte do plan de recapitalización que lle exixe o Banco de España, que inclúe un aforro de custos. Para a CIG-Banca resulta incoherente esta comprensión cos recortes nos salarios dos empregados e empregadas da caixa cando hai apenas 6 meses a Xunta de Galiza autorizou un incremento salarial para os directivos.
6/5/2011 Delegados/as da caixa concentráronse en Vigo para esixir o mantemento do emprego e das condicións laborais e contra a privatización da entidade galega
Máis de 30 delegados/as da CIG en Novacaixagalicia realizaron hoxe unha concentración de protesta diante da sede central de Vigo para reclamar o mantemento de todos os postos de traballo e das condicións laborais na entidade crediticia. Os representantes sindicais rexeitan os plans privatizadores do Goberno español, que pasan por unha baixada salarial baixo a ameaza de eliminar máis empregos despois dos 900 despedimentos que xa se produciron nas oficinas do país dende a fusión.
3/5/2011 A empresa comunicou que procederá a gravar as conversas das/os teleoperadoras/s cos clientes e que poderá ceder os rexistros, mais sen solicitar o seu consentimento expreso tal e como ordena a lei vixente
A sección sindical da CIG en Atento A Coruña vén de remitir denuncia á Axencia española de Protección de Datos (AEPD) para que investigue a decisión da empresa de proceder a gravar as conversas dos/as traballadores/as cos/as usuarios/as do servizos e ceder datos identificativos do persoal para o control de calidade, sen especificar nin que datos se rexistrarán nin a que tipo de clientes se vai permitir o acceso aos mesmos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com