Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
Banca Banca
25/1/2012 A Sección Sindical da CIG rexeita a liquidación “a prezo de saldo” do persoal e demanda garantías do mantemento dos postos en Galiza
Delegados e delegadas da CIG no Banco Pastor realizaron esta mércores unha concentración na oficina principal da Coruña para denunciar os custes laborais que está tendo o proceso de absorción do Banco Pastor polo Banco Popular. Dende a Sección Sindical criticouse a “liquidación a prezos de saldo” que o Banco Pastor está a facer do seu cadro de persoal e demandáronse solucións que garantan o mantemento dos empregos en Galiza tanto no banco como nas empresas do seu Grupo.
24/1/2012 Este recorte dos salarios non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente pola patronal e os sindicatos españois
A CIG-Banca vén de rexeitar, novamente, a conxelación salarial prevista para os vindeiros catro anos no preacordo do convenio estatal de caixas, que suporá unha perda do poder adquisitivo de entre o 8 e o 10%. A este respecto, a Federación da CIG puntualiza que esta conxelación e recorte salarial non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente por CCOO, UGT, CEOE e CEPYME.
17/1/2012 Os representantes do Banco Pastor informaron que a entidade ofrecerá prexubilacións aos seus traballadores/as
Na mañá deste mércores comezaron en Madrid as reunións entre as organizacións sindicais e os representantes do Banco Pastor e o Banco Popular de cara a abordar as consecuencias laborais do proceso de absorción. Dende a CIG reivindicouse a necesidade de negociar un protocolo que garanta o emprego, así como un plan de prexubilacións para afrontar do xeito menos traumático os posíbeis axustes de persoal.
28/12/2011 Ante as declaracións realizadas neste sentido dende a Cámara de Comercio e o Goberno municipal
A Federación de Banca da CIG de Ferrol amosou o seu totalmente rexeitamento a calquera plano de viabilidade para a Feira Internacional de Mostras do Noroeste (FIMO) baseado no despedimento dos actuais traballadores e traballadoras do recinto feiral. Neste senso, dende a Federación solicitaron dos partidos políticos un posicionamento claro contra a destrución de emprego nesta entidade e a potenciación das actividades en FIMO.
15/12/2011 Realizaron unha concentración de protesta en Vigo contra a ameaza da empresa de realizar 300-400 novos despedimentos e para rexeitar o traslado dos servizos centrais a Madrid
Arredor dun cento de delegados e delegadas de CIG-Banca participaron na concentración convocada na sede central de Novagalicia Banco en Vigo para reclamar o mantemento de todos os postos de traballo e das condicións laborais. Dende a central nacionalista denunciaron que a entidade crediticia, participada polo Estado español nun 93% do seu capital, no canto de manter o emprego “ameaza agora con 300-400 despedimentos máis se a xente non marcha voluntariamente da empresa”.
9/12/2011 Chama a participar todo o persoal dos servizos centrais e oficinas, nomeadamente as próximas á cidade de Vigo
Conforme o acordado na asemblea celebrada en Vigo, CIG-Banca vén de convocar, para o vindeiro 15 de decembro, unha concentración de traballadores e traballadoras, diante da sede central de García Barbón. CIG-Banca chama a participar a todo o persoal dos Servizos Centrais e das oficinas, nomeadamente as próximas á cidade de Vigo. Os delegados/as da CIG en Novagalicia banco estarán das 14:30 h até as 16:30 h e comerán alí mesmo para permitir que aquelas persoas que traballan nas proximidades de Vigo poidan achegarse un tempo á concentración.
2/12/2011 A CIG de Compostela valora moi positivamente a sentenza e agarda que a empresa recapacite e desista dos outros tres despedimentos que seguen pendentes de xuízo
O xulgado do Social nº 3 de Santiago de Compostela, vén de declarar nulos dous dos cinco despedimentos da empresa de consultoría e prestación de servizos TIC Altia, en Santiago de Compostela. A sentenza afirma que a empresa non acreditou que a súa decisión de despedir a estes traballadores estea  “desvinculada dun móbil de represalia por ter exercido o dereito fundamental á liberdade sindical”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com