Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
Banca Banca
15/6/2010 As entidades, que aínda non fixaron o calendario para a negociación laboral, barallan un recorte de persoal de máis de 1.200 traballadores/as
O 14 de xuño os departamentos de Recursos Humanos de Caixa Galicia e Caixanova, as dúas consultoras contratadas (Deloitte e Princewater) e máis os dous despachos de avogados externos contratados para asesorar ás entidades en materia laboral, presentaron á representación sindical o plan de viabilidade que será remitido ao Banco de España. Non obstante, a CIG considera insuficiente a información achegada, xa que non se especifica o número exacto de traballadores/as que se verán afectados/as polo proceso de fusión, cantos poderán acollerse a prexubilacións ou cantas oficinas en total van pechar e/ou vender, ademais de non estabelecer un calendario para a negociación laboral, que previsibelmente quedará fixado para pleno período estival.
14/6/2010 O persoal está secundando dous paros de unha hora convocados nas quedas de mañá e tarde
Traballadoras e traballadores de Sykes Enterprises están secundando este luns os paros e concentracións convocados no centro de A Coruña para rexeitar os 62 despedimentos que a empresa comezou a facer efectivos esta mesma mañá. O persoal desenvolveu unha concentración e unha sentada reivindicativa nunha das rúas do Polígono de Agrela, provocando importantes retencións na circulación do tráfico. As mobilizacións volveranse repetir durante o paro da quenda de tarde, convocado entre as 17 e as 18 horas.
11/6/2010 O pacto entre a entidade financeira e as organizacións CCOO, UGT e FITC legaliza a extensión irregular da xornada laboral
CIG e ELA veñen de rexeitar o acordo acado entre Banco Pastor e as organizacións sindicais CCOO, UGT e FITC, que consagra a flexibilidade horaria para o 90% do cadro do persoal, legalizando a extensión irregular da xornada laboral, xa que non se habilita ningún tipo de control horario. Ademais, denuncian dende a CIG-Banca, permitirá implantar a xornada partida 3 días ao mes, cun horario de 8 a 19:00 horas, no que os traballadores e as traballadoras terá unha hora e media para xantar por quendas, xa que non se pecharán as oficinas.
9/6/2010 O persoal reclama a implicación da Xunta para evitar o desmantelamento da plataforma do telemarketing
O Comité de Sykes desenvolveu esta mañá unha nova protesta diante dos edificios administrativos da Xunta en Monelos para rexeitar os 62 despedimentos que a empresa comunicou a pasada semana, así como denunciar a pasividade do goberno galego diante do paulatino desmantelamento da plataforma do telemarketing en A Coruña.
8/6/2010 As/os traballadoras/es estudan convocar un novo calendario de mobilizacións
O Comité de Sykes en A Coruña vén de solicitar unha xuntanza urxente coa Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, para tratar a nova vaga de despedimentos que a empresa vén de comunicar. Dende o Comité lémbrase que dita reunión xa fora solicitada tras coñecerse a resolución administrativa do expediente de regulación de emprego, mais, até o momento, os traballadores e traballadoras aínda non recibiron unha contestación.
4/6/2010 A empresa comunicou esta mesma mañá 62 novos despedimentos de traballadores/as das campañas Vodafone
O Comité de Sykes en pleno e cada unha das Seccións Sindicais acudiron esta mañá aos edificios administrativos da Xunta en Monelos para entregar os Recursos de Alzada interpostos contra a decisión de aprobar parcialmente o expediente de regulación de emprego. Dende a representación dos traballadores/as solicítase a anulación dos 68 despedimentos autorizados e denunciouse a política de sancións que Sykes está a levar a cabo para “acalar as nosas reivindicacións”. Así mesmo, esta mañá, a multinacional do telemárketing entregou as cartas de despedimento a 62 traballadores/as con contrato por obra nas campañas de Vodafone.
27/5/2010 As centrais con representación en Caixanova e Caixa Galicia tamén reclaman a convocatoria urxente da mesa de negociación do pacto
As cinco centrais sindicais con representación nas caixas galegas -CIG, CCOO, UGT, CSICA e CGT- esixen ás empresas que faciliten toda a información referente ás previsións que manexan no que respecta ao emprego e ás relacións laborais dos traballadores.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com