Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As mentiras teóricas do Banco Mundial
21/11/2014Éric Toussaint
A visão do Banco Mundial está marcada por diferentes preconceitos conservadores. Nos relatórios e discursos dos quinze primeiros anos de existên...
Entrevista a Walden Bello: “O TTIP é como braço económico da OTAN”
20/11/2014Thomas Fazi
Os EUA negoceiam actualmente –em segredo- com a UE e com 11 países asiáticos dois tratados de “comércio livre”. O conteúdo negativo das in...
Brasil, a grande divisão
20/11/2014Boaventura de Sousa Santos
A grande burguesia não tendo podido derrotar a candidata do PT,  vai continuar a pressionar abertamente (e a ser provavelmente atendida) pela...
A armadura xurídica do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP)
20/11/2014Juan Hernandez Zubizarreta
O TTIP é un Tratado tremendamente violento. A violencia estrutural do sistema capitalista -que permite a acumulación da riqueza duns poucos a cust...
A anatomia do Estado sob o neoliberalismo
17/11/2014Prabhat Patnaik
O Estado neoliberal, ou o Estado na era da hegemonia do capital financeiro internacional, é cada vez mais moldado de uma maneira que restringe a "...
O mistério de Kobane
17/11/2014Pepe Escobar
Construción Construción
3/11/2014 A central lembra que os responsábeis municipais apoiaron a proposta sindical de eliminar as horas extra e controlar "incumprimentos e abusos"
A federación da Construción CIG segue a constatar xornadas laborais de máis de 10 horas diarias nas obras dependentes do Concello de Vigo a pesar de que que os responsábeis municipais se amosaron partidarios da proposta sindical de eliminar as horas extra e de exercer un maior control sobre os abusos e as incumprimentos nas condicións de traballo.
17/10/2014 A alarma ante un posíbel desmantelamento da factoría de Sada saltou tras o traslado dunha liña de produción a Cervo
O Comité de Cerámicas do Castro ten previsto celebrar unha reunión o vindeiro luns para analizar a situación na planta Sada e avaliar a posibilidade de levar adiante mobilizacións, se a dirección non ofrece respostas claras sobre o futuro da actividade e o emprego, logo do traslado dunha liña de produción a Cervo sen informar á representación do persoal.
12/9/2014 A CIG iniciará unha campaña de mobilizacións contra empresas que incumpren os convenios e podería denunciar os seus responsábeis na Fiscalía
A federación da Construción e Madeira da CIG vén de presentar unha análise sobre a situación do sector na provincia de Pontevedra, constatando que continúa a destrución de emprego mentres medran os abusos laborais. Diante disto, a central iniciará unha campaña de mobilizacións contra as empresas que incumpren os convenios e incluso podería denunciar os seus responsábeis na Fiscalía.
19/8/2014 A empresa, en concurso de acredores, presentou un ERE para despedir a 46 dos seus 57 traballadores e traballadoras
A cuarta reunión do período de negociacións do ERE que Hormigones Taboadela pretende aplicar para máis do 80% do seu cadro de persoal, rematou con poucas novidades e cun emprazamento ás partes da administración concursal para manter unha nova xuntanza o próximo venres, xa fóra do período legalmente estabelecido.
13/8/2014 A Federación de Construción atribúe o sinistro á absoluta precariedade laboral, á falta de medidas de seguridade e a ausencia de formación do persoal
A CIG-Construción da Coruña vén de presentar denuncia na Inspección de Traballo contra a empresa PACASA para que investigue as causas polas que este mércores se produciu un accidente laboral no que resultou ferido de gravidade un traballador.
11/8/2014 Este luns tivo lugar a terceira reunión do período de consultas sen que se produciran avances
Con motivo da terceira reunión do período de consultas do ERE extintivo para o 81% do cadro de persoal de Hormigones Taboadela, traballadores e traballadoras da empresa concentráronse novamente diante da sede da administración concursal en Ourense en rexeitamento aos despedimentos que se pretenden aplicar.
8/8/2014 A empresa, que está en concurso, aproveitou as vacacións do persoal para cesar a actividade e desmantelar as plantas
Traballadores e traballadoras de Hormigones Taboadela realizaron unha concentración este xoves en Ourense, coincidindo coa reunión do período de consultas do ERE extintivo que afectará á práctica totalidade do cadro de persoal. Coa protesta tamén queren reclamar da empresa que abone todos os atrasos salariais que ten pendentes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com