Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A era das guerras imperiais (Das guerras regionais, às "mudança de regime" e à guerra global)
31/08/2015James Petras
Milhões de refugiados de guerra escapam rumo à segurança na Europa Ocidental, juntando-se aos milhões de refugiados económicos que fugiram da p...
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Construción Construción
17/6/2009 CIG-Construción denuncia que a patronal ignora os resultados dos estudos sobre a incidencia do pó silicótico e o ruído
As Federacións da Construción e Madeira de CIG, CC.OO. e UGT, teñen convocada unha Asamblea de traballadores do Sector de Mármoles e Pedras (aserradeiros de pedra e marmorerías) o vindeiro xoves 18 de xuño ás 20 horas na Casa Sindical de O Porriño. O motivo da Asamblea é denunciar a actitude da Patronal do Sector (Asociación Galega de Graniteiros), “empeñada en facer que paguen a crise os traballadores e en recortar dereitos adquiridos”.
16/6/2009 A empresa ofrece baixas voluntarias incentivadas con indemnizacións de 35 días por ano traballado
A CIG-Construción de Lugo solicou á dirección de Ingemarga a retirada do expediente de regulación de emprego que afectaría a máis 40% do persoal da fábrica de Guitiriz, logo de que máis de 55 traballadores/as se acollesen ás baixas voluntarias incetivadas propostas pola empresa. Aínda que dende a CIG-Construción de Lugo reiteran que o ERE “non está xustificado”, pedirán na próxima reunión coa dirección de Ingemarga o arquivo do mesmo, xa que dos 64 traballadores afectados, só quedan 4 interesados en manter o seu posto.
8/6/2009 A CIG-Construción de Pontevedra amósase satisfeita pola decisión e lembra que aínda queda unha demanda por resolver
Unha sentenza vén de considerar nulo o despedimento de 11 traballadores de Valoriza Conservación de Infraestruturas comunicados o pasado mes de marzo, polo que a empresa terá que readmitilos. Dende a CIG-Construción de Pontevedra amosáronse satisfeitos pola decisión xudicial e “pola celeridade” do proceso, ao tempo que reclaman á empresa que evite prolongar o conflito con recursos ante o TSXG e sente a dialogar.
4/6/2009 Os traballadores/as secundan un paro de cinco horas na empresa
Os traballadores/as de Ingermarga aproveitaron o paro de cinco horas convocado na fábrica de Guitiriz para sumarse a caravana de automóbiles que percorreu á estrada que une este Concello con Lugo, nun novo acto de protesta contra o ERE que a empresa pretende levar adiante. O persoal secundou de xeito masivo o paro ao tempo que lamentou a falta de disposición da empresa na negociación do expediente.
28/5/2009 Solicitan á administración que “mire con lupa” o ERE presentado pola empresa
Traballadores/as de Ingemarga concentráronse na mañá do 27 de maio diante dos edificios da Xunta en Lugo en contra do ERE presentado pola empresa e que suporá o despedimento de case a metade do persoal da fábrica que o grupo vasco ten en Guitiriz. Practicamente a totalidade do cadro de persoal, acompañado de representantes sindicais, secundaron a protesta a través da que pretenden amosar o seu total rexeitamento ao expediente de regulación na empresa e reiteraron que non van negociar “nin un só despedimento”.
26/5/2009 Anuncian mobilizacións senón muda a actual situación de fraude e subcontratación
A Federación da Construción de CIG da Comarca de Vigo, valora como positivo e necesario o acordo asinado polo Concello de Vigo cos Sindicatos para facer seguimento do cumprimento do establecido no plan de obras, producto da aplicación do Fondo Estatal de Inversións neste Concello. O devandito Fondo créase para subvencionar obras públicas como medida contra a crise e tratar de paliar os efectos da mesma, fudamentalmente no sector da Construción. Xa que logo, o seu obxectivo básico é o da creación de emprego.
26/5/2009 Reclaman unha redución da xornada anual na lousa
Desde a CIG de Valdeorras fan público, unha vez máis o seu rexeitamento á decisión de Cafersa de rescindir contratos mentres esta firma continúa a facer dúas horas extras diarias e máis os sábados. Esta medida tomada pola dirección de Cafersa é, para a CIG de Valdeorras "totalmente inxusta e inmoral, xa que rescinde contratos a traballadoras e traballadores, botando a rúa a estes traballadores/as os mesmos que ata ben pouco dias lle esixia máis e máis produción e horas extras incluido os sabados".
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com