Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As falacias da OCDE sobre política fiscal, salarios e competitividade
22/09/2014Eduardo Garzón Espinosa
O de que os salarios creceron máis que a produtividade só é certo se se fan trampas cos indicadores, deflactando a produtividade e non os prezos...
O tratado de comércio livre EUA-UE: a grande golpada
22/09/2014Vaz de Carvalho
O tratado representa o culminar do processo neoliberal imposto aos povos, ficando a sua soberania à mercê dos interesses grande capital. Este, se...
O começo do fim da globalização
22/09/2014Antonio Luiz M. C. Costa
A escalada de hostilidade e sanções mútuas entre a Otan e a Rússia por causa da guerra civil na Ucrânia não é o retorno da Guerra Fria. Mas ...
TTIP, UE e EUA: Golpe transnacional contra a soberanía popular
19/09/2014Gonzalo Fernández Ortiz de Zárate e Juan Hernández Zubizarreta
O TTIP vai alterar as regras de xogo que coñecemos en Europa, xerando unha estrutura político-xurídica que entroniza definitivamente o ánimo de...
O Califado contra o resto do mundo
19/09/2014Immanuel Wallerstein
A menos que o Califado desmorone no futuro próximo (o que parece muito improvável), este esforço militar irá em breve expor uma vez mais os lim...
A luta pela paz
19/09/2014Ilda Figueiredo
Escócia: A economia e a independência
17/09/2014James Foley e Pete Ramand
Construción Construción
19/1/2009 Reclaman a tutela xudicial dos dereitos sindicais
Nunha rolda de prensa, que tivo lugar o xoves 15 de xaneiro no Barco, os membros do Comité de Empresa de Ipisa (unha empresa da lousa na que traballan máis de 200 empregados), e os responsábeis locais da CIG e CCOO de Valdeorras, denunciaron que o mércores 14 de xaneiro foron retidos máis de vinte minutos no interior desta pizarreira, despois de que se achegaran até esta empresa para dar asistencia aos delegados, que desde que reclamaron melloras na súa situación laboral, e sobre todo de medidas de seguridade e hixiene, "están a ser sometidos a unha forte persecución. No interior pódese visualizar un video desta rolda de prensa.
12/1/2009 Os servizos abusivos de seguridade fixados están denunciados no Xulgado
A folga de traballadores da Vidreira do Atlántico daba comezo o domingo 11 de xaneiro ás dez da noite, e resultou un éxito total, pois o seguimento foi unánime no conxunto do persoal, que non tivo que formar parte dos servizos "esenciais, de mantemento e de seguridade" para que o forno desta factoría non parara. Estes servizos, decretados pola empresa, xa están denunciados no xulgado por abusivos, xa que obrigou a 35 traballadores dos 165 a realizar produción nesta noite de folga. "O primeiro toque importante de atención xa está dado", sinala o voceiro da CIG Anxo García, e é que os traballadores en folga cun frio que sinalaba un termómetro co mercurio varios grados baixo cero concentráronse durante toda a noite fronte a empresa contra a perda de dereitos laborais.
23/12/2008 A empresa continúa incumprindo as medidas de prevención de riscos laborais
A CIG de Valdeorras criticou duramente a “ineficacia mostrada pola Inspección de Traballo”, pola falta de resposta ás denuncias presentadas hai xa tres meses contra a empresa Iberoitaliana de Pizarras, por mor dos graves incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais e que poñen en serio perigo a saúde dos traballadores e das traballadoras.
22/12/2008 A CIG de Ferrol valora positivamente a decisión pois “é o único xeito de demostrar a fraude do ERE”
A Consellería de Traballo suspendeu o Expediente de Regulación de Emprego presentado pola construtora Eshor a través do que pretendía extinguir o contrato de 150 postos de traballo. A Xunta decidiu remitir o expediente do ERE ao Xulgado do Social de Ferrol, tal e como demandara a CIG co apoio dos traballadores e traballadoras da construtora durante a reunión mantida coa Delegación de Traballo.
15/12/2008 Encontro de organización fronte á crise
A Federación da Construción da CIG aproveitou unha presentación que o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG realizou o venres 12 de decembro no Hotel Coia da publicación "Identificación de Riscos Laborais e Guía de Boas Práticas na extracción da Pedra Natural", para organizar un encontro nacional de delegados e delegadas desta Federación e realizar unha analise da crise económica e social que se está a vivir, e que afecta nomeadamente este sector, asi como para deseñar futuras accións para denunciar a situación de incumprimento de convenios.
11/12/2008 A construtora recibe axudas públicas para a “estabilidade no emprego”
CIG-Construción rexeita, ademais de considerar inaceptábel, o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola construtora Eshor, co que pretende extinguir o contrato de 150 obreiros. Esta federación do sindicato cualifica de escandaloso o feito de que a empresa poida despedir impunemente todos estes traballadores cando recibe cuantiosas axudas públicas para a “estabilidade no emprego”. Eshor, ademais, obtivo 10 millóns de euros de beneficios nos últimos anos.
11/12/2008 Presentarase guia de saúde laboral
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG está a realizar a presentación da publicación "Identificación de Riscos Laborais e Guía de Boas Práticas na extracción da Pedra Natural". En Vigo presentarase o 12 de decembro nunha xornada específica sobre a construción e a pedra natural, que comeza ás dez da mañá, e que se celebrará no Hotel Coia desta cidade.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com