Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A natureza da crise sistêmica global: às vésperas do choque das placas tectônicas do capital
30/05/2016Edmilson Costa
Mesmo com toda a ofensiva do capital, o quadro de aparente calmaria pode mudar bruscamente se as massas se colocarem em movimento. Todas as revoltas...
Colonialismo, Neocolonialismo e Balcanização: As três idades de uma dominação
30/05/2016Said Bouamama
À mutação da base material do capitalismo corresponde uma mutação das formas da dominação política. O principal objectivo já não é instal...
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
Ensino Ensino
27/5/2016 A CIG-Ensino denuncia que a Xunta converteu nunha “chafallada” a aplicación da LOMCE e as reválidas
A CIG-Ensino chama a atención sobre o feito de que o mércores 25 maio se publicaran, nun medio de comunicación impreso, contidos da proba que ese mesmo día formaba parte da reválida de 3º de Primaria. Considera que esa filtración evidencia a “chambonada” na que a Xunta converteu a súa aposta pola LOMCE e as reválidas”.
26/5/2016 Demanda da Consellaría que depure responsabilidades, xa que do contrario recorrerá ao contencioso
Desde hai varias semanas, o centro Casa do Neno, en Santiago de Compostela, anuncia na súa páxina web o inicio de actividades como colexio concertado de educación primaria no curso 2016-2017. A CIG-Ensino denuncia que a autorización deste concerto foi consecuencia dunha actuación “fraudulenta” da Consellaría de Educación. Por iso demanda que se depuren as responsabilidades derivadas e anuncia que, de non se facer, recorrerá á vía do contencioso.
24/5/2016 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público considera que isto evidencia un “rexeitamento clamoroso” á LOMCE e un “estrepitoso fracaso” do PP
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse este martes diante da consellaría de Educación para exixir do goberno galego a inmediata paralización das reválidas e a posterior derrogación da LOMCE, coincidindo coa primeira xornada na que se desenvolvían estas probas en terceiro de Primaria.  Unha xornada que a PGDEP considerou un “éxito rotundo” dado que as familias de preto do 82% das alumnas e alumnos decidiron non envialos aos centros para manifestar así o seu masivo rexeitamento a estas probas.
20/5/2016 A Consellaría xa comunicou o novo destino da actual directora do Museo Pedagóxico de Galiza, emparentada coa secretaria xeral de Igualdade
A Consellaría de Educación vén de confirmar un “enchufe” denunciado pola CIG-Ensino na Escola Superior de Conservación e Restauración de Pontevedra tras adxudicar definitivamente no concurso xeral de traslados do profesorado unha especialidade e vacante que non existe no centro. O departamento autonómico xa comunicou o novo destino da actual directora do Museo Pedagóxico de Galiza (Mupega), emparentada coa secretaria xeral de Igualdade.
16/5/2016 Avalía como un “rotundo éxito” da comunidade escolar no seu conxunto e un “estrepitoso fracaso” da consellaría a insubmisión xeneralizada á reválida de sexto
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público cualificou esta mañá, en rolda de prensa, como un “rotundo éxito” da comunidade escolar e como un “estrepitoso fracaso da consellaría” o absentismo xeneralizado os exames de reválida de 6º de primaria. Ademais, fixo un novo chamamento á comunidade escolar, e nomeadamente a nais e pais, a non levar ás súas fillas e fillos aos centros os días 24 e 25 de maio, para que non realicen as probas de 3º de primaria, e a sumarse á concentración que convocará o propio día 24 diante da consellaría.
13/5/2016 A carreira pola lingua da 16ª edición do Correlingua rematou na praza da Quintana
A edición 2016 do Correlingua en Santiago de Compostela, carreira pola lingua na que participa alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, foi celebrada está mañá na Praza da Quintana.
11/5/2016 Agradece ás familias que atenderan o chamamento da plataforma e reclama de Educación e da Xunta que paralicen as probas
A Plataforma Galega en defensa do Ensino Publico afirmou esta mañá, no decurso da concentración celebrada diante de Educación, que tanto a Consellaría como o Goberno galego deberían tomar nota do maioritario rexeitamento do conxunto da comunidade escolar á LOMCE e ás reválidas. Agradece o apoio maioritario das familias e afirma que seguirá coas mobilizacións até a derrogación desta lei antisocial, recentralizadora e discriminatoria.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com