Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
Ensino Ensino
17/4/2012 As propostas do Ministerio atentan contra a calidade e a igualdade de oportunidades, poderían supor a perda de máis de 2.000 postos de interinos e substitutos e o aumento do fracaso escolar
A CIG-Ensino esixiulle esta mañá ao Conselleiro do Educación en rolda de prensa que non traslade a Galiza os recortes propostos polo Ministerio de Educación. O seu  secretario nacional, Anxo Louzao, lembrou que o ensino galego xa leva dous anos de recortes e de restricións e que as medidas anunciadas atentan contra a calidade do ensino, incrementan o fracaso escolar  e supoñen un ataque mortal a un servizo público esencial “piar básico para a cohesión social”.
16/4/2012 Denuncia que supoñen o ataque máis grave ao ensino público desde o franquismo e unha invasión das competencias que lle corresponden a Galiza
Ante as medidas anunciadas polo Ministro de Educación aos conselleiros das Administracións educativas dos distintos territorios do Estado, a CIG-Ensino adianta que non consentirá que se apliquen en Galiza. Nunha primeira valoración, que será ampliada na rolda de prensa que a federación ten prevista para este martes, o secretario nacional, Anxo Louzao, avanza que se exixirá do Conselleiro de Educación “que se rexeiten as medidas que a Administración central prevé aplicar, xa que supoñen o ataque máis grave ao Ensino público desde o franquismo e botar ao paro miles de interinos/as”.
16/4/2012 As carreiras pola lingua percorrerán once comarcas galegas coa participación de centros de ensino de toda Galiza
Representantes das entidades organizadoras do Correlingua 2012 presentaron esta mañá en Santiago a décimo terceira edición desta carreira que arrincará o vindeiro 2 de maio na cidade de Ourense e que percorrerá once comarcas baixo o lema “Galego. Todo o que buscas”.  No acto entregáronse tamén os premios do Certame de vídeo, Banda Deseñada e do Manifesto ao alumnado dos colexios e institutos participantes. Os centros premiados son CPI Pontecesures (4º da ESO) polo Manifesto, e finalista CPI Ponte Carreira de Frades, en Banda Deseñada o CEE O Pino de Ourense e o CEIP A Laxe de Marín (3-5 anos) e en Vídeo o IES Mosteirón de Sada.
13/4/2012 Pais e nais da comarca do Bierzo veñen denunciando desde o curso pasado presións para que os seus fillos e fillas non pidan a materia de lingua galega nos centros de Secundaria
Segundo informacións publicadas nos medios de comunicación, a lingua galega vai ser retirada da oferta educativa do CEIP Jesús Maestro de Ponferrada. Este feito supoñería o incumprimento do Protocolo xeral de colaboración entre a Xunta de Galiza e a Comunidade de Castela e León para a promoción da lingua galega nos territorios limítrofes das comunidades autónomas (Bierzo e Sanabria) asinado en 2006 e do Estatuto de Autonomía de Castilla y León que establece que “gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilice”.
10/4/2012 A CIG-Ensino exixe de Educación que non aplique medidas que supoñan recortes ou empeoramento das condicións laborais do profesorado
Ante o anuncio que, de xeito insospeitado e anómalo, realizou o Goberno central de reducir en 10.000 millóns de euros os orzamentos de educación e sanidade a nivel de Estado, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, afirma que “estamos ante unha medida que, de aplicarse, suporá un ataque desproporcionado e mortal contra os piares fundamentais de calquera sociedade democrática. Trátase, ademais, dunha medida que nos retrotrae ao Estado preautonómico, na medida en que o Goberno central invade as competencias que están transferidas ás comunidades autónomas.”
28/3/2012 A CIG estuda emprender accións legais, ante esta actitude autoritaria, arbitraria e antisindical
O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, xunto con outros representantes da CIG, acudiu esta mañá, convidado polo BNG, ao Parlamento de Galiza, para asistir ao debate, en sesión plenaria, da proposición non de lei presentada polo Bloque Nacionalista Galego, sobre as actuacións que debe levar a cabo o goberno galego coa lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público de Comunidade Autónoma de Galiza. Louzao non puido asistir ao debate porque a Presidenta do Parlamento deu orde de que se lle impedira acceder ao pleno.
26/3/2012 A central sindical xa leva recollidas 8.000 sinaturas para presentar a ILP en demanda da continuidade do programa
A CIG-ENSINO vén de obter os/as tres delegados/as que se elixiron nas eleccións sindicais celebradas en Preescolar na Casa, obtendo os seus candidatos/as 68 votos. A candidatura de CCOO obtivo 11 votos e a de STEG 6. A CIG-Ensino agradece a todas as traballadoras e traballadores o seu apoio, que vén avalar o modelo sindical da central sindical e referendar o traballo e o compromiso  do sindicato coa defensa dos postos de traballo e do propio programa.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com