Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
Ensino Ensino
1/12/2010 A CIG-Ensino é na actualidade o sindicato maioritario, con 53 delegados/as de 136 e cunha representación do 40%
Este xoves levaranse a cabo as eleccións sindicais no ensino publico non universitario. Para este fin, están constituídas 1079 mesas (130 en Lugo, 446 en Pontevedra, 335 na Coruña e 158 en Ourense) nas que  o profesorado poderá exercer o seu dereito ao voto. O horario estabelecido para as  votacións é  de 11:00 a 14: 30 e de 16:30 a 18:30 horas.
1/12/2010 Está a sobrecargar de traballo ao profesorado e promove o uso do español ao non proporcionar apenas material en galego nin nas materias nas que é lingua obrigatoria
O profesorado participante no proceso de aplicación do proxecto Abalar, nas súas distintas modalidades, denuncia a falta de planificación da Consellaría que acabou realizando a formación coincidindo co inicio da súa posta en marcha, cando tiña que ter sido realizada a finais do curso anterior. A CIG-Ensino denuncia a improvisación, desorganización e abuso sobre o profesorado, que é en quen está a recaer a marcha do proxecto, sen contar con ningún tipo de apoio nin facilidade.
30/11/2010 Nenos/as e traballadoras/es teñen que soportar baixas temperaturas por un problema no sistema de climatización que se coñece dende o verán
A CIG-Ensino de A Coruña quere trasladar o seu apoio ás traballadoras/es e ao equipo directivo da escola infantil de A Barcala, que se atopan en pésimas condicións por mor dos problemas de calefacción, que obrigan ao persoal e aos cativos/as a soportar temperaturas que non superan os 15 graos. O persoal do centro informara por escrito ao Concello das eivas no sistema de climatización a primeiros de xullo, mais o goberno municipal non adoptou medidas correctoras.
30/11/2010 A federación remitiu escrito reclamando o peche dos centros no caso de que non se cumpran as condicións de salubridade
A federación de Ensino da CIG de Vigo remitiu un escrito á Consellería de Educación na que reclama a mediación do departamento autonómico no conflito aberto entre as limpadoras dos colexios públicos da cidade, o Concello e a empresa concesionaria deste servizo municipal. Dende a central nacionalista aposta por pechar os centros públicos de Infantil e Primaria “no caso de que as condicións de insalubridade impediran o seu normal funcionamento”.
30/11/2010 Pide a dimisión do Valedor do Pobo, porque os eu proceder pon en cuestión a fiabilidade desta institución
A CIG-Ensino vai reclamar por escrito á Consellaría de Educación que actúe contra as persoas que están acosando sistematicamente os equipos de normalización lingüística e os seus coordinadores e coordinadoras. A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría de Educación que inste a Gloria Lago a retirar da web de Galicia Bilingüe o informe en que se persegue aos equipos de normalización e aos seus coordinadores, nomeadamente á CGENDL e tres dos seus representantes.
29/11/2010 CIG-Ensino presentou un recurso contencioso administrativo, o pasado 10 de setembro, solicitando a nulidade da instrución 3/2010
O pasado 10 de setembro, a CIG-Ensino presentaba un recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso de Santiago, solicitando a nulidade da instrución 3/2010, referida á prohibición do uso do servizo de comedor escolar por parte do profesorado. O xuízo oral visto para sentenza terá lugar o vindeiro 17 de decembro.
29/11/2010 Está a provocar que o equipo directivo teña que asumira s súas funcións
A CIG-Ensino denuncia a desconsideración da Consellaría de Educación co Conservatorio Profesional de Música de Compostela que se concreta, entre outras cuestións, na negativa  de dotar dun subalterno máis  ao centro para a quenda da tarde. Negativa que se produce malia ter duplicado o centro o seu alumnado e que está a provocar que sexa o equipo directivo quen ten que asumir as súas funcións. A federación de Ensino advirte que de persistir esta situación non descarta mobilizacións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com