Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
O neoliberalismo do século XX foi uma tragédia. Um neoliberalismo do século XXI seria uma nova tragédia e uma farsa. O neoliberalismo surgiu...
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
FGAMT FGAMT
22/10/2014 Na vista oral celebrada este xoves ratificouse a responsabilidade dos administradores no deterioro e liquidación da empresa
A vista oral do proceso xudicial sobre a responsabilidade dos administradores de Alimentos Lácteos na quebra da sociedade serviu para reafirmar a súa culpabilidade no deterioro e posterior liquidación da empresa. Por iso, dende a CIG agárdase unha pronta declaración de concurso culpábel e que, deste xeito, se poida recuperar unha parte do burato de 20 millóns en débedas que acumulou a entidade durante a súa existencia.
21/10/2014 A sentenza establece que a empresa negociou “de mala fe” e facilitou información económica “escasa e incompleta”
A Audiencia Nacional (AN) española vén de declarar nulo e Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo que supuxo o despedimento da práctica totalidade do cadro de persoal da empresa pesqueira galega Freiremar. A decisión da compañía deixou na rúa a máis de 300 traballadores/as no conxunto do Estado, 101 deles/as en Galiza. Agora a sentenza establece que as negociacións foron “de mala fe” e que a información económica facilitada pola dirección foi “escasa e incompleta”.
20/10/2014 As organizacións sindicais reclaman do 061 e das empresas información, equipos de protección e formación práctica adecuada
As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT denunciaron este luns a falta de información e formación práctica entre os traballadores e traballadoras do transporte sanitario urxente de Galiza para poder afrontar a un posíbel caso de ébola en condicións de seguridade.
8/10/2014 A empresa comprométese a fabricar en Pontevedra o encargos que lle faga Citroën e acepta unha subida salarial media de case un 13% en tres anos
O cadro de persoal de Treves, empresa auxiliar da automoción con sede no polígono pontevedrés do Campiño, aprobou hoxe por ampla maioría o preacordo de convenio pactado entre o comité e a dirección que permite desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado 24 de setembro. Dende a representación dos traballadores/as cualificaron o acordo como “positivo” xa que a compañía se compromete a fabricar en Pontevedra o encargos que lle faga Citroën e acepta unha subida salarial media de case un 13% en tres anos.
6/10/2014 O proxecto formulado por Logística Alimentaria supón unha novidade no sector ao funcionar como centro regulador e non transformador
A FGAMT-CIG de Lugo valora con cautela a venda das instalacións de Leche Pascual en Outeiro de Rei (ocupadas até hai uns meses pola extinta Alimentos Lácteos) “tanto pola novidade que supón no sector como pola nula concreción das necesidades no tocante a persoal, o que supón unha complexidade engadida”. Porén, a central sindical agarda que o proxecto progrese axeitadamente e “poida materializar o máis axiña posíbel nestas instalacións punteiras o seu carácter maioritariamente transformador”.
30/9/2014 O comité reclama unha xuntanza co delegado provincial para abordar a carga de traballo
O cadro de persoal de Treves, auxiliar da automoción que se mantén en folga dende o pasado mércores, desenvolveu hoxe unha protesta diante da Xunta en Pontevedra para reclamar unha xuntanza co delegado provincial co obxectivo de abordar a carga de traballo na empresa. Ao remate da mobilización os traballadores/as celebraron unha asemblea na que analizaron o estado das negociacións do novo convenio.
12/9/2014 Ao remate da concentración celebrada onte en Vigo deuse lectura a un comunicado de Xuíces para a Democracia no que se rexeitan as condenas a sindicalistas
Centos de persoas regresaron onte ás rúas de Vigo para trasladarlle a súa solidariedade aos dous traballadores/as condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete informativo e para reclamarlle ao Goberno español a concesión do indulto. Ao remate da concentración, celebrada a última hora da tarde diante do Marco, deuse lectura a un comunicado de Xuíces para a Democracia no que se rexeitan as condenas a sindicalistas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com