Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A mudança política na agenda regional
23/04/2015Julio C. Gambina
A Cimeira das Américas mostrou os sinais não apenas de um subcontinente em mudança, mas de mudanças que têm já significativa expressão instit...
Entrevista a Eric Toussaint: «Non imaxinaron que un goberno antiausteridade faría unha auditoría»
23/04/2015Txisko Fernández
Se en Grecia o Goberno elixido democraticamente cun programa de ruptura coa austeridade logra garantir á súa cidadanía o restablecemento dos dere...
Efectos da aprobación do TTIP sobre a vida e os dereitos das mulleres
21/04/2015Margarida Corral Sánchez
A aprobación do TTIP pode supoñer que os xa cativos dereitos sociolaborais adquiridos tras séculos de loita se perdan de golpe, xa que os EUA non...
A nova desorde mundial
21/04/2015Tariq Ali
Non hai un só país da Unión Europea que teña verdadeira soberanía. Despois da fin da Guerra Fría e a reunificación, Alemaña converteuse no p...
O deslocamento do poder geopolítico para o Oriente
21/04/2015Umberto Martins
Os estrategistas estadunidenses consideram que o maior desafio do império, na atualidade, é precisamente conter a ascensão da China. Mas a cada d...
América Latina despois de Panamá
16/04/2015Juan Manuel Karg
Israel prepara a guerra
13/04/2015Immanuel Wallerstein
FGAMT FGAMT
26/10/2010 CIG-Salnés relaciona o cese coa súa participación nunha manifestación o día da folga xeral e anuncia que recorrerá a decisión no xulgado
Compañeiros/as e delegados sindicais da CIG no comité de empresa realizaron unha concentración diante da planta de Vertifil, no polígono de Mirallos da localidade pontevedresa de Moraña, para protestar polo despedimento da traballadora despois de que participase na manifestación convocada pola central en Vilagarcía o día da folga xeral. Durante o acto denunciaron que nos últimos meses producíronse até tres ceses por motivos ideolóxicos e anunciaron que levarán o caso aos tribunais.
25/10/2010 A persecución comezou logo de que o afectado rexeitase a oferta económica da empresa, que pretende que o empregado abandone o seu posto
A FGAMT-CIG de Ferrol desenvolveu o pasado venres 22 de outubro unha concentración diante do estabelecemento de Panadería La Nueva para denunciar a situación de acoso contra un traballador que se está a dar nesta empresa e trasladar o apoio e solidariedade ao compañeiro afectado, de baixa médica a causa da presión á que está sometido.
20/10/2010 Ameazan con convocar unha folga indefinida se non se soluciona a situación
As traballadoras de Peletería Senda (Pepe Nieto), en Compostela, veñen de reiniciar as mobilizacións para exixir que se lles aboen os salarios adebedados. O pasado venres, día 15 de outubro, concentráronse diante da peletería, en pleno ensache compostelano, para denunciar a súa situación e mañá volverán a concentrarse ás 19:00 horas diante da tenda ubicada na rúa Xeneral Pardiñas. Aseguran que continuarán coas mobilizacións até que a empresa salde as débedas e advirten que irán a unha folga indefinida se non se lle dá unha solución inmediata a esta situación.
19/10/2010 Os delegados da CIG levan máis de dous anos denunciando as prácticas abusivas da empresa
Os delegados da CIG na empresa Augas de Mondariz reclaman ao xefe da Inspección de Traballo que tome medidas para garantir o cumprimento da legalidade nas contratacións na empresa. Sosteñen que levan máis de dous anos denunciando as irregularidades sen que o inspector de zona teña emitido ningún informe até o de agora.
18/10/2010 Ducias de persoas participaron o domingo nunha nova marcha cidadá convocada polo colectivo
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo desenvolveu o domingo 17 de outubro unha nova marcha cidadá a prol do saneamento e a recuperación deste espazo natural. Dende a plataforma lembran que levan máis de dous anos reivindicando solucións para o grave deterioro da ría sen que até o momento se levasen a cabo ningún dos proxectos comprometidos nin se iniciasen actuacións serias de cara a evitar os frecuentes vertidos de augas residuais urbanas e o saneamento integral da zona.
15/10/2010 A central presentou unha denuncia na Inspección de Traballo contra as empresas concesionarias por negarse a negociar protocolos de prevención
A FGAMT-CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra as empresas concesionarias do servizo público Noitebús na provincia de A Coruña por incumprimentos na lexislación de Saúde Laboral. O sector de Transportes da CIG lembra que este servizo nocturno ten unhas características peculiares que xeran situacións de perigo para os condutores e condutoras, polo que requiren dunha avaliación de riscos que as empresas se negan a realizar, alegando que se trata dun problema de orde pública do que non son responsábeis.
6/10/2010 Reclaman que se garanta a súa supervivencia unha vez demostrado que a zona declarada como B non se rexenerou e non hai molusco
Arredor de cen mariscadores e mariscadoras iniciaron esta mañá un peche na delegación da Consellaría do Mar en A Coruña para demandar da responsábel de Pesca da Xunta, Rosa Quintana, que manteña o convenio subscrito co colectivo, unha vez demostrado que na área declarada ilegalmente zona B non existen marisco e polo tanto non se produciu unha rexeneración da ría, tal e como se aseguraba dende a administración galega.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com