Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
FGAMT FGAMT
23/3/2011 As organizacións sindicais alertan das consecuencias que o novo decreto terá na calidade asistencial e non descartan convocar folga no sector
A CIG, UGT e CCOO compareceron este mércores en rolda de prensa para denunciar novamente os recortes que o transporte sanitario está a padecer e alertar das consecuencias que a aplicación do recén aprobado decreto que regula os servizos de ambulancias terá na calidade asistencial e nos postos de traballo. As organizacións sindicais anunciaron a celebración de asembleas de traballadores/as nas sete cidades para estudar un calendario de mobilizacións.
22/3/2011 Piden a dimisión do conselleiro de Industria e do director do Igape, que non deu detalles das ofertas de compra na reunión de onte
As traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizaron hoxe unha concentración diante da delegación da Consellería de Industria e do Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e a “nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes da CIG e do comité de empresa reclamaron a dimisión do conselleiro Javier Guerra e do presidente do Igape despois de que non lles trasladase os detalles das ofertas de compra existentes durante a xuntanza que tivo lugar onte.
21/3/2011 Dende a CIG e o ex comité de empresa reclaman a dimisión do conselleiro e do presidente do Igape pola súa “nula xestión”
As traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizarán mañá unha concentración diante da delegación da Consellería de Industria e o Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e a “nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes da CIG e do comité de empresa compareceron hoxe publicamente para reclamar a dimisión do conselleiro Javier Guerra e do presidente do Igape.
17/3/2011 As protestas contra a represión na empresa, convocadas a niven estatal, incluíron un paro que se prolongou media xornada
Varios centos de traballadores e traballadoras de telefónica da provincia de Pontevedra percorreron hoxe en manifestación as rúas de Vigo para esixir a readmisión de dous compañeiros/as despedidos en Madrid e Barcelona. As protestas, convocadas a nivel estatal para denunciar a actitude represiva da empresa, incluíron un paro de media xornada e concentracións ás portas da compañía. As mobilizacións, que se repetirán o vindeiro 7 de abril, tamén tiveron eco en Lugo, Ourense e A Coruña.
15/3/2011 A compañía rescindiulle o contrato a dous empregados/as nunha manobra encamiñada a rematar coas relacións laborais existentes
Representantes da CIG en Telefónica compareceron en rolda de prensa para anunciar a convocatoria de mobilizacións nas catro provincias galegas contra a decisión da empresa de despedir a dous traballadores/as. As protestas .que a nivel estatal están secundadas polos sindicatos ELA, LAB, AST, Cobas, ESK, EC, CGT e UTS, ademais dos comités provinciais de Barcelona, Madrid e País Vasco- consisten nun paro de media xornada os vindeiros días 17 de marzo e 7 de abril e en distintas manifestacións. En Viga está prevista unha concentración fronte ao edificio da Central do Calvario (Urzáiz 131) ás 12.00 horas. A continuación celebrarase unha manifestación na mesma rúa.
14/3/2011 A empresa entregou carta de vacacións a todo o persoal, anunciou concurso de acredores e traspasou o servizo escolar que realizaba e varios autobuses á Autocares Vázquez
A CIG vén de presentar denuncia na Fiscalía da Audiencia Provincial da Coruña contra os propietarios da empresa de transportes Romar-Bus por un posíbel delito de alzamento de bens. A empresa, que se atopa nunha situación incerta, deixou de realizar o pasado 1 de marzo todos os contratos de transporte escolar que tiña coa Consellaría de Educación e con entidades privadas para o servizo dos colexios de Santa Comba e A Coruña.
7/3/2011 A CIG de Valdeorras denuncia que o empresario só paga parte das dietas correspondentes ás rutas de viaxe
Os traballadores e traballadoras Transportes Fidel Rey , de Vilamartín de Valdeorras, estudan convocar folga diante da débeda salarial que a empresa mantén. Segundo informaron dende a CIG de Valdeorras, o persoal permanece sen cobrar dende hai seis meses e o empresario só abona parte das dietas correspondentes ás rutas de viaxe.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com