Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
FGAMT FGAMT
18/3/2016 Unha representación do persoal de Servicarne e da CIG mantivo unha xuntanza coa alcaldesa para que medie no conflito laboral
Os folguistas de Servicarne, persoal autónomo dependente da empresa de procesados cárnicos Frigolouro do Porriño, aproveitaron a segunda xornada de folga para mobilizarse polas rúas da localidade e mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa, que se comprometeu a mediar no conflito laboral. Arredor do 80% do persoal volveu secundar un paro indefinido para reclamar melloras nas súas condicións laborais que se suspende até o vindeiro luns.
17/3/2016 O paro indefinido iniciado hoxe polo persoal da subcontrata Servicarne afectou a produción da compañía cárnica do Porriño
Máis do 80% do persoal autónomo dependente da empresa Frigolouro do Porriño (do grupo ourensán Coren) secundou a primeira xornada de folga convocada pola CIG para reclamar melloras nas súas condicións laborais. O paro indefinido iniciado hoxe polos falsos autónomos/as pertencentes á subcontrata Servicarne afectou a produción da compañía cárnica con sede no Porriño.
16/3/2016 Advirte da caída no nivel de eficacia do 061 nos últimos anos polos recortes no servizo
A CIG-Transportes compareceu este mércores en rolda de prensa para denunciar que as ambulancias concertadas ou de apoio á rede do 061 están na realidade a funcionar como ambulancias de emerxencias, cando non están nin equipadas nin poden legalmente realizar estes servizos. Esta circunstancia empeora gravemente a calidade asistencial, ao que hai que engadir a privatización da atención telefónica do 061.
16/3/2016 O paro indefinido promovido pola CIG na compañía pontevedresa comeza este xoves
A CIG convoca folga indefinida na empresa Frigolouro do Porriño a partir deste xoves día 17 para reclamar “unhas mínimas condicións laborais” para o persoal autónomo dependente que pertence a Servicarne. A decisión foi adoptada tras constatar a falta de diálogo e compromiso da dirección da compañía de alimentación con respecto á mellora das condicións de traballo.
11/3/2016 Denuncian que están facendo xornadas moi superiores e cobrando salarios moi inferiores aos legalmente establecidos
Traballadores/as das empresas Ambupadrón, Ambuibérica e Casablanca, concesionarias do 061 concentráronse diante das dependencias do servizo de emerxencias sanitarias para demandar o cumprimento do convenio e das condicións establecidas nas contratas, que contemplan máis traballadores/as en cada base para garantir un correcto funcionamento.
9/3/2016 O persoal realizou unha concentración diante do consistorio ferrolá
Traballadores e traballadoras de Tranvías de Ferrol concentráronse este mércores diante do Concello de Ferrol para reclamar á Xunta que resolva dunha vez a reorganización das liñas de autobuses solicitada pola empresa hai máis de tres anos. Unha reestruturación que permitiría mellorar o servizo para os usuarios/as e permitía manter os empregos.
2/3/2016 Denuncian que a pasividade da Xunta para contestar á proposta de reorganización da empresa pon en risco os empregos
A representación do persoal de Tranvías de Ferrol compareceu en rolda de prensa este mércores para informar da situación que se está a xerar pola falta de resposta da Xunta á solicitude de reestruturación das liñas de transporte urbano, e que pon en cuestión a viabilidade da empresa e, polo tanto, a continuidade dos postos de traballo actuais.
cig.prensa@galizacig.com