Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Brasil, chave do futuro da América Latina
31/05/2016Emir Sader
A eventual destituição de Dilma e o final da experiência de governo do PT no Brasil aparece, para a direita continental, como o que seria uma vir...
A natureza da crise sistêmica global: às vésperas do choque das placas tectônicas do capital
30/05/2016Edmilson Costa
Mesmo com toda a ofensiva do capital, o quadro de aparente calmaria pode mudar bruscamente se as massas se colocarem em movimento. Todas as revoltas...
Colonialismo, Neocolonialismo e Balcanização: As três idades de uma dominação
30/05/2016Said Bouamama
À mutação da base material do capitalismo corresponde uma mutação das formas da dominação política. O principal objectivo já não é instal...
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
Metal Metal
27/5/2016 A central acusa a maioría do comité (CCOO) de colaborar coa dirección ao non aceptar que se celebren asembleas no centro de traballo
A federación de Industria da CIG de Vigo denuncia que Dinak, empresa dedicada á fabricación de chemineas metálicas con sede en Teis, está a despedir ao persoal que reclama o cumprimento do convenio colectivo, nomeadamente en materia de categorías laborais e de xornada. Dende a central acusan a maioría do comité (CCOO) de colaborar coa dirección ao non aceptar que se celebren asembleas no centro de traballo para informar sobre a situación e tomar decisións ao respecto.
12/5/2016 O proceso celebrouse este mércores
A CIG-Industria de Ferrol vén de gañar as eleccións sindicais celebradas este mércores na empresa Electrorayma, ao conseguir catro representantes dos nove que se elixían, fronte aos tres membros de CCOO e dous da UGT.
11/5/2016 A concentración tivo lugar diante do Xulgado de Ribadavia coincidindo co acto de conciliación
Arredor de 20 delegados sindicais da federación de Industria da CIG de Ourense desenvolveron este luns unha nova concentración solidaria co traballador despedido pola empresa Cubiertas Metálicas Gallegas (Cumegal) que recentemente foi denunciado por pegar carteis rexeitando a represión sindical. A protesta tivo lugar este luns diante do Xulgado de Ribadavia, na Praza Maior, coincidindo co acto de conciliación.
6/5/2016 O Comité denuncia tamén a aplicación, sen negociación, dun incremento do 30% da produción de pezas por xornada laboral
Traballadores e traballadoras da fábrica que Vestas ten en Chavín (Viveiro) mobilizáronse este venres en demanda da readmisión dun compañeiro despedido, en rexeitamento á decisión unilateral da empresa de incrementar nunha media dun 30% a produción de pezas por xornada laboral e para esixir o cese das presións sobre o persoal.
4/5/2016 O venres día 6 entre as 13:00 e as 15:30 horas
O comité de empresa da fábrica de Vestas en Chavín (Viveiro) ten convocada unha concentración para este venres, 6 de maio, entre as 13:00 e as 15:30 horas, en rexeitamento ao despedimento dun traballador e contra da decisión da compañía de incrementar o número de pezas por xornada laboral, nunha media dun 30%.
28/4/2016 O grupo de automoción con sede no Porriño, que recibe axudas públicas e obtivo beneficios, busca empeorar as condicións laborais
A federación de Industria da CIG acusa o grupo de automoción Viza, con sede no Porriño, de ameazar con deslocalizar produción a Chequia para forzar a negociación dun convenio colectivo á baixa e empeorar as condicións laborais do cadro de persoal. Dende a central lembran que a empresa, que fabrica compoñentes para o sector do automóbil, recibe subvencións públicas da Xunta e do Estado e obtivo beneficios nos últimos anos.
21/4/2016 Anuncia a súa intención de “impugnalo” e denuncia que traslada ao sector os recortes de dereitos contemplados nas reformas laborais do PSOE e do PP
O pasado 29 de marzo CCOO, UGT e CONFEMETAL asinaron un Convenio Estatal para o sector do Metal que aplica as reformas laborais de 2011 do PSOE, que abría a posibilidade de deixar sen efecto a negociación colectiva provincial, e a de 2012 do PP, que dá prioridade aos convenios de empresa sobre os sectoriais, posibilitando condicións inferiores ás do sector. Reformas que foron contestadas no seu día e que a CIG-Industria denuncia que “agora utilizan para abaratar salarios ou introducir máis flexibilidade nas condicións laborais”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com