Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grecia e a recuperación da política na economía
03/07/2015Alfredo Serrano
A democracia participativa non ten cabida na economía dos expertos. Velaquí a cuestión: a economía deseñada por uns poucos a favor duns poucos ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
A solução dos problemas do povo grego só pode ser alcançada no caminho da afirmação da soberania e da ruptura com o diktat e os mecanismos de ...
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Na Ucrânia se trava uma grande batalha contra o fascismo, o triunfo das forças obscuras deixaria aberta a via da opção fascista, nunca descartad...
A crise da UE e a “experiência” grega
25/06/2015Ângelo Alves
A realidade na Grécia, mas também em toda a UE, é de uma luta de classes muito aguda. Nessa luta, os fatores nacional e supranacional relacionam-...
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
O modo como a crise financeira da Europa do Sul tem sido "resolvida", o vasto cemitério líquido em que se transformou o Mediterrâneo, o crescimen...
A nova xeopolítica do petróleo
01/06/2015Ignacio Ramonet
Químicas Químicas
30/6/2015 As traballadoras e os traballadores, que teñen pendente de cobrar media nómina de abril e todo maio, volveron mobilizarse este martes
As traballadoras e os traballadores do Grupo Editorial La Capital volveron mobilizarse este martes, 30 de xuño, coincidindo co remate do segundo ERE temporal, que teñen vixente dende o pasado ano. Coa protesta queren reivindicar, unha vez máis, o abono dos salarios adebedados e un plan de viabilidade que garanta a continuidade dos empregos e o mantemento dos distintas cabeceiras que edita o grupo empresarial.
23/6/2015 A representación dos traballadores/as saúda a decisión, xa que a consecuencia inmediata é a recuperación do paro consumido
MASOL IBERIA BIOFUEL, S.L., a planta de biodiésel do porto exterior de Ferrol, vén de someterse ante a demanda de impugnación do ERE presentada polos representantes do persoal, e solicitou do xulgado do social a declaración de nulidade do procedementopor causas formais.
15/6/2015 Este luns houbo concentracións en El Ideal Gallego e Diario de Ferrol e mañá está convocada unha protesta no Diario de Arousa
Atrasos no cobro das nóminas, débedas salariais, ausencia dun plan de viabilidade e incerteza sobre o futuro dos empregos levaron as traballadoras e os traballadores de Editorial La Capital a retomar as mobilizacións diante dos distintos xornais cos que conta o grupo empresarial.
15/6/2015 A central nacionalista aumenta a súa representación en detrimento da UGT
A federación de Industria da CIG vén de gañar as eleccións sindicais na empresa CZ Veterinaria do Porriño ao conseguir os 9 delegados/as que se escollían no comité de empresa. A central nacionalista aumenta deste xeito a súa representación en detrimento do sindicato estatal UGT.
12/6/2015 A central gañou as eleccións sindicais "a pesar da clara aposta da dirección pola candidatura da UGT"
A CIG vén de gañar as eleccións sindicais celebradas por vez primeira na empresa Galicia Auto Estampación de Ribadavia, pretencente ao grupo Estampaciones Rubi. A central obtivo os tres representantes que se escollían “a pesar da clara aposta da dirección pola candidatura da UGT”.
11/5/2015 A proposta da patronal precariza as condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras e introduce unha flexibilidade que podería superar o 20%
A CIG-Industria vén de convocar folga no sector de Artes Gráficas en demanda do desbloqueo das negociacións, de que se garanta a continuidade do convenio, dunhas condicións laborais e salariais dignas que permitan recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos e en demanda dun convenio galego para o sector.
29/4/2015 A central obtivo 3 dos 5 delegados/as que se elixían
A CIG volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Placasa (Carballo) celebradas o martes 28 de abril, ao obter tres dos cinco delegados/as que se elixían. Con este resultado a CIG consolida a súa presenza na empresa e a  maioría no Comité. 
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com