Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Saúde Saúde
17/10/2012 Concentráronse na entrada do Hospital Clínico para denunciar a manipulación de datos persoais por parte da xerencia, para contratar enfermeiros/as, en vez de técnicos
Técnicos Superiores en Imaxe para o Diagnóstico concentráronse este martes na entrada do Hospital Clínico, para denunciar a súa situación laboral e o descrédito ao que están sendo sometidos. Denuncian que a Dirección de Enfermería manipula os dados do persoal do servizo de radioloxía para contratar enfermeiros/as, en vez de técnicos, que non se lles responde aos escritos e que non definen por escrito as funcións dos diferentes grupos que traballan nos servizos de radiodiagnóstico, saltando así a legalidade vixente.
17/10/2012 Presentou a denuncia, este martes, 16 de outubro, perante o xulgado de garda do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela
A Plataforma SOS Sanidade Pública vén de presentar unha denuncia perante o xulgado do contencioso de Santiago de Compostela contra a Dirección de Recursos Económicos do SERGAS por non teren esta achegado o informe encargado á consultora Price Waterhouse Coopers S.L. (“consultora de cabeceira” do SERGAS) no que se deberían avaliar as ofertas presentadas polas distintas construtoras na contratación pública para explotar o Novo Hospital de Vigo.
15/10/2012 A Federación denuncia o amoreamento dos/as enfermos/as e a falta de camas para atender todos os ingresos
A CIG-Saúde da Coruña vén de denunciar novamente a situación que están a padecer os/as doentes ingresados/as no Servizo de Urxencias do CHUAC dende o día 11 de outubro até hoxe. A Federación explica que no mediodía deste luns, dos/as 79 doentes que permanecen no Servizo, 47 están ingresados/as á espera de cama, porque non hai camas dispoñíbeis no Hospital.
3/10/2012 A Plataforma SOS Sanidade Pública acusa á Xunta de utilizar a escusa da crise para privatizar o sistema sanitario
Varios milleiros de persoas participaron esta tarde e Vigo na manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e a Xunta de Persoal da área sanitaria para esixir unha sanidade pública de calidade e reclamarlle á Xunta que recupere a concesión do novo hospital e remate a obra “dende o ámbito do público”. Dende o colectivo acusan á Xunta do PP de utilizar a escusa da crise para desmantelar o sistema sanitario público galego.
1/10/2012 A manifestación partirá da Praza dos Cabalos este mércores día 3 a partir das 20.00 horas
A Plataforma SOS Sanidade Pública e a Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo chaman a todos/as os veciños/as da comarca a participar na manifestación convocada este mércores día 3 para reclamarlle á Xunta de Galiza que recupere a concesión do novo hospital e remate o proxecto “dende o ámbito do público”. A mobilización partirá das Praza dos Cabalos a partir das 20.00 horas.
1/10/2012 Pobreza e desigualdade con rostro de muller
A CIG-Saúde xunto coa secretaría da Muller denuncian a pretensión do PP de introducir o copago nas mamografías de control. A decisión farase pública despois da celebración das eleccións en Galiza e Euskal Herria que é cando, segundo anunciou a propia ministra de Sanidade, Ana Mato, se confirmará se o cribado do cancro de mama (mamografías), seguirá formando parte da carteira básica de prestacións sanitarias ou se, pola contra, as mulleres terán que pagar pola realización desta proba diagnóstica, solicitada por un/unha facultativo/a ante a sospeita dun cancro.
21/9/2012 A representación do persoal demanda unha reunión coa Xerencia para abordar a falta de persoal nos centros
O Comité de Centros da Xerencia de Atención Primaria de Lugo vén de manifestar, unha vez máis o seu “máis amplo rexeitamento da política de recursos humanos levada a cabo polo equipo xestor da Xerencia”, que ten suposto un grave deterioro na calidade asistencial prestada.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com