Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Venezuela: Estados Unidos acelera o golpe
27/02/2015Ángel Guerra Cabrera
O golpismo intensificouse sobre todo a partir da elección do presidente Maduro en abril de 2013. Washington e as oligarquías decidiron botar toda ...
A goleada sofrida pelo Syriza nas negociações da UE
27/02/2015Richard Seymour
As classes dominantes da UE também “ganharam tempo”, e elas dispõem dos recursos e estão ao ataque, enquanto o Syriza recuou. Não há motivo...
Grécia: os próximos quatro meses
27/02/2015Michael Roberts
Quanto à privatização, o que não é habitualmente percebido é que se supunha que as receitas da privatização fossem utilizadas para reembolsa...
Golpes na Argentina, Venezuela e Brasil?
27/02/2015Altamiro Borges
Os três países têm vários traços em comum. Em todos eles, a direita partidária sofreu duras derrotas eleitorais nos últimos anos. Forças con...
Syriza, uma via para o poder do povo?
26/02/2015Éric Toussaint
A experiência demonstra que os movimentos de esquerda podem chegar ao governo mas não chegam a conquistar o poder. A democracia ou seja o exercíc...
Ucrânia, um ano depois do golpe
26/02/2015Luís Carapinha
Cuba/EUA: que mudanças?
24/02/2015Rémy Herrera
A Coruña
8/8/2014 Anuncian que van presentar conflito colectivo e as demandas individuais dos traballadores/as que así o soliciten
A Sección Sindical da CIG en Atento vén de emitir unha valoración da negociación do ERE que a empresa vai aplicar en todos os seus centros, subliñando que a maioría dos traballadores e traballadoras da Coruña con dereito a voto no “referendum/paripé”, manifestaron o seu rexeitamento ao expediente. Así mesmo, critican a actitude de CCOO e UGT en todo o proceso e xa adiantaron que a central sindical vai presentar conflito colectivo e demandas individuais do persoal que así o solicite.
26/5/2014 Xulio Fernández Alonso, Eduardo Caamaño Lestón e Vicente Vidal Díaz foron escollidos secretarios comarcais
A CIG-Industria celebrou na tarde do xoves a súas I Asembleas Comarcais en Vigo, A Coruña e Ferrol, culminando así un proceso histórico coa unificación das federacións de Químicas e do Metal, nas que resultaron elixidos Xulio Fernández Alonso, Eduardo Caamaño Lestón e Vicente Vidal Díaz como secretarios comarcais. No proceso de renovación de cargos, tamén se escolleron as Executivas Comarcais e aos membros que formarán parte dos Consellos Federais e dos Consellos Comarcais.
28/3/2014 O proceso desenvolveuse este xoves e tamén elixiu á nova Executiva e á Dirección comarcal federal
A VI Asemblea Comarcal da Federación de Administración Pública da CIG da Coruña elixía este xoves a Eduardo Freire Bragados como novo Secretario comarcal, nun proceso no que concorreu unha única candidatura e na que tamén se elixiu a nova executiva e os membros para a dirección comarcal federal, así como os/as responsábeis de sector.
13/2/2014 A empresa galega de alimentación continúa a rescindirlle o contrato por baixo rendemento a traballadores/as que se atopan de baixa médica
A campaña de protesta iniciada recentemente pola CIG e CCOO contra os despedimentos en Gadis na provincia da Coruña trasladarase nos vindeiros días á de Pontevedra tras constatarse que a empresa de alimentación segue a rescindirlle o contrato por baixo rendemento a traballadores/as que se atopan de baixa médica. A primeira das mobilización terá lugar fronte ao supermercado da rúa Rosalía de Castro de Vigo o vindeiro venres día 21 e posteriormente as protestas regresarán á semana seguinte á Coruña.
17/12/2013 O persoal queda sen máis marco legal laboral que o Estatuto de Traballadores/as e as empresas poderían impor o salario mínimo
CIG, CCOO e UGT anunciaron esta mañá, en rolda de prensa, a convocatoria de folga e mobilizacións no sector de Lavandarías, Tintorerías e Pranchado de Roupa da provincia da Coruña os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro. Serán paros parciais, de 8 da mañá a 13:00 horas e de 19:20 ás 21:20 horas, pola ruptura das negociacións do convenio colectivo, o que provocou que decaera, ao pasar o ano de ultraactividade, deixando ao persoal do sector sen máis marco legal que o básico contemplado no Estatuto de Traballadores/as. As primeiras concentracións serán este venres, ás 12:00 diante da Rosaleda (Santiago) e o Hospital Quirón (A Coruña).
25/8/2013 Os traballadores/as da planta de tratamento de residuos de Nostián, en folga dende o 28 de xullo, convocan unha manifestación este martes ás 12.00 horas dende a Praza de Pontevedra
Os comités de empresa de Urbaser-Ferrol, Cespa-Pontevedra, FCC-Vigo, Urbaser-Lugo, Ecourense, Urbaser-Narón e Urbaser-Santiago veñen de facer público un comunicado no que se solidarizan coa loita dos traballadores/as de Albada e amosan o seu apoio á xornada de folga de 24 horas convocada no sector de limpeza viaria, recollida de lixo e tratamento de residuos da área da Coruña dende as 23.00 horas deste luns 26 de agosto até as 23.00 horas do martes 27.
19/7/2013 Desconvócanse, xa que logo, as mobilizacións previstas para o mes de setembro
A loita das traballadoras e traballadores de comercio vario da provincia da Coruña, que protagonizaron unha xornada de folga o pasado 1 de xullo, deu os seus froitos. Esta mañá a comisión negociadora asinaba o acordo de manter a ultravixencia do convenio por un ano garantíndose así o mantemento das condicións laborais durante este período. A CIG-Servizos manifesta a súa satisfacción por este acordo polo que quedan inicialmente desconvocadas as mobilizacións previstas para o mes de setembro.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com