Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
A Coruña
19/3/2013 Derivados das políticas de desmantelamento e amortización de postos de traballo que está a aplicar a Xunta en todos os departamentos
A CIG-Administración da Coruña vén de denunciar en rolda de prensa as consecuencias que están as ter as políticas privatizadoras e de amortización da Xunta do PP, que suporán a perda de emprego público e a desaparición de moitos servizos públicos na comarca. Unha política de desmantelamento da administración, explicou a Secretaria Nacional da Federación da CIG, Maricarme López Santamariña, que está comezando a reflectirse mesmo nos datos da EPA, pois xa recolle un acelerado ritmo de destrución de emprego de carácter público.
12/3/2013 Persoal de Dependencia de Ferrol mantivo unha reunión co alcalde e o do Complexo Xuvenil de Gandarío convoca unha concentración
O Comité de empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña mantivo este martes unha reunión có alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp, para tratar das amortizacións de postos de traballo na Oficina de Valoración da Dependencia e Discapacidades de Ferrol e o seu traslado á cidade da Coruña. Na xuntanza estiveron presentes así mesmo traballadoras desta Oficina da Dependencia.
5/3/2013 A multinacional mantén unha postura inmobilista e négase mesmo a asumir unha cláusula de recuperación de cantidades no caso de obter beneficios
O persoal de Alcoa Inespal continuou este martes co calendario de paros e concentracións en rexeitamento ás pretensións da empresa de descolgarse do convenio e aplicar unha rebaixa salarial que suporía unha perda de ingresos de arredor de 4.000 euros anuais por traballador/a. Dende a Sección Sindical da CIG entenden que con esta medida a empresa só busca recortar máis as condicións laborais, xa que nin quere negociar fórmulas de retorno e nin sequera presentou un plan de viabilidade.
27/2/2013 Familiares dos empregados/as concentráronse ás portas das instalacións en apoio ao persoal, que tamén recibiu a visita do Secretario Xeral da CIG
Os traballadores e traballadoras da Fábrica de Armas da Coruña continuaron este mércores co peche de 48 horas en contra do ERE de extinción presentado pola empresa e o anuncio de cesar a actividade. Nesta segunda xornada recibiron a visita do Secretario Xeral da CIG e o apoio dun nutrido grupo de familiares que se concentrou na tarde ás portas das instalacións.
21/2/2013 Logo de coñecerse o demoledor informe da delegación europea sobre a situación da ría e co obxectivo de forzar un entendemento para avanzar na recuperación e rexenaración da área
Ante a reiterada falta de avances nas actuacións na Ría do Burgo e logo de coñecerse as contundentes conclusión da visita da Delegación do Parlamento Europeo á zona, a Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo (da que forma parte a CIG) e a Confraría de Pescadores da Coruña veñen de convocar a todas as administracións implicadas a unha reunión no salón de Actos da Casa do Mar o vindeiro venres 1 de marzo, ás 17:00 horas.
14/2/2013 Advirten que esixirá o mantemento da actividade e dos postos de traballo
A Sección Sindical da CIG en Santa Bárbara vén de manifestar o seu máis enérxico rexeitamento ao anuncio da Dirección da Empresa de pechar a Fábrica de armas da Coruña. Dende a Sección Sindical critícase que o grupo General Dynamics non teña cumprido cos seus compromisos de inversións tecnolóxicas e achega de carga de traballo que adquiriu no momento da súa privatización, “como o demostran as Contas de Resultados Anuais, nas cales queda patente a dependencia case absoluta dos pedidos do Ministerio de Defensa”.
11/2/2013 Contempla un incremento salarial do 0% para 2011; do 0% para 2012; do 0,8% para 2013 e do 1% para 2014
A CIG-Servizos vén de expresar o seu rexeitamento ao convenio do sector de limpeza de edificios e locais da Coruña asinado por CCOO e UGT, que supón aceitar un acordo que contempla condicións salariais mesmo inferiores á peor das propostas presentadas con anterioridade pola patronal e que estas mesmas centrais sindicais se negaron a asinar, no seu momento, chegando a convocar mobilizacións para demandar melloras.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com