Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
O neoliberalismo do século XX foi uma tragédia. Um neoliberalismo do século XXI seria uma nova tragédia e uma farsa. O neoliberalismo surgiu...
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
A Coruña
13/3/2012 A representación do persoal mantivo un peche simbólico durante tres horas
O Comité de Sykes Enterprises levou a cabo este martes unha ocupación simbólica no centro de traballo que Telefónica de España ten en Monte Alto, en protesta polo masivo proceso de despedimentos que se está a sufrir na multinacional do telemárketing e para demandar de Telefónica que aclara que a que compañía vai levar esta campaña.
7/3/2012 O Comité demanda da dirección que acredite a perda do contrato con Telefónica-Movistar, e a esta última que aclare en que plataforma vai operar
O Comité de Sykes Enterprises vén de iniciar un calendario de mobilizacións en rexeitamento ás pretensións da empresa de despedir a 165 traballadoras/es da plataforma da Coruña, aproveitando as facilidades da reforma laboral. O persoal realizou unha concentración ás portas da empresa entre as 14:30 horas e as 15:30 horas deste mércores e mañá está convocada unha nova protesta por parte da CIG, a partir das 12:00 horas.
29/2/2012 A multinacional convértese así na primeira empresa da comarca en aproveitar as facilidades da nova reforma laboral para reducir persoal
O Comité de Sykes quere manifestar publicamente o seu máis firme rexeitamento ás pretensións da dirección de despedir a 165 traballadores/as da plataforma da multinacional na Coruña. Esta medida efectivizaríase, segundo comunicou á empresa, a través do despedimento de 81 traballadores/as eventuais e coa aplicación dun ERE de extinción para outros 84 empregados/as fixos/as, baixo as condicións estabelecidas na nova reforma laboral.
24/2/2012 A Sección Sindical da CIG rexeita o acordo para a suspensión temporal porque a empresa non garante a continuidade da fábrica nin dos empregos
A Sección Sindical da CIG en Alcoa quere reiterar que non participa na sinatura do acordo do ERE para a planta da Coruña porque non recoñece as causas económicas e produtivas achegadas pola dirección na documentación do expediente e nas que basea esta medida. Os delegados da CIG tampouco poden aceptar o Plan de Acompañamento Social do ERE porque non quedan recollidas garantías do mantemento do emprego nin da continuidade da actividade da fábrica.
20/2/2012 Realizaron concentracións nas peaxes de Figueirido, en Pontevedra, e na sede central da Coruña
Traballadores e traballadoras da empesa Autoestrada do Atlantico (Audasa) realizaron hoxe concentracións de protesta para denunciar publicamente o aproveitamento “vicioso e inmoral” da nova reforma laboral por parte da dirección, despedindo a traballadores e traballadoras pola vía de “aceptas ou para a casa con 20 días”. Os afectados/as levaron a cabo as accións de protesta nas peaxes de Figueirido, en Pontevedra, e na sede central da Coruña.
3/2/2012 A marcha, convocada polo Comité, contou tamén coa presenza de traballadores/as das fábricas de San Cibrao e Avilés
Miles de persoas manifestáronse na tarde deste venres en contra do expediente de regulación de emprego presentado por Alcoa Inespal e contra a deslocalización da produción da planta da Coruña. A marcha, convocada polo Comité de empresa, contou coa participación de traballadores e traballadoras das fábricas que a multinacional ten en San Cibrao e Avilés, así como tamén estivo o Secretario Xeral da CIG, o Secretario Nacional da CIG-Metal e membros da executiva federal.
2/2/2012 O Comité ten convocada unha manifestación o venres 3 de febreiro, que partirá da coruñesa Praza da Palloza ás 20:00 horas
Os traballadores e traballadoras da factoría que Alcoa ten na Coruña continuaron este xoves co calendario de mobilizacións en contra do expediente de regulación que a multinacional quere pór en marcha logo de acordar unha recorte da produción na factoría do 50%. O ERE de suspensión temporal, de aprobarse, afectaría á metade dos 420 traballadores/as da planta e tería unha vixencia de 12 meses.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com