Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
A UE conduz uma guerra. Descrever essa guerra como uma guerra que opõe países ricos e países pobres não ajuda a entender a sua natureza. É uma ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
A Coruña
3/2/2012 A marcha, convocada polo Comité, contou tamén coa presenza de traballadores/as das fábricas de San Cibrao e Avilés
Miles de persoas manifestáronse na tarde deste venres en contra do expediente de regulación de emprego presentado por Alcoa Inespal e contra a deslocalización da produción da planta da Coruña. A marcha, convocada polo Comité de empresa, contou coa participación de traballadores e traballadoras das fábricas que a multinacional ten en San Cibrao e Avilés, así como tamén estivo o Secretario Xeral da CIG, o Secretario Nacional da CIG-Metal e membros da executiva federal.
2/2/2012 O Comité ten convocada unha manifestación o venres 3 de febreiro, que partirá da coruñesa Praza da Palloza ás 20:00 horas
Os traballadores e traballadoras da factoría que Alcoa ten na Coruña continuaron este xoves co calendario de mobilizacións en contra do expediente de regulación que a multinacional quere pór en marcha logo de acordar unha recorte da produción na factoría do 50%. O ERE de suspensión temporal, de aprobarse, afectaría á metade dos 420 traballadores/as da planta e tería unha vixencia de 12 meses.
12/1/2012 Os actos de apoio terán lugar o vindeiro mércores 18 de xaneiro na Coruña e Pontevedra
A CIG convoca concentracións solidarias coincidindo cos xuízos contra dous compañeiros da federación de Servizos. Os actos de apoio terán lugar o vindeiro mércores 18 de xaneiro diante dos xulgados da Coruña e Pontevedra unha hora antes do inicio das sesións, fixadas para as 11.00 e 12.00 horas respectivamente. A central nacionalista vén de poñer en marcha unha campaña baixo o lema “Defendérmonos como clase é un dereito, non un delito” coa que se pretende denunciar a represión policial e xudicial que sofren moitos e moitas militantes pola súa actividade sindical.
10/1/2012 Os representantes da central sindical na factoría da Coruña demandan á multinacional un reparto equitativo do recorte de produción entre todas as plantas
Os representantes da CIG en Alcoa A Coruña manifestan o seu absoluto rexeitamento ás pretensión da multinacional do aluminio de aplicar un expediente de regulación de emprego temporal na factoría coruñesa e de Avilés, xa que entenden que un ERE carece de xustificación e o único que pretende a compañía con esta medida é avanzar no proceso de desmantelamento e deslocalización da produción cara a outros países.
5/1/2012 O faro pechará a partir do 15 de xaneiro e o Goberno local segue sen garantir a subrogación do persoal
Os traballadores e traballadoras da Torre de Hércules levaron esta mañá o seu particular agasallo de reis aos membros do goberno municipal da Coruña: tres sacos de carbón, que remitiron ao alcalde, ao primeiro tenente de alcalde e á concelleira de Emprego e Turismo, en protesta pola decisión de pechar o faro e a ausencia de garantías sobre o seu futuro laboral.
2/1/2012 A empresa impuxo unha sanción por unha infracción moi grave a un traballador por negarse a descargar un camión estacionado no medio da rúa, por onde circulan os vehículos
Delegados e delegadas da CIG desenvolveron esta mañá unha nova protesta en contra da persecución e acoso que Gadis está a realizar contra un membro do Comité provincial da Coruña e afiliado á central nacionalista. A empresa de distribución impuxo unha sanción por falta moi grave a este delegado, logo de negarse a realizar a descarga dun camión estacionado no medio da rúa que rodea a Praza de Lugo, e por onde circulan os vehículos.
29/12/2011 As organizacións sindicais advirten que se non se produce un cambio haberá folga indefinida a partir do 9 de xaneiro
Máis do 90% dos estabelecementos do centro comercial Catro Camiños (na Coruña) pecharon o xoves as súas portas durante a folga convocada polas organizacións sindicais contra a ampliación do horario de apertura. De feito, agás C&A, todas as tendas do Grupo Inditex, Cortefield e unha parte importante do pequeno comercio secundaron o paro que se realizou entre as 21 e as 22 horas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com