Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As duas caras da campanha de Sanders
03/05/2016Fred Goldstein
Os progressistas e revolucionários não devem ignorar o lado negativo de Sanders e o engodo enganador do Partido Democrata. Sanders não acolheu to...
A crise no Brasil
03/05/2016Perry Anderson
Na América do Sul, um ciclo está chegando ao fim. Por uma década e meia, sem a pressão direta dos Estados Unidos, fortalecidos pelo boom das com...
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
automoción
28/6/2011 A compañía da automoción amósase intransixente en temas como o incremento salarial, redución de xornada e complemento por baixa
Os tres sindicatos con representación no comité de empresa de Denso Sistemas Térmicos (CIG, CCOO e UGT) anunciaron hoxe a convocatoria de folga indefinida ante a intransixencia da firma da automoción na negociación do convenio colectivo. A decisión do paro, que entrará en vigor a partir das 00.00 horas do vindeiro luns, adoptouse tras a negativa da dirección a chegar a un acordo en aspectos como o incremento salarial, a redución de xornada e o complemento de baixas por accidente laboral ou enfermidade profesional.
18/2/2011 A central entra deste xeito na única empresa importante do sector da automoción na que non tiña representación
A CIG obtivo cinco representantes no comité de empresa de Visteon nas primeiras eleccións sindicais nas que presentou candidatura, o que supón lograr representación na única compañía importante do sector da automoción na que a central non tiña presenza. Dende a federación de Químicas e Enerxía agradecen o apoio a confianza recibidos por parte dos traballadores/as da empresa de Salceda de Caselas.
10/2/2011 A central sospeita que a compañía quere facer unha redución progresiva do plantel
Membros da Coordinadora da Automoción da CIG realizaron hoxe unha concentración de protesta ás portas do Grupo Antolín PGA do Porriño para denunciar que a empresa despediu xa a cinco traballadores entre decembro e xaneiro, tres deles afiliados da central nacionalista. Dende a central nacionalista sospeita que a compañía está a levar a cabo unha redución progresiva do número de empregados/as -ten 120 na actualidade- para non crear alarma social e advirte que as rescisións de contrato poderían estenderse a outras auxiliares da automoción.
3/11/2010 A Coordinadora da Automoción da CIG mantivo unha xuntanza cos representantes da patronal para abordar a situación no sector diante do anuncio de frabicación dos novos modelos de Citroen
A Coordinadora da Automoción da CIG mantivo na mañá deste mércores unha reunión cos representantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galiza (CEAG) para abordar a situación das empresas do sector que neste momento non contan con carga de traballo para os novos modelos de Citroen e tratar de buscar solucións a falta de actividade. Dende o Clúster comprometéronse a repartir a carga de traballo entre todas aquelas factorías que queden sen produción, así como aceptaron crear unha Mesa Social para seguir a evolución da situación nas empresas de automoción.
18/10/2010 A central esixe unha entrevista cos seus responsábeis para abordar o futuro do sector e non descarta convocar unha folga na comarca viguesa
A Coordenadora da Automóbil da CIG realizou este luns 18 unha acción de protesta na sede do Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga) para reclamar unha entrevista cos seus responsábeis diante das informacións que apuntan a unha deslocalización dos compoñentes dos novos modelos de Citroën. Delegados/as da central e traballdores/as do sector ocuparon a sede de Ceaga durante media hora para esixir carga de traballo para as auxiliares e o mantemento dos empregos.
6/4/2010 Reclaman garantías da continuidade do emprego máis alá do 2010 e que se respecten os salarios durante a aplicación do ERE temporal
Un grupo de traballadores/as da factoría de Treves pecháronse esta mañá na delegación da Xunta en Pontevedra para reclamar da administración información sobre as negociacións do novo expediente de regulación temporal que a multinacional francesa vai comezar a aplicar até finais de ano. O persoal, que iniciou hoxe dúas xornadas de folga na fábrica do Campiño para amosar o seu rexeitamento a esta nova regulación, demanda á empresa que garanta a continuidade do emprego máis alá de 2010 así como o respecto ao cobro dos salarios e as pagas extraordinarias durante o período de aplicación do ERE.
24/3/2010 Denuncian a desaparición de máis de 4.500 postos de traballo no último ano e medio
Ás dez e media da mañá comezaba na Avenida Alcalde Portanet unha concentración convocada pola coordenadora do automóbil da CIG, na que delegados e delegadas das principais empresas do sector, tanto de PSA como das auxiliares, mobilizábanse para denunciar a destrución de emprego que se está a dar neste sector, e a falta de implicación tanto das Administracións como do Clúster da Automoción para buscar saída a esta situación, "máis alá de plans e axudas propagandísticos que non chegan a beneficiar ao persoal, que continuamos con ERE's e despidos".
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com