Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
CIG
1/10/2014 O seguinte paso será reclamar que os Orzamentos estatais de 2015 inclúan unha partida para liquidar as débedas cos traballadores/as
Máis dun cento de afectados/as polos atrasos nos pagos do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) concentráronse onte diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, onde fixeron entrega de escritos individuais reclamando a axilización do proceso. Os traballadores/as esixen información sobre o cambio de normativa e anuncian que o vindeiro día 7 realizarán unha nova mobilización na delegación do Ministerio de Facenda para solicitar que os Orzamentos estatais inclúan a partida de cartos necesaria para liquidar as débedas do Fogasa.
29/9/2014 Demanda da Xunta un Plan de Financiamento que permita salvar as universidades públicas en vez de salvar “concesionarias de autoestradas”
Representantes da CIG de PDI e PAS da Universidade de Santiago compareceron esta mañá en rolda de prensa para alertar das graves consecuencias que terán para a universidade e para Galiza os recortes contemplados no Plan de Equilibrio Orzamentario que vén de presentar o equipo de goberno desta institución. Un plan que definiron como “malo”, porque carga uns recortes que cualificaron como “durísimos” no persoal, sen avaliar os efectos que terá na docencia, na investigación e nos servizos, provocando a súa “descapitalización” e uns efectos “devastadores” para a prestación do servizo público universitario.
26/9/2014 A central denuncia que o Ministerio de Emprego reclámalle a traballadores/as que aínda non cobraron a devolución de supostos ingresos indebidos
A CIG convoca unha concentración diante da Subdelegación do Goberno español en Pontevedra este martes día 30 ás 12.00 horas para reclamar a axilización dos pagos por parte do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) aos traballadores/as despedidos de empresas en concurso de acredores ou en suspensión de pagos. O sindicato denuncia que o Ministerio de Emprego reclámalle a algúns afectados/as a devolución de supostos cobros indebidos do desemprego a pesar de non ter recibido pago algún.
11/9/2014 Podería acudir ao Xulgado ao considerar que a empresa ourensá incorre en fraude de lei
O secretario da Unión Comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, compareceu recentemente en rolda de prensa para denunciar que a empresa téxtil Adolfo Domínguez, con sede no polígono de San Cibrao das Viñas, está a aplicar un ERE encuberto ao despedir 100 traballadores/as fixos en dous anos. Dende a central nacionalista anuncian que convocarán o cadro de persoal a unha asemblea para analizar a posibilidade de acudir ao Xulgado ao considerar que a empresa ourensá incorre en fraude de lei.
28/8/2014 Fronte o desemprego da mocidade, o Goberno español recorre á fracasada política de bonificacións ás empresas e reforza o papel das ETTs e Axencias de Colocación
O macrodecreto de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia que o Partido Popular vén de aprobar como Proxecto de Lei na Comisión de Economía, compendia a estratexia neoliberal do Goberno español para, baixo a escusa de fomentar a competitividade e o emprego,  afondar na explotación laboral –nomeadamente da mocidade-, as privatizacións de entes e empresas públicas, e a desregulación sectorial.
22/8/2014 Con motivo da visita de Angela Merkel e Mariano Rajoy a Santiago de Compostela
A CIG anima a participar na concentración cidadá convocada para o vindeiro luns, 25 de agosto, ás 11:00 horas na Praza da Quintana, con motivo da visita a Galiza da chanceler alemá, Angela Merkel, e o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, representantes e executores das políticas austericidas e de recorte de dereitos que nos empobrecen como clase e como pobo. 
23/7/2014 A central sindical está entre as entidades ‘pionerias’ que smudan cara este dominio galego
O Museo do Pobo Galego acolleu este martes o acto de presentación das primeiras 93 entidades, entre as que está a CIG, que migrarán en Galiza ao dominio ‘.gal’. Deste xeito, a partir do vindeiro venres 25 de xullo, Día da Patria galega, a central sindical comezará a mudar todos os seus enderezos cara este novo que nos identifica como país.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com